Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Xoves, 4 de maio de 2023 Páx. 27472

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

EXTRACTO da Orde do 21 de abril de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras do VI Premio CGAC de investigación e ensaio sobre arte contemporánea e se convoca para o ano 2023 (código de procedemento CT143A).

BDNS (Identif.): 691619.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans).

Primeiro. Beneficiarias

Pode participar no Premio CGAC de investigación e ensaio sobre arte contemporánea, calquera persoa física, maior de idade, que presente un texto inédito en galego, relacionado con labores de investigación e produción de pensamento en arte contemporánea.

Segundo. Obxecto e finalidade

Tendo en conta a escaseza actual de canles especializadas en Galicia para publicar textos sobre arte contemporánea, o Premio CGAC de investigación e ensaio sobre arte contemporánea, ten por obxecto contribuír á investigación e produción de pensamento en arte contemporánea a través da presentación de traballos que sexan inéditos e redactados en lingua galega.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 21 de abril de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras do VI Premio CGAC de investigación e ensaio sobre arte contemporánea e se convoca para o ano 2023 (http://cgac.xunta.gal/).

Cuarto. Contía

Outorgarase un só premio por un importe de tres mil euros (3.000,00 €).

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes finaliza o 29 de setembro de 2023.

Santiago de Compostela, 21 de abril de 2023

O conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
P.D. (Orde do 29.7.2022)
Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación,
Formación Profesional e Universidades