As resolucións da Dirección Xeral de Formación Profesional, do 4 de abril de 2023, polas que se ditan instrucións para o acceso e a admisión do alumnado ás ensinanzas artísticas superiores de Arte Dramática, de Conservación e Restauración de Bens Culturais, de Deseño e de Música para o curso 2023/24 (DOG do 20 de abril), e a resolución da Dirección Xeral de Formación Profesional, do 4 de abril de 2023, pola que se convocan probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2023/24 (DOG do 20 de abril), establecen que o tribunal que elaborará, supervisará e avaliará a proba que substitúe o requisito de titulación de bacharelato será designado pola persoa titular da Dirección Xeral de Formación Profesional.
De conformidade co establecido nas citadas resolucións do 4 de abril de 2023,
RESOLVO:
Primeiro. Designar os membros do tribunal que elaborará, supervisará e avaliará a proba que substitúe o requisito de titulación de bacharelato para o acceso ás ensinanzas artísticas superiores e para o acceso ás ensinanzas deportivas de grao superior para o curso 2023/24, e facer pública a súa composición, que é a que figura no anexo desta resolución.
Segundo. Os membros deste tribunal terán dereito á percepción de asistencias de acordo co establecido no capítulo IV do Decreto 144/2001, do 7 de xuño (DOG do 25 de xuño).
Terceiro. Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 24 de abril de 2023
María Eugenia Pérez Fernández
Directora xeral de Formación Profesional
ANEXO
|
Tribunal titular |
Tribunal suplente |
||
|
Presidenta |
Verónica Martínez Delgado |
Presidenta |
Rosalía Polo Cal |
|
Secretario |
Fernando Fernández Fraga |
Secretario |
Rubén Vázquez Rodríguez |
|
Vogal 1º |
David Cobas Medín |
Vogal 1ª |
María Victoria Cerviño Ferrín |
|
Vogal 2ª |
Silvia Duro Couso |
Vogal 2º |
Xián Otero Camaño |
|
Vogal 3º |
Manuel Mira Martínez |
Vogal 3ª |
Nuria Campo Campo |
|
Vogal 4ª |
Marina Carlota Mascareñas García |
Vogal 4ª |
Ana María López Díaz |
|
Vogal 5º |
Francisco Javier Poch Gutiérrez |
Vogal 5º |
Antonio Pedro Doñate Mañeru |
|
Vogal 6ª |
Raquel Rodríguez Blanco |
Vogal 6º |
Juan José Lago Leis |


