Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 8 de maio de 2023 Páx. 28071

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2023, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, pola que se fai pública a inclusión de tres árbores e unha formación no Catálogo galego de árbores senlleiras.

En cumprimento do disposto no artigo 4.8 do Decreto 67/2007, do 22 de marzo, polo que se regula o Catálogo galego de árbores senlleiras, modificado polo Decreto 10/2015, do 22 de xaneiro,

RESOLVO:

Primeiro. Facer pública a inclusión da seguinte árbore no Catálogo galego de árbores senlleiras, mediante a Resolución do 9 de marzo de 2023, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural:

Data da solicitude: 27.10.2022.

Código: 165A.

Nome da árbore: secuoia vermella de Xirimbao I.

Especie: Sequoia sempervirens (Lamb.) Endl.

Localidade: Reis.

Concello: Teo.

Provincia: A Coruña.

Coordenadas X/Y (UTM ETRS89 fuso 29): 536.301/4.732.757.

Motivo da catalogación: porte, dendrometría, idade.

Segundo. Facer pública a inclusión da seguinte árbore no Catálogo galego de árbores senlleiras, mediante a Resolución do 9 de marzo de 2023, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural:

Data da solicitude: 27.10.2022.

Código: 166A.

Nome da árbore: secuoia vermella de Xirimbao II.

Especie: Sequoia sempervirens (Lamb.) Endl.

Localidade: Reis.

Concello: Teo.

Provincia: A Coruña.

Coordenadas X/Y (UTM ETRS89 fuso 29): 536.320/4.732.762.

Motivo da catalogación: porte, dendrometría, idade.

Terceiro. Facer pública a inclusión da seguinte árbore no Catálogo galego de árbores senlleiras, mediante a Resolución do 15 de marzo de 2023, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural:

Data da solicitude: 26.9.2022.

Código: 167A.

Nome da árbore: sobreira de Outeda.

Especie: Quercus suber L.

Localidade: Curro.

Concello: Barro.

Provincia: Pontevedra.

Coordenadas X/Y (UTM ETRS89 fuso 29): 526.896/4.706.685.

Motivo da catalogación: porte, dendrometría, idade, estético e paisaxístico.

Cuarto. Facer pública a inclusión da seguinte formación no Catálogo galego de árbores senlleiras, mediante a Resolución do 13 de abril de 2023, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural:

Data da solicitude: 3.10.2022.

Código: 42F.

Nome da formación: bosque de camelios (agregado camelias I) e Paseo das noivas e fondo do prado (agregado camelias II).

Especie: Camellia spp.

Localidade: Ortigueira.

Concello: Vedra.

Provincia: A Coruña.

Coordenadas X/Y (UTM ETRS89 fuso 29):

• Agregado camelias I:

Punto central: 546.881/4.735.556.

• Agregado camelias II:

Punto 1: 546.927/4.735.464.

Punto 2: 546.860/4.735.371.

Punto 3: 546.836/4.735.494.

Motivo da catalogación: porte, idade, interese científico, estético, ornamental ou histórico.

Santiago de Compostela, 19 de abril de 2023

Belén María do Campo Piñeiro
Directora xeral de Patrimonio Natural