Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Mércores, 3 de maio de 2023 Páx. 27333

IV. Oposicións e concursos

Axencia de Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 25 de abril de 2023 pola que se aproban e se fan públicas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas aos procesos selectivos correspondentes ás prazas de estabilización de emprego temporal, convocadas polo sistema de concurso-oposición.

A Resolución do 28 de decembro de 2022 (DOG núm. 248, do 30 de decembro) aproba as bases e convoca os procesos selectivos correspondentes ás prazas de estabilización de emprego temporal da Axencia de Turismo de Galicia.

De conformidade co establecido no punto I.4 das bases que rexen os procesos selectivos convocados pola Resolución do 28 de decembro de 2022 (DOG núm. 248, do 30 de decembro), cómpre que a persoa titular da Axencia de Turismo de Galicia aprobe as listaxes provisionais de persoas aspirantes admitidas e excluídas, así como a listaxe de persoas aspirantes que, de ser o caso, deban realizar a proba de coñecemento da lingua galega requirida.

En consecuencia,

RESOLVO:

Aprobar as listaxes provisionais de persoas aspirantes admitidas e excluídas, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, ao proceso selectivo para o ingreso nos grupos e categorías seguintes:

– Profesor/a de hixiene, dietética e nutrición (grupo I).

– Profesor/a do departamento de servizos (grupo II).

As persoas aspirantes excluídas, así como aquelas persoas que non figuren en ningunha das listaxes, disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para reclamar ou emendar, se é o caso, o defecto que motivou a exclusión ou, de ser o caso, presentar a xustificación de estar en posesión do Celga requirido.

As persoas aspirantes que dentro do prazo sinalado non emenden os defectos que motivaron a súa exclusión serán definitivamente excluídas. A estimación ou desestimación das alegacións presentadas entenderanse implícitas nunha nova resolución da directora da Axencia de Turismo de Galicia, que será publicada no DOG, pola que se aprobarán as listaxes definitivas de persoas aspirantes admitidas e excluídas.

Consonte o disposto no punto I.4.2 das bases da convocatoria, o feito de figuraren na relación de persoas admitidas non prexulgará que se lles recoñeza ás persoas aspirantes a posesión dos requisitos exixidos para participar no proceso selectivo. Cando da documentación que deben presentar tras superaren o proceso selectivo se desprenda que non posúen algún dos requisitos, as persoas aspirantes decaerán en todos os dereitos que puidesen derivar da súa participación.

A listaxe provisional de persoas aspirantes admitidas, segundo grupo e categoría, é a seguinte:

Admitidos/as-Profesor/a de hixiene, dietética e nutrición (grupo I)

NIF

Apelido 1

Apelido 2

Nome

1

***9945**

Beiro

Sanromán

Patricia María

2

***9086**

Midón

De la Fuente

Lía

Admitidos/as-Profesor/a do departamento de servizos (grupo II)

NIF

Apelido 1

Apelido 2

Nome

1

***0713**

Tasende

Cotelo

Patricia

2

***6596**

Lis

Prieto

Rocío

3

***1570**

Gómez

Leiras

Ana Isabel

4

***8254**

De Toro

Santos

Óscar Santiago

A listaxe provisional de persoas aspirantes excluídas, segundo grupo e categoría, é a seguinte:

Excluídos/as-Profesor/a de hixiene, dietética e nutrición (grupo I)

NIF

Apelido 1

Apelido 2

Nome

Causa

1

***4695**

Marcos

Cardo

Elena

1, 2, 6

2

***9135**

De la Fuente

Cid

Ricardo

1, 2, 4, 6

Causas

Concepto

Observacións

1

Titulación exixida

Punto I.2.3

2

Coñecemento da lingua galega

Punto I.2.4

3

Persoal laboral fixo

Punto I.2.8

4

Aboamento ou motivo de exención do pagamento da taxa

Punto I.3.1

5

Solicitude fóra de prazo

Punto I.3.2

6

Non se acredita a praza a que se presenta

Bases da convocatoria

Santiago de Compostela, 25 de abril de 2023

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia de Turismo de Galicia