Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 8 de maio de 2023 Páx. 28253

III. Outras disposicións

Axencia Galega das Industrias Culturais

RESOLUCIÓN do 26 de abril de 2023 pola que se establecen as condicións de adhesión á marca Fest Galicia para a temporada 2023 e para a realización de contratos de patrocinio con entidades privadas para festivais de música profesionais que se celebren desde o 15 de maio ata o 30 de setembro de 2023 considerados estratéxicos para o territorio xa que xeran un retorno publicitario para as marcas Fest Galicia e Xacobeo (código de procedemento CT302A).

A política cultural e turística do Goberno de Galicia demostrou que os recursos culturais poden converterse en produtos turísticos rendibles, sustentables, innovadores e xeradores de riqueza.

Os festivais profesionais privados xeran emprego e invisten no territorio, poñen en valor as industrias culturais e creativas, son factor de riqueza á vez que proxectan Galicia como destino musical achegándolle visibilidade e atraendo visitantes.

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), en cumprimento da súa lei de creación, ten como obxectivo xenérico o impulso e a consolidación do tecido empresarial no sector cultural galego, cooperando na achega de factores produtivos, no fomento da oferta de bens e servizos e na asignación de ingresos eficientes e estables.

A Agadic ten como finalidade incrementar o posicionamento da industria cultural galega e o seu fomento e promoción, para acadar maior presenza no ámbito nacional e internacional de Galicia, e contribuír á promoción do Xacobeo, como evento singular e único que será un magnífico escaparate para amosar todo o tecido cultural de Galicia.

Unha das fórmulas de promoción que mellor retorno sobre o investimento xera é o patrocinio de grandes eventos de todas as índoles: culturais, artísticos, deportivos e outros. Por esta razón os entes de promoción e os gobernos en xeral deciden apoiar economicamente este tipo de eventos, pola importante repercusión mediática que xeran, de tal xeito que, en moitos casos, o investimento económico chega a multiplicarse de forma exponencial en función da importancia do evento.

É, polo tanto, necesario apoiar aquelas actividades únicas que se desenvolvan dentro da Comunidade e que axudan a prestixiar o destino Galicia como foco de creación, exhibición e difusión cultural e, sobre todo, contribuír á promoción internacional dos nosos creadores.

Co obxectivo principal de promover a industria cultural galega naceu o programa de apoio aos festivais de música baixo a marca Fest Galicia. Este proxecto ten por obxectivo crear valor engadido nos festivais galegos a través da adopción das medidas necesarias para posicionalos como un produto cultural e turístico capaz de atraer visitantes, proxectar Galicia como destino musical, promover os festivais galegos dentro e fóra da Comunidade, poñer en valor as industrias culturais e creativas, vertebrar o territorio desde a sustentabilidade social e ambiental e visibilizar boas prácticas que sirvan como referencia para o sector. A marca acolle festivais que funcionan de xeito profesional e que se preocupan de achegar valores engadidos á experiencia musical.

A participación nesta convocatoria tanto para a adhesión á marca Fest Galicia como para a formalización de contratos privados de patrocinio con entidades privadas organizadoras dos festivais está suxeita aos principios de publicidade, transparencia, cooperación e eficiencia na utilización dos recursos públicos.

Logo de recuperada a normalidade prepandemia, prevese unha nova edición de Fest Galicia e, con esta convocatoria, preténdese apoiar os festivais xa consolidados que proxecten Galicia como destino musical dentro e fóra da Comunidade.

A convocatoria vai dirixida a empresas privadas organizadoras de festivais de música, sempre que a produción executiva corra a cargo dunha empresa produtora de festivais e que non supoña un factor de competencia desleal no sector. A Agadic realizará contratos de patrocinio privado da actividade que desenvolven que, pola súa importancia e relevancia en canto ao público que participa e a súa repercusión nos medios de comunicación, suporá unha gran relevancia e un bo retorno publicitario da nosa marca de festivais, da nosa marca turística e a difusión do Xacobeo.

A participación nesta convocatoria supón a aceptación dos termos e condicións establecidos, que se anexan a esta resolución.

A tramitación dos expedientes realizarase de acordo co establecido no anexo I (pregos de condicións xerais e técnicas do patrocinio) desta resolución.

