Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 5 de maio de 2023 Páx. 27737

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

EXTRACTO da Orde do 27 de abril de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a adquisición de bicicletas con pedaleo asistido e bicicletas de man híbridas ou eléctricas para cadeiras de rodas, en réxime de concorrencia non competitiva, así como para a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se convocan para as anualidades 2023 e 2024 (códigos de procedemento IF319A e IF319B).

BDNS (Identif.): 691628.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Persoas beneficiarias das subvencións

1. Poderán ser beneficiarias das subvencións as persoas físicas maiores de idade que realicen a actuación subvencionable establecida no artigo 3 desta orde e estean empadroadas nun municipio da Comunidade Autónoma de Galicia, e que non obtivesen axuda para a mesma clase de obxecto subvencionado con cargo á Orde da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade do 12 de xullo de 2022.

Adicionalmente, no caso de axudas para a adquisición de bicicletas de man, a persoa solicitante deberá xustificar un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %.

2. Non poderán ter a condición de beneficiarias as persoas en que concorra algunha das circunstancias previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. Os requisitos para obter a condición de persoa beneficiaria deberanse cumprir na data de presentación das solicitudes.

Segundo. Obxecto

Esta orde ten por obxecto:

1. Establecer as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a adquisición de bicicletas con pedaleo asistido e bicicletas de man híbridas ou eléctricas para cadeiras de rodas, en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IF319B), así como para a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión (código de procedemento IF319A), e convocalas para as anualidades 2023 e 2024.

2. Aprobar os formularios normalizados para a xestión da convocatoria do ano 2023 que figuran como anexos a esta orde:

– Anexo I. Solicitude de adhesión pola entidade colaboradora.

– Anexo II. Solicitude de axuda.

– Anexo III. Autorización para a representación.

– Anexo IV. Solicitude de pagamento.

3. Publicar o convenio de colaboración para a xestión das axudas para a adquisición de bicicletas con pedaleo asistido e bicicletas de man híbridas ou eléctricas para cadeiras de rodas, ao cal deben adherirse as entidades colaboradoras (anexo V).

Terceiro. Bases reguladoras

Publícanse conxuntamente coa convocatoria.

Cuarto. Financiamento

1. As subvencións que se concedan financiaranse con cargo aos orzamentos da Dirección Xeral de Mobilidade para os exercicios 2023 e 2024, e imputaranse á aplicación orzamentaria 09.02.512A.780.0 consonte o seguinte réxime de anualidades:

– 2023: 1.000.000,00 €.

– 2024: 700.000,00 €.

Por tanto, o importe total asignado ascende a un millón setecentos mil euros (1.700.000,00 €).

2. O importe dos fondos previstos en calquera das dúas anualidades poderá ampliarse como consecuencia da existencia dunha maior dispoñibilidade orzamentaria derivada dalgunha das circunstancias previstas no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e, se é o caso, logo de aprobación da modificación orzamentaria que proceda. Isto podería dar lugar á concesión de máis subvencións de acordo coa orde de prelación das solicitudes que resulte da aplicación dos criterios fixados nas bases que rexen a convocatoria.

De producirse a ampliación de crédito, publicarase no DOG e na páxina web da Dirección Xeral de Mobilidade (https://ebici.xunta.gal), sen que tal publicidade implique a apertura de prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio de novo cómputo para resolver.

3. Na anualidade de 2023 atenderanse as solicitudes formuladas nela ata o esgotamento do crédito, consonte co indicado nos números anteriores; pola súa parte, na anualidade 2024 atenderanse, en primeiro lugar, as solicitudes formuladas no exercicio 2023 que quedasen en lista de espera do ano anterior e, a continuación, as solicitudes que se presenten no propio exercicio.

Quinto. Contía máxima das axudas

O importe máximo da axuda por bicicleta de pedais nova con pedaleo asistido que cumpra os requisitos técnicos e de equipamento establecidos no artigo 3 desta orde será de 500,00 euros por bicicleta e persoa beneficiaria; non obstante, no caso de persoas beneficiarias integrantes dunha familia numerosa, o dito importe será de 600,00 euros, e de 700,00 euros no caso de que a familia numerosa sexa de categoría especial. No caso das bicicletas de man híbridas ou eléctricas, o importe máximo da axuda será, en todo caso, de 700,00 euros. De calquera maneira, cada persoa beneficiaria só poderá recibir unha axuda pola adquisición dunha única bicicleta con pedaleo asistido ou bicicleta de man.

A cantidade da subvención non poderá ser superior ao 50 % do prezo da bicicleta con pedaleo asistido para unha persoa beneficiaria xeral, do 60 % para persoas beneficiarias integrantes dunha familia numerosa e do 70 % para persoas beneficiarias integrantes dunha familia numerosa con categoría especial ou adquirentes dunha bicicleta de man.

Para os efectos desta convocatoria, considéranse persoas beneficiarias integrantes de familia numerosa aquelas que cumpran os requisitos establecidos na Lei 40/2003, do 18 de novembro, de protección ás familias numerosas, no momento de presentar a súa solicitude.

Sexto. Forma e lugar de presentación de solicitudes

1. A tramitación do procedemento da solicitude de axuda (código de procedemento IF319B) realizarase a través dalgunha das entidades colaboradoras adheridas que figuren na listaxe que se publique na páxina web da Dirección Xeral de Mobilidade, https://ebici.xunta.gal

2. As entidades colaboradoras presentarán as solicitudes de axuda por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo II), accedendo desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (http://sede.xunta.gal) ou, directamente, na URL https://ebici.xunta.gal

Sétimo. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes da axuda comezará o 1 de xuño de 2023, ás 10.00 horas, e finalizará o 15 de novembro de 2024 ou cando se esgoten os fondos.

Santiago de Compostela, 27 de abril de 2023

Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade