Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 27 de abril de 2023 Páx. 26568

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A. (SPI Galicia, S.A.)

ANUNCIO polo que se dá publicidade da convocatoria para contratar persoal laboral indefinido co fin de cubrir dúas prazas de arquitecto/a e unha praza de arquitecto/a técnico/a.

O Consello de Administración de SPI Galicia, de conformidade co establecido no Decreto 209/2022, do 17 de novembro, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal laboral de entidades instrumentais do sector público autonómico da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022 co obxecto da posta en marcha e do funcionamento de novos servizos públicos, e en virtude das atribucións que en materia de selección e contratación de persoal lle son conferidas polos estatutos da entidade, acordou na súa reunión do 29 de marzo de 2023:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para a cobertura de dúas prazas de arquitecto/a e unha praza de arquitecto/a técnico/a.

Segundo. Aprobar as bases polas que se rexerá o proceso de selección, que están publicadas na páxina web: https://www.spigalicia.es/

O prazo de presentación das solicitudes será de vinte (20) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de abril de 2023

Francisco Menéndez Iglesias
Presidente da Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A.
(SPI Galicia, S.A.)