Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Mércores, 3 de maio de 2023 Páx. 27340

IV. Oposicións e concursos

Consello Económico e Social de Galicia

RESOLUCIÓN do 14 de abril de 2023 pola que se fai pública a relación provisional de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, para o ingreso no grupo 4 administrativo (técnico auxiliar en informática).

De conformidade co establecido na base I.4.1 da convocatoria que regula o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso no grupo 4 do Consello Económico e Social de Galicia (DOG núm. 246, do 28 de decembro de 2022), esta presidencia

RESOLVE:

Aprobar a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para o ingreso na praza de persoal laboral do Consello Económico e Social de Galicia, grupo 4, administrativo, técnico auxiliar en informática.

A listaxe de persoas aspirantes admitidas figura como anexo a esta resolución e poderase consultar no portal web corporativo www.ces-galicia.org

A listaxe de persoas aspirantes excluídas, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura como anexo a esta resolución e poderase consultar no portal web corporativo www.ces-galicia.org

As persoas aspirantes excluídas, así como aquelas persoas que non figuren en ningunha das listaxes, disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para reclamar ou emendar o defecto que motivou a exclusión.

As persoas aspirantes que dentro do prazo sinalado non emenden os defectos que motivaron a súa exclusión serán definitivamente excluídas.

Santiago de Compostela, 14 de abril de 2023

Agustín Hernández Fernández de Rojas
Presidente do Consello Económico e Social de Galicia

ANEXO

Relación de persoas aspirantes excluídas: ningunha.

Relación de persoas aspirantes admitidas:

Apelidos e nome

NIF

Castro Ures, Esther

***3075**