Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 8 de maio de 2023 Páx. 28572

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 24 de abril de 2023, do Servizo Provincial de Lugo, pola que se sinala a data para o levantamento de actas previas á ocupación e formalización de actas de ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de trazado da mellora de accesibilidade e conectividade das paradas de autobús situadas na Rede autonómica de estradas de Galicia nas rutas de acceso polo norte á cidade de Lugo de clave LU/22/055.06, nos concellos de Lugo, Cospeito, Riotorto e O Vicedo.

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia establece no seu punto 2º a competencia da Comunidade Autónoma galega no desenvolvemento lexislativo e na execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

A aprobación definitiva do proxecto de trazado da mellora de accesibilidade e conectividade das paradas de autobús situadas na Rede autonómica de estradas de Galicia nas rutas de acceso polo norte á cidade de Lugo de clave LU/22/055.06, produciuse con data do 9 de marzo de 2023 polo Acordo do Consello da Xunta de Galicia e foi publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 59, do 24 de marzo. Atendendo ao disposto no artigo 22 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, esta aprobación definitiva implica a declaración de utilidade pública, así como a urxencia da ocupación para efectos de expropiación, ocupación temporal ou imposición ou modificación de servidumes, dos terreos necesarios para executar esta obra.

A tramitación do expediente expropiatorio debe axustarse ao disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, e 56 e seguintes do seu Regulamento do 26 de abril de 1957.

En consecuencia, este servizo, en virtude da competencia delegada mediante Orde do 7 de setembro de 2017, sobre delegación de competencias no secretario xeral técnico e noutros órganos e entidades públicas adscritos a esta consellería, publicada no DOG nº 179, do 20 de setembro, resolveu convocar os titulares de bens e dereitos afectados que figuran na relación exposta no taboleiro de anuncios dos concellos de Lugo, Cospeito, Riotorto e O Vicedo, para que comparezan no lugar, data e horas que se detallan a seguir, co fin de proceder ao levantamento das actas previas á ocupación, nas cales se recollerán os datos necesarios para determinar os dereitos afectados, o valor destes e os prexuízos determinantes da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladaren ao lugar dos predios se o consideran necesario.

Concello do Vicedo.

Lugar: salón de plenos do Concello (rúa Travesía da Mariña, nº 57, 27860 O Vicedo, Lugo).

Data: 31 de maio de 2023, das 9.20 ás 9.40 horas.

Concello de Riotorto.

Lugar: salón de plenos do Concello (praza das Rodrigas, nº 1, 27744 Riotorto, Lugo).

Data: 31 de maio de 2023, das 11.40 ás 12.00 horas.

Concello de Cospeito.

Lugar: salón de plenos do Concello (avenida da Terra Chá, nº 29, 27377 Cospeito, Lugo).

Data: 31 de maio de 2023, das 12.50 ás 13.10 horas.

Concello de Lugo.

Lugar: salón de actos do Centro Uxío Novoneyra (rúa Quiroga Ballesteros, s/n, 27001 Lugo).

Data: 1 de xuño de 2023, das 10.30 ás 13.00 horas.

A relación de titulares cos bens e dereitos afectados, así como os planos parcelarios correspondentes estarán expostos nos concellos de Lugo, Cospeito, Riotorto e O Vicedo, e no Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas de Lugo (Edificio Administrativo, rolda da muralla, nº 70, 27071 Lugo), e publicaranse no seguinte enlace da páxina web da Consellería:

https://infraestruturasemobilidade.xunta.gal/avisos?content=/Portal-Conselleria6/Avisos/resolucions/aviso_0321.html

Así mesmo, realizarase a convocatoria aos interesados ao levantamento das actas previas mediante notificación individual.

Ao dito acto deberán acudir os titulares afectados persoalmente ou ben representados pola persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, xuntando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade (e, de ser o caso, outra documentación que se requira, xustificante do pagamento do IBI...), así como certificado de conta con códigos IBAN e BIC, co fin de realizar os sucesivos pagamentos que sexan procedentes mediante transferencia bancaria, e poderán facerse acompañar pola súa conta, se o consideran oportuno, dos seus peritos e notarios.

Así mesmo, en cumprimento do disposto no artigo 49 do Regulamento de expropiación forzosa do 26 de abril de 1957, este servizo, unha vez levantadas as actas previas á ocupación, e habilitado o crédito oportuno, realizará o pagamento, mediante transferencia bancaria, do importe dos depósitos previos e indemnizacións por rápida ocupación. No suposto de non ter presentado o certificado de titularidade da conta bancaria, con códigos IBAN e BIC, e a copia do DNI, consignarase o importe na Caixa Xeral de Depósitos, conforme o disposto no artigo 51 do Regulamento de expropiación forzosa do 26 de abril de 1957.

En cumprimento do artigo 55 do Regulamento de expropiación forzosa do 26 de abril de 1957, neste mesmo acto, convócase ao acto de formalización das actas de ocupación o cal terá lugar, logo de producirse o aboamento dos depósitos previos e indemnizacións por rápida ocupación, no lugar e na data que se indican:

Concello de Lugo.

Lugar: salón de actos do Centro Uxío Novoneyra (rúa Quiroga Ballesteros, s/n, 27001 Lugo).

Data: 11 de xullo de 2023, das 10.00 ás 13.30 horas.

Concello de Cospeito.

Lugar: salón de plenos do Concello (avenida da Terra Chá, nº 29, 27377 Cospeito, Lugo).

Data: 12 de xullo de 2023, das 9.00 ás 9.15 horas.

Concello de Riotorto.

Lugar: salón de plenos do Concello (praza das Rodrigas, nº 1, 27744 Riotorto, Lugo).

Data: 12 de xullo de 2023, das 10.30 ás 10.45 horas.

Concello do Vicedo.

Lugar: salón de plenos do Concello (rúa Travesía da Mariña, nº 57, 27860 O Vicedo, Lugo).

Data: 12 de xullo de 2023, das 12.30 ás 12.45 horas.

No mesmo acto ofertaránselles aos propietarios as valoracións establecidas pola Administración para cada un dos predios en concepto de mutuo acordo.

O presente acordo faise público, para xeral coñecemento, advertíndolles aos titulares de que na acta figurarán os donos da cousa ou titulares do dereito expropiado, e non se admitirá representación senón por medio de poder debidamente autorizado (notarial, xudicial ou do consulado), xa sexa xeral ou particular para este caso, e deberán achegar a documentación necesaria para acreditar a sucesión en caso de figurar o terreo a nome de herdeiros; e que se deberá identificar co documento nacional de identidade.

Co fin de que os actos derivados dos procedementos expropiatorios se realicen de acordo coas medidas preventivas do risco de contaxio ante a situación provocada polo coronavirus COVID-19, serán aplicables as medidas de prevención vixentes nas datas de realización dos actos convocados no presente anuncio.

Lugo, 24 de abril de 2023

Gerardo Pallares Sánchez
Xefe do Servizo Provincial de Lugo