Polo exposto, a Axencia Galega das Industrias Culturais

RESOLVE:

Primeiro. Aprobar os pregos de condicións xerais e técnicas que deben rexer a adhesión á marca Fest Galicia e a tramitación dos expedientes de contratación que deriven das solicitudes de patrocinio con entidades privadas que organicen festivais de música profesionais que se celebren desde o 15 de maio ata o 30 de setembro de 2023 considerados estratéxicos para o territorio xa que xeran un retorno publicitario para as marcas Fest Galicia e Xacobeo.

Segundo. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia desta resolución e dos anexos que a acompañan.

Terceiro. Esta resolución terá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o director da Agadic no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, de acordo co establecido no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Tamén se pode interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo, no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da publicación no DOG, de acordo co establecido no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 26 de abril de 2023

Jacobo Sutil Nesta
Director da Axencia Galega das Industrias Culturais

ANEXO I

Pregos de condicións xerais e técnicas que rexerán a adhesión á marca Fest Galicia para a temporada 2023 e a tramitación dos expedientes de contratación que deriven das solicitudes de patrocinios con entidades privadas para festivais de música profesionais que celebren desde o 15 de maio ata o 30 de setembro de 2023 considerados estratéxicos para o territorio xa que xeran un retorno publicitario para as marcas Fest Galicia e Xacobeo

1. Ámbito obxectivo, tipoloxía e necesidade que se satisfará.

O obxecto desta convocatoria é ofrecer a posibilidade de adhesión de festivais de música á marca Fest Galicia e de realizar contratos privados de patrocinio para a celebración de festivais de música consolidados que se celebren entre o 15 de maio e o 30 de setembro de 2023, que xeren un retorno publicitario para as marcas Fest Galicia e Xacobeo (código de procedemento CT302A).

O ámbito territorial esténdese a toda Galicia.

A finalidade da realización da convocatoria é difundir a imaxe de Galicia vinculada á actividade desenvolvida polas entidades privadas e que, pola súa importancia e relevancia en canto ao público que participe e á súa repercusión nos medios de comunicación, supoña unha vía para dar publicidade ás marcas Fest Galicia e Xacobeo, segundo os respectivos manuais de identidade corporativa vixentes.

Polo tanto, o elemento fundamental do contrato de patrocinio é a repercusión mediática para as marcas.

O obxectivo principal destes festivais é promover a industria cultural galega, creando valor engadido nos festivais musicais galegos a través da adopción das medidas necesarias para posicionalos como un produto cultural e turístico, capaz de atraer visitantes, proxectar Galicia como destino musical, promover os festivais galegos dentro e fóra da Comunidade, poñer en valor as industrias culturais e creativas, vertebrar o territorio desde a sustentabilidade social e ambiental e visibilizar boas prácticas que sirvan como referencia para o sector.

Para poder adherirse á marca Fest Galicia e poder optar a esta convocatoria, os festivais de música, ademais de sometérense á normativa básica en materia de espectáculos públicos e demais lexislación aplicable, deberán cumprir os seguintes requisitos:

• Que se celebren entre o 15 de maio e o 30 de setembro de 2023, ambos os dous días incluídos.

• Ter realizado tres edicións do festival.

• Que o 95 % da súa capacidade sexa cuberta por medio de entradas posta á venda ao público, en xeral, conforme prezos medios de mercado.

• Que no ano 2022 tivesen un orzamento superior aos 125.000,00 máis o IVE.

2. Ámbito subxectivo.

A convocatoria vai dirixida ás empresas privadas organizadoras de festivais de música, sempre que a produción executiva corra a cargo dunha empresa produtora.

Para os efectos desta convocatoria enténdese por empresa produtora a empresa promotora do festival, baixo cuxa responsabilidade e medios se desenvolve toda a xestión e produción do evento.

Esta convocatoria parte da base de que son os promotores do festival os que asumen toda a organización, por iso solicitan a achega para apoiar a súa celebración, xa que consideran que pode ter repercusión na estratexia cultural e turística e que a achega pública mellora a rendibilidade, en concepto de imaxe e notoriedade.

Serán por conta do patrocinado a obtención das oportunas autorizacións, permisos e licenzas, así como a obtención dos dereitos derivados da propiedade intelectual xerados como consecuencia da execución dos festivais. Correrá pola súa conta o aboamento de tales dereitos e responderán fronte aos titulares pola súa utilización ilexítima.

3. Requisitos e acreditación da solvencia.

1. Como requisito de solvencia económica ou financeira os solicitantes deberán dispoñer dun seguro de indemnización por riscos profesionais, vixente ata un mes despois da data de finalización da actividade patrocinada, por importe igual ou superior a 125.000 €.

