Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 27 de abril de 2023 Páx. 26565

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 12 de abril de 2023 que resolve a publicación do emprazamento a todas as persoas que solicitaron concorrer ás probas selectivas convocadas pola Resolución do 5 de decembro de 2022 para cubrir, polo sistema de acceso libre, as prazas de PAS funcionario e PAS laboral do marco de estabilización extraordinaria de emprego temporal (Diario Oficial de Galicia do 16 de decembro de 2022).

Mediante a Resolución reitoral do 12 de abril de 2023 remitirase ao Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago de Compostela o expediente administrativo relativo ao procedemento abreviado nº 40/2023, interposto por María dos Anxos Cabado Loures, contra a Resolución da Universidade de Santiago de Compostela do 5 de decembro de 2022 pola que se convocan probas selectivas para cubrir, polo sistema de acceso libre, as prazas de PAS funcionario e PAS laboral do marco de estabilización extraordinaria de emprego temporal (DOG do 16 de decembro de 2022), e emprázanse as persoas que aparezan como interesadas nel e que poidan resultar afectadas pola sentenza xudicial que se dite no seu día.

En aplicación do artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, emprázanse todos os interesados para que poidan comparecer no procedemento de referencia no prazo de nove días contados desde esta publicación, co fin de que acudan, se o consideran conveniente para os seus dereitos, mediante avogado e procurador ou valéndose tan só de avogado con poder para estes efectos, co obxecto de poderen formular no dito recurso cantas alegacións coiden oportunas, coa prevención de que, se non compareceren dentro do aludido prazo, recaerán sobre eles os prexuízos correspondentes en dereito.

Santiago de Compostela, 12 de abril de 2023

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela