Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 28 de abril de 2023 Páx. 26804

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 17 de abril de 2023, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, convocado pola Resolución do 31 de maio de 2021 (Diario Oficial de Galicia número 115, do 18 de xuño), pola que se dá publicidade de diversos acordos.

En sesión do 17 de abril de 2023, o tribunal nomeado pola Resolución do 16 de maio de 2022 (DOG núm. 97, do 20 de maio) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, polas quendas de acceso libre e promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, convocado pola Resolución do 31 de maio de 2021 (DOG núm. 115, do 18 de xuño),

ACORDOU:

Primeiro. Declarar exentas de realizar o quinto exercicio da fase de oposición do proceso selectivo a todas as persoas aspirantes que superaron os exercicios anteriores, por teren acreditado o nivel de coñecemento de lingua galega requirido neste proceso selectivo ante a Dirección Xeral da Función Pública, ao abeiro do previsto na base II.1.2.3.

Segundo. Declarar rematada a fase de oposición do proceso selectivo.

Terceiro. De conformidade co disposto na base IV.13 da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 17 de abril de 2023

Juan José Rodríguez Díaz
Presidente do tribunal