A acreditación deste requisito efectuarase por medio do certificado expedido polo asegurador, en que consten os importes e riscos asegurados e a data de vencemento do seguro.

2. Como requisito de solvencia técnica os solicitantes deberán dispoñer de experiencia na prestación de servizos de igual ou similar natureza que os que constitúen o obxecto do contrato.

A solvencia técnica acreditarase pola realización de, polo menos, un traballo consistente na organización de festivais musicais de pagamento, durante os últimos dous anos e por un importe unitario polo menos igual ou superior aos 125.000 € (sen IVE), en que se indique o importe, a data e as características do evento.

4. Orzamento da convocatoria.

4.1. Esta convocatoria ten un orzamento total máximo de 250.000 € con cargo á aplicación orzamentaria 10.A1.432B.640.1, proxecto 2013 00005, dos orzamentos xerais da Axencia Galega das Industrias Culturais para o ano 2023.

4.2. Os contratos derivados desta convocatoria teñen por obxecto o patrocinio publicitario dos festivais adheridos á marca Fest Galicia e deben ofrecer obrigatoriamente as seguintes prestacións:

• Presenza das marcas Xacobeo e Fest Galicia, así como o logotipo da Xunta de Galicia na publicidade do festival, en medios e nas accións de promoción e comunicación: cartelería, roldas de prensa, materiais audiovisuais, anuncios... A colocación das marcas terá que ser aprobada pola Agadic con anterioridade á produción dos materiais.

• Participación nunha presentación pública conxunta de todos os festivais adheridos, ademais da presentación propia de cada festival patrocinado.

• Posta á disposición da Agadic de 10 abonos/entradas para sorteo en redes sociais.

4.3. Co fin de optimizar os recursos existentes e para poder realizar unha asignación máis equitativa, establécese un importe máximo do prezo do patrocinio por entidade de 40.000 € (con IVE), cun valor estimado de 33.057,85 €, que se modulará conforme as seguintes contraprestacións:

Contraprestacións ofertadas

Importe máximo 40.000,00 €

Naming e imaxe escenario Fest Galicia e recinto (*)

Escenario principal e recinto

Ata 12.000,00 €

Programación de artistas galegos

Ata 2 artistas: 2.000,00 €

De 3 a 4 artistas: 4.000,00 €

Máis de 5 artistas: 6.000,00 €

Ata 6.000,00 €

Proposta alternativa de presenza das marcas nas redes sociais do festival e dalgún dos artistas participantes nel

Coa imaxe de Fest Galicia-Xacobeo e Xunta de Galicia e cos #FestGalicia #Xacobeo #DeIntereseCultural

Ata 6.000,00 €

Proposta alternativa de visibilización das marcas

Coa imaxe de Fest Galicia, Xacobeo e Xunta de Galicia

Ata 16.000,00 €

(*) No caso de existir máis dun escenario, a proposta deberá aclarar cal é o escenario obxecto de patrocinio, que deberá ser aceptado pola Agadic. En todo caso, a proposta deberá determinar os elementos de visibilización do escenario (cobrepeas, corpóreos, frontais, etc.), así como do recinto onde se celebra o festival.

Os festivais que soliciten por primeira vez a adhesión a Fest Galicia deberán, ademais do sinalado no punto 4.2, ofertar as seguintes contraprestacións:

Contraprestacións ofertadas

Importe máximo 15.000,00 €

Naming e imaxe escenario Fest Galicia e recinto (*)

Escenario principal e recinto

Ata 12 .000,00 €

Programación de artistas galegos

Ata 2 artistas galegos: 2.000 €

Ata 3 artistas galegos: 3.000 €

Ata 3.000 €

4.4. O importe final do patrocinio determinarase en función da dispoñibilidade orzamentaria, do importe solicitado e do orzamento do proxecto en que se describen as contraprestacións ofertadas segundo o cadro anteriormente exposto. Todos os importes levarán o importe máximo da súa categoría, a menos que se exceda o crédito, no cal haberá unha rebaixa proporcional. Excepción a isto será o importe das proposta alternativas, que serán valoradas pola dirección da Agadic en función do seu contido, cos límites máximos establecidos no cadro.

