Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 26 de abril de 2023 Páx. 25670

III. Outras disposicións

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

EXTRACTO da Orde do 13 de abril de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a clubs deportivos galegos que na tempada 2022/2023 ou 2023 conten con licenzas de deportistas con discapacidade, para a adquisición de equipamentos deportivos para deporte adaptado, incluído no Plan de promoción da igualdade no deporte no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NexGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento DE401B).

BDNS (Identif.): 688863.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (https://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Entidades beneficiarias

Poderán ser entidades beneficiarias das axudas concedidas ao abeiro desta orde os clubs deportivos galegos que na tempada 2022/2023 ou 2023 conten con licenzas de deportistas con discapacidade.

Segundo. Obxecto

Esta orde ten por obxecto aprobar as bases reguladoras polas cales se rexerá a convocatoria de subvencións da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, en réxime de concorrencia competitiva, para a adquisición de equipamentos deportivos para deporte adaptado.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 13 de abril de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a clubs deportivos galegos que na tempada 2022/2023 ou 2023 conten con licenzas de deportistas con discapacidade, para a adquisición de equipamentos deportivos para deporte adaptado, incluído no Plan de promoción da igualdade no deporte no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NexGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento DE401B).

Cuarto. Importe

Para o exercicio económico de 2023, o crédito orzamentario para financiar estas axudas é de 226.754,00 €, con cargo á aplicación orzamentaria 06.02.441A.781.0, Convocatoria para equipamento deportivo ás entidades deportivas, código de proxecto 2023 00027, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023, incluído no Plan de promoción da igualdade no deporte no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NexGenerationEU.

Quinto. Prazo para presentar as solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de abril de 2023

Diego Calvo Pouso
Vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes