Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 27 de abril de 2023 Páx. 26449

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

RESOLUCIÓN do 17 de abril de 2023, da Dirección Xeral de Administración Local, sobre clasificación do posto de traballo de tesoureiro/a do Concello de Chantada como posto reservado a persoal funcionario da Administración local con habilitación de carácter nacional.

Á vista da solicitude formulada polo Concello de Chantada, relativa á clasificación do posto de traballo de tesoureiro/a como reservado a persoal funcionario de Administración local con habilitación de carácter nacional (en diante, PFHN), emítese resolución con base nos seguintes

Antecedentes de feito:

Primeiro e único. O 11 de abril de 2023 ten entrada no Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia (nº 2023/1102261) a solicitude formulada polo Concello de Chantada, relativa á creación e clasificación do posto de traballo de tesoureiro/a reservado a PFHN, e con esta petición xuntou a seguinte documentación:

– Memoria económica e xurídica xustificativa para a creación e clasificación do posto de tesoureiro/a do Concello de Chantada como reservado a PFHN.

– Informe de Intervención, relativo aos recursos do orzamento do Concello de Chantada para o exercicio económico 2023 polo importe de 7.438.788 €.

– Certificado da Secretaría municipal, relativo ao Acordo plenario do 23 de marzo de 2023 no cal resolven as alegacións contra a aprobación inicial da relación de postos de traballo do Concello de Chantada presentadas durante o período de exposición pública, tras anuncio inserido no Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 25, do 31 de xaneiro de 2023, e aproban definitivamente a citada relación de postos de traballo; aprobación definitiva que se publicou no Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 73, do 29 de marzo de 2023.

– Certificado da Secretaría municipal, relativo á cifra do último Padrón municipal referida ao 1 de xaneiro de 2022, comunicada polo Instituto Nacional de Estatística, que ascende a un total de 8.083 habitantes.

Coa citada documentación pódese considerar completado o expediente para os efectos de continuar coa súa tramitación.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. A creación e clasificación do posto de tesoureiro/a no Concello de Chantada como reservado a PFHN veñen impostas polo preceptuado no artigo 14 do Real decreto 128/2018, do 16 de marzo, polo que se regula o réxime xurídico dos funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional (en diante, Real decreto 128/2018), ao sinalar que nas corporacións locais cuxa Secretaría estea clasificada en clase primeira ou segunda existirá un posto de tesoureiro/a reservado a PFHN da subescala de Intervención-Tesouraría. A Secretaría do Concello de Chantada está clasificada como de clase segunda, polo que resulta imperativa a creación e clasificación do dito posto de traballo reservado, ao cal lle corresponde a responsabilidade administrativa das funcións de tesouraría e recadación numeradas no artigo 5 do Real decreto 128/2018, e ten que ser desempeñado por persoal da subescala de Intervención-Tesouraría, calquera que sexa a súa categoría.

Segundo. O Real decreto 128/2018 atribúelles ás comunidades autónomas, no seu respectivo ámbito territorial, a competencia para clasificar os postos reservados ao PFHN, e o artigo 10 do Decreto 49/2009, do 26 de febreiro, sobre exercicio de competencias da Comunidade Autónoma de Galicia respecto dos/das funcionarios/as con habilitación de carácter estatal, regula as normas xerais para clasificación de postos de traballo reservados a PFHN.

A Dirección Xeral de Administración Local é competente para a adopción deste acordo, segundo o establecido no artigo 29.3.g) do Decreto 117/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, e no artigo 1.6 da Orde do 14 de xullo de 2022 sobre delegación de competencias na Secretaría Xeral Técnica e noutros órganos da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes.

En virtude do anteriormente exposto, e tendo en conta o informe emitido polo subdirector xeral de Réxime Xurídico Local,

Resolvo:

Primeiro. Clasificar o seguinte posto de traballo como reservado a persoal funcionario de Administración local con habilitación de carácter nacional no Concello de Chantada, coas seguintes características:

Entidade local: Concello de Chantada.

Posto: tesoureiro/a.

Subescala: Intervención-Tesouraría.

Categoría: sen distinción de categoría.

Forma de provisión: concurso de méritos.

Nivel de complemento de destino: 26.

Segundo. Publicar esta resolución no Diario Oficial de Galicia e remitir a publicación á Dirección Xeral da Función Pública do Ministerio de Facenda e Función Pública.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, de conformidade co establecido nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, e con carácter previo, os interesados poderán interpoñer recurso administrativo de reposición, ante este órgano directivo, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa publicación, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015. Así mesmo, a entidade local poderá presentar previamente requirimento no prazo de dous meses conforme o disposto no artigo 44 da dita Lei 29/1998.

Santiago de Compostela, 17 de abril de 2023

Natalia Prieto Viso
Directora xeral de Administración Local