4.5. Este patrocinio é incompatible con calquera outro patrocinio da Xunta de Galicia e/ou das súas entidades dependentes para o mesmo proxecto ou unha parte del, porén é compatible coa percepción doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera Administración ou entes públicos ou privados, estatais, da Unión Europea ou de organismos internacionais, pero o seu importe en ningún caso poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos, supere o custo da actividade subvencionada, segundo se establece no artigo 17.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. No caso de percibirse outras axudas, deberase acreditar documentalmente a súa natureza e contía, así como calquera circunstancia que poida afectar substancialmente a execución das actuacións. A comunicación deberá efectuarse tan axiña como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

En todos os casos, os importes a que se fai referencia nesta epígrafe inclúen os impostos.

5. Solicitude, forma de presentación e prazo de presentación de solicitudes.

5.1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, http://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

5.2. Os solicitantes deben presentar a solicitude de adhesión á marca Fest Galicia e de patrocinio, segundo o modelo do anexo II, que se dirixirá á Agadic, no cal se recolle un formulario cos seguintes datos:

• Nome ou razón social da persoa solicitante.

• Datos do representante legal do solicitante.

• Nome do festival.

• Lugar de celebración.

• Número de edicións celebradas.

• Adherido anteriormente a Fest Galicia.

• Datas de celebración.

• Porcentaxe de entradas postas á venda.

• Orzamento total do festival en 2022 sen IVE.

• Orzamento total do festival en 2023 desagregado con e sen IVE.

• Importe solicitado de patrocinio.

O anexo II inclúe as seguintes declaracións responsables:

• Que o evento cumpre a normativa vixente neste tipo de actividades, contando cos permisos ou autorizacións administrativas que correspondan, así como as pólizas de seguros e responsabilidade civil necesarias.

• Que o patrocinado asume, de forma expresa, a responsabilidade fronte a terceiros, participantes ou espectadores de calquera incidencia que puidese derivar da celebración do festival, mantendo indemne a Agadic destas circunstancias.

5.3. O prazo de presentación das solicitudes será de quince (15) días hábiles, desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

6. Documentación complementaria.

6.1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo II) a seguinte documentación:

6.1.1. Documentación administrativa relacionada coa entidade solicitante:

a) DEUC, documento europeo único de contratación que confirma que o operador económico cumpre as condicións seguintes:

– Cumpre as condicións establecidas legalmente para contratar coa Administración.

– Que non se encontra en ningunha das situacións de exclusión ou posible exclusión previstas na normativa de contratos (prohibicións de contratar).

– Que cumpre os criterios de selección pertinentes (os criterios de solvencia).

Pode accederse ao formato electrónico en:

https://visor.registrodelicitadores.gob.es/espd-web/filter?lang=es

O formulario, dispoñible en castelán, poderá, nese sitio, cubrirse e imprimirse para enviar ao órgano de contratación xunto co resto da oferta.

Tamén pode accederse ao formulario DEUC na web da Consellería de Facenda e Administración Pública da Xunta de Galicia, na epígrafe da Xunta consultiva de contratación administrativa, en formato odt:

– Versión en galego:

https://www.conselleriadefacenda.gal/areas-tematicas/patrimonio/xunta-consultiva-de-contratacion-administrativa/procedemento-de-contratacion

– Versión en castelán:

https://www.conselleriadefacenda.gal/es/areas-tematicas/patrimonio/xunta-consultiva-de-contratacion-administrativa/procedemento-de-contratacion

Para facilitar a súa elaboración, pode consultar as instrucións para completar o formulario DEUC no anexo III.

b) Declaración complementaria ao DEUC que figura como anexo IV desta resolución.

c) Memoria que acredite as razóns técnicas ou artísticas ou os motivos polos cales só poida encomendarse a un empresario determinado para xustificar a non competencia por razóns técnicas de conformidade co establecido no artigo 168.a).2º da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

6.1.2. Documentación técnica:

Os solicitantes terán que presentar:

a) Anexo V co resumo da súa proposta técnica onde especificarán cales serían as contraprestacións das relacionadas no punto 4 destes pregos, así como calquera outra documentación complementaria á súa proposta técnica.

Tamén conterá a memoria do festival, cun máximo de 25 páxinas, en que se recollan de xeito detallado os seguintes aspectos:

• Descrición do festival.

• Antecedentes, traxectoria, historia.

• Perfil do público a que se dirixe.

• Obxectivos xerais e específicos que se queren acadar con este festival.

• Programa do festival.

• Artistas galegos.

• Beneficios que reportará ás marcas.

• Entidades implicadas (indicar as entidades, tanto públicas como privadas, que avalan ou dan apoio ao desenvolvemento do festival).

O envío da solicitude por si soa sen que se xunte a documentación administrativa e técnica, antes indicada, constituirá causa de inadmisión da citada solicitude.

6.2. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

6.3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

6.4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

6.5. No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

7. Comprobación de datos.

7.1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

– DNI ou NIE da persoa solicitante.

– DNI ou NIE da persoa representante.

– NIF da entidade solicitante.

– Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa AEAT.

– Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

– Certificado de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

7.2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

7.3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

7.4. No caso de que as actuacións de oficio, levadas a cabo pola Agadic, desen como resultado que o solicitante ten débedas ou obrigas con algunha destas administracións, requirirase o solicitante para que regularice a situación e presente por si mesmo o correspondente certificado.

8. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

9. Procedemento administrativo de adxudicación.

Constituirase unha comisión técnica e de negociación, formada pola persoa responsable do Departamento de Música e Danza, a persoa responsable da sección xurídica da Agadic e unha persoa do elenco técnico da Axencia Galega de Industrias Culturais, que se encargarán da revisión da documentación.

9.1. Fase administrativa: revisión da documentación administrativa.

A comisión técnica e de negociación examinará a documentación administrativa.

No caso de que sexa necesaria a emenda dalgún documento de carácter administrativo, requiriráselle á entidade interesada a documentación administrativa que falte e concederáselle un prazo de 3 días hábiles para a presentación da documentación requirida, coa advertencia expresa de que, en caso de non facelo así, se considerará desistida e arquivarase a súa solicitude, segundo o que dispón o artigo 68 da Lei 39/2015.

O requirimento da documentación realizarase por medios electrónicos, de forma que quedará constancia no expediente.

9.2. Fase técnica: revisión da documentación técnica.

Unha vez finalizada a revisión da documentación administrativa, a comisión levará a cabo a revisión da proposta técnica de todos aqueles solicitantes que presentasen correctamente a documentación administrativa ou a emendasen de xeito correcto, para determinar o cumprimento ou non dos requisitos técnicos exixidos de acordo co que se establece nestes pregos.

Na fase de negociación poderase intentar lograr unha mellora ou aclaración da proposición, no que respecta ás contraprestacións ofertadas. Para estes efectos a comisión poderá convidar os solicitantes a negociar a proposta presentada, indicando os aspectos de negociación previstos e poñendo no seu coñecemento as características e vantaxes da súa proposición.

Os solicitantes poderán presentar nun prazo de tres días a súa contestación, que poderá reformular ou mellorar os termos da súa oferta inicial ou indicar que se mantén nos termos orixinais.

Unha vez revisado que a proposta se axusta ás bases da convocatoria, a comisión daralle traslado dos resultados ao órgano de contratación, xunto co expediente correspondente á fase de negociación e un informe técnico coa valoración das ofertas presentadas.

9.3. Adxudicación e formalización do patrocinio.

Unha vez aceptada a proposta da Comisión, a Agadic requirirá os interesados para que, dentro do prazo de 10 días hábiles, presenten a documentación acreditativa do cumprimento de requisitos previos:

a) A personalidade xurídica do empresario e, se for o caso, a súa representación. Con todo, o órgano de contratación poderá requirir a achega de documentación complementaria se é necesaria para acreditar que o obxecto social da empresa é adecuado ao obxecto do contrato. No que se refire á personalidade xurídica do empresario, deberá achegarse só no caso de que os/as solicitantes se teñan oposto expresamente á súa consulta pola Agadic.

b) Documentación acreditativa da solvencia económica, financeira e técnica ou profesional.

c) Documentación xustificativa de estar ao día no cumprimento das obrigacións tributarias (coa Facenda estatal, coa Comunidade Autónoma de Galicia, e de estar dadas de alta no imposto de actividades económicas) e de estar ao día no cumprimento das obrigacións coa Seguridade Social. Esta documentación deberá achegarse só no caso de que os/as solicitantes se opuxesen expresamente á súa consulta pola Agadic.

O prazo para a adxudicación do contrato será de 5 meses contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se transcorre o prazo para adxudicar os contratos sen que a adxudicación tivese lugar, os interesados poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo.

O órgano de contratación realizará a adxudicación do contrato privado, e posterior formalización do contrato no cal constarán as obrigacións de ambas as partes, as contraprestacións que recibirá a Agadic e a forma de xustificar o patrocinio.

No contrato especificaranse as condicións para o uso das marcas e constará expresamente a cesión á Agadic da imaxe do festival para usos non comerciais.

Este contrato terá que asinarse no prazo máximo dun mes desde a adxudicación do contrato e sempre antes do inicio do festival. En caso contrario, a Agadic poderá resolver non levalo a cabo.

O patrocinado facilitará o seguimento e control do contrato asinado e, concretamente, da presenza das marcas nos medios e soportes ofertados. No caso de que a Agadic comunicase discrepancias respecto á aplicación das marcas e/ou logotipos, a entidade comprométese a realizar as actuacións necesarias de alteración ou rectificación necesarias.

10. Xustificación e pagamento.

A xustificación técnica do festival terase que presentar con anterioridade á presentación da factura, e nos prazos seguintes:

• Festivais celebrados en maio: prazo máximo ata o 30 de xuño.

• Festivais celebrados en xuño: prazo máximo ata o 31 de xullo.

• Festivais celebrados en xullo: prazo máximo ata o 31 de agosto.

• Festivais celebrados en agosto: prazo máximo ata o 30 de setembro.

• Festivais celebrados en setembro: prazo máximo ata o 20 de outubro.

A achega da Agadic farase efectiva unha vez finalizada a acción obxecto de patrocinio e coa presentación obrigatoria por parte da entidade da documentación que se relaciona, debendo acreditar, en calquera caso, o cumprimento das obrigas do contrato de patrocinio mediante esta documentación, numerada seguindo a seguinte orde:

10.1. Anexo VI debidamente asinado e cuberto e no cal constan as seguintes declaracións responsables:

a) A declaración da realización do festival conforme a memoria presentada na solicitude que serviu de fundamento para a realización do contrato de patrocinio, e que o proxecto/acción se levou a cabo nas datas indicadas, cumprindo, por tanto, co fin que serviu.

b) As axudas ou patrocinios recibidos.

c) Que os datos e documentos referidos á xustificación son certos.

10.2. Memoria do proxecto, onde consten os seguintes datos:

10.2.1. Datas e lugares de celebración.

10.2.2. Cartel dos artistas participantes: deberá constar o nome dos artistas galegos presentes no festival, sinalando tamén aqueles que actuaron por primeira vez en Galicia.

10.2.3. Asistentes:

• Capacidade dos espazos.

• Número de entradas vendidas.

• Número de asistentes totais, diferenciando os de pago dos convidados.

10.2.4. Total de persoas empregadas no festival.

10.2.5. Relación de empresas e profesionais de Galicia que participan no festival.

A memoria constará dun índice coas epígrafes requiridas e terá unha extensión máxima de 25 páxinas, debendo achegarse o resumo que figura no anexo VII.

10.3. Reportaxe fotográfica do festival, onde se poida comprobar a colocación das marcas no escenario principal e no recinto, e a acreditación das roldas de prensa realizadas para a súa promoción. Débense entregar as fotografías onde aparezan as persoas representantes da Agadic ou da Xunta de Galicia.

10.4. Material de difusión empregado onde se acredite a presenza das marcas.

10.5. Clipping de prensa, cunha recompilación de todas as noticias aparecidas nos medios de comunicación, online e offline, e nas redes sociais, ligazóns de noticias aparecidas na internet, presenza en radio e televisión (ligazóns de vídeos e audios).

10.6. Copia dos títulos habilitantes preceptivos para a realización do festival.

10.7. Valoración económica da repercusión mediática.

Esta valoración consiste na xustificación dos investimentos publicitarios directos realizados online e offline e/ou a valoración económica equivalente do impacto mediático.

Para o caso de que se realicen, e xustifiquen, investimentos publicitarios directos (compra de espazos publicitarios en calquera medio de comunicación) deberase remitir a factura correspondente e a xustificación do seu pagamento.

Para o caso de que se xustifique o investimento do retorno publicitario do patrocinio mediante o impacto mediático deste, deberase remitir un documento que reflicta todas as aparicións habidas nos medios de comunicación (online e/ou offline) e a súa correspondente valoración. Este documento deberá realizarse e remitirse nun formato excel cos campos do cadro seguinte:

Nº orde

Nome do medio de comunicación

Formato

Data publicación

Anuncio inclúe: marca/logo/mención

Descrición doc. acreditativa

Observacións

Valoración equivalente

O valor económico da repercusión mediática do patrocinio debe ser igual ou superior á cantidade outorgada pola Agadic.

Só se terán en conta aquelas contraprestacións publicitarias onde se poida constatar de xeito efectivo a presenza das marcas de Fest Galicia, Xacobeo e Xunta de Galicia. No caso de que a valoración económica da repercusión mediática non sexa superior ao importe do patrocinio, poderase minorar o importe concedido, ata alcanzar un equilibrio e proporcionalidade entre o patrocinado e o retorno obtido.

Unicamente se terán en conta as xustificacións publicadas/emitidas desde a data de presentación da solicitude á Agadic ata a entrega da documentación xustificativa, sempre que vaian dirixidas a promocionar o proxecto patrocinado.

Os patrocinados terán que numerar cada unha das accións promocionais/publicitarias que se presenten. Tamén terán que facer corresponder a mesma numeración coa documentación acreditativa relativa ao concepto descrito.

10.8. Estatísticas do impacto mediático das publicacións efectuadas nas redes sociais facilitadas polos provedores dos servizos onde se difundiron.

A aceptación do patrocinio implica que o material gráfico, fotográfico e audiovisual presentado nas xustificacións poderá ser utilizado pola Xunta de Galicia para a súa difusión e uso en actividades estratéxicas.

A xustificación deberase presentar por medios electrónicos, nos prazos indicados no punto 10 desta convocatoria. No caso de que a documentación presentada non estea correcta ou sexa insuficiente, a Agadic poderá requirirlles a súa emenda, para o cal se outorgará un prazo de 10 días hábiles.

A Axencia Galega das Industrias Culturais reserva para si a potestade de realizar a posteriori unha comprobación por mostraxe da xustificación económica.

En todo caso, a forma de presentar a xustificación das accións realizadas incluirase no contrato que se formalice, adaptándoa á tipoloxía do festival.

Unha vez validada a xustificación técnica, a Agadic comunicarao ao adxudicatario para a presentación da factura correspondente. Non se procederá ao pagamento do patrocinado ata que a xustificación sexa conformada pola Agadic.

11. Resolución do patrocinio.

O contrato extinguirase pola súa resolución, acordada pola concorrencia dalgunha das seguintes causas:

a) A falsidade dos datos achegados.

b) A extinción da personalidade xurídica de calquera das partes.

c) O acordo mutuo de partes.

d) O incumprimento total ou parcial de todas ou algunha das condicións xerais e particulares pactadas.

e) A realización por parte do patrocinado de actuacións que, a xuízo da Agadic, sexan contrarias aos obxectivos e finalidade da Agadic.

12. Confidencialidade.

Calquera información confidencial revelada pola Agadic á entidade con que se formalicen patrocinios obxecto desta convocatoria durante a súa vixencia, manterase con carácter estritamente confidencial para o receptor, que se comprometerá a utilizar esta información unicamente para a finalidade para a cal lle foi revelada polo emisor, excepto imperativo legal.

O receptor protexerá a información confidencial do emisor contra calquera uso non autorizado ou revelación a terceiros, da mesma maneira que protexe a súa información confidencial. O acceso a esta información quedará restrinxido só a aqueles empregados da entidade colaboradora que deban coñecelo para cumprir co proxecto que se vai desenvolver.

13. Réxime xurídico aplicable.

De acordo co establecido no artigo 26.2 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, que considera como regra xeral os patrocinios como un contrato privado, deben rexerse en canto á preparación e adxudicación, na falta de normas específicas, polas seccións 1 e 2 do capítulo I do título I do libro II desta lei, e polas disposicións de desenvolvemento, aplicándose supletoriamente as restantes só de dereito administrativo ou, se procede, as normas de dereito privado, segundo corresponda por razón do suxeito ou entidade contratante. En canto aos seus efectos e extinción, rexerase polo dereito privado.

14. Notificación electrónica.

14.1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

14.2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas practicaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

14.3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderán de oficio crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento polas persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

14.4. As notificacións entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido, entendéndose rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

15. Transparencia e bo goberno.

14.5. Se o envío da notificación electrónica non é posible por problemas técnicos practicarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

15.1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

15.2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, a que estean vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquelas das obrigas previstas no título I da citada lei.

Disposición derradeira. Entrada en vigor

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de abril de 2023

Jacobo Sutil Nesta
Director da Axencia Galega das Industrias Culturais

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO III

ORIENTACIÓNS PARA CUBRIR O DEUC

CT302A-ADHESIÓN Á MARCA FEST GALICIA E REALIZACIÓN DE CONTRATOS DE PATROCINIO CON ENTIDADES PRIVADAS PARA FESTIVAIS DE MÚSICA PROFESIONAIS ESTRATÉXICOS PARA O TERRITORIO XA QUE XERAN UN RETORNO PUBLICITARIO PARA AS MARCAS FEST GALICIA E XACOBEO

Para facilitar a formalización por parte das empresas do modelo de formulario normalizado do DEUC que establece o anexo II do Regulamento (UE) nº 2016/7, formúlanse a continuación as seguintes orientacións:

a) De conformidade co establecido na parte II, sección A, quinta pregunta, dentro do punto titulado «Información xeral», do formulario normalizado do DEUC, as empresas que figuren inscritas nunha «lista oficial de operadores económicos autorizados» só deberán facilitar en cada parte do formulario aqueles datos e informacións que, no seu caso concreto, non estean inscritos nestas «listas oficiais». Así, en España as empresas non estarán obrigadas a facilitar aqueles datos que xa figuren inscritos de maneira actualizada no rexistro de licitadores que corresponda, xa sexa no Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas do Estado (ROLECSP) ou o Rexistro Xeral de Contratistas de Galicia (RXCG) co alcance previsto no artigo 339 da LCSP, coa condición de que as empresas inclúan no formulario normalizado do DEUC a información necesaria para que o órgano de contratación poida realizar o acceso correspondente (enderezo da internet, todos os datos de identificación e, se é o caso, a necesaria declaración de consentimento).

Para o caso de que a empresa estea inscrita no ROLECSP ou no RXCG, a seguir esta recomendación indica, respecto de cada unha das partes do formulario, que datos son susceptibles de figurar inscritos nos rexistros e cales non. Dado que algúns destes datos deben ser subministrados, en todo caso, pola empresa e outros son voluntarios, limitarémonos a sinalar en cada caso se os datos que reclama o formulario son ou non son potencialmente inscritibles, e a empresa debe asegurarse de cales efectivamente están inscritos e actualizados e cales non están inscritos ou, de estaren, non están actualizados, no seu caso concreto.

b) O acceso por parte dos órganos de contratación aos rexistros de licitadores, así mesmo, ten o efecto establecido no artigo 59.5 DN. Así, aínda que, de acordo co artigo 59.4 DN con carácter xeral o órgano de contratación poderá requirir os candidatos e licitadores durante a substanciación do procedemento de contratación e para garantir o seu bo desenvolvemento para que acheguen documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos previos de acceso á licitación, e con carácter previo á adxudicación o primeiro deberá exixir ao adxudicatario a presentación destes documentos xustificativos; o artigo 59.5 DN matiza o establecido no punto anterior do mesmo artigo ao eximir os licitadores e candidatos de presentar aqueles documentos xustificativos que proben informacións que poidan ser acreditadas mediante unha certificación expedida polo – de licitadores que corresponda (ROLECSP ou RGCG).

Parte I.

Recolle a información sobre o procedemento de contratación e sobre o órgano de contratación.

A súa formalización non reviste complexidade xa que todos os datos constan no anuncio ou nas plataformas de contratación.

Parte II.

Recolle información sobre a empresa interesada.

Como xa se indicou, aquelas empresas que figuren inscritas nun rexistro de licitadores só deberán facilitar nesta parte II do formulario aquela información que non figure inscrita neles ou que, aínda estando inscrita, a información non conste de maneira actualizada. Por iso, a continuación segue un cadro que, a modo orientativo, indica que información ou datos poderían estar inscritos e cales non, coa finalidade de que as empresas saiban:

Que datos deberán ser achegados mediante o formulario normalizado DEUC, en todo caso, por non figuraren en poder do ROLECSP ou RXCG.

Que datos son susceptibles de estar inscritos no ROLECSP ou RXCG e, por tanto, poderían deixarse sen cubrir no formulario.

Correspóndelle á empresa comprobar se, no seu caso concreto, eses datos ou informacións efectivamente están inscritos nos rexistros e, se o están, deberá asegurarse de que constan nel de maneira actualizada.

Parte II. Información sobre o operador económico.

Sección

É un dato/información susceptible de estar inscrito no ROLECSP ou RXCG?

Sección A

Identificación.

Os datos incluídos neste punto deben ser cubertos pola empresa. Como número de IVA deberase recoller o NIF cando se trata de cidadáns ou empresas españois, o NIE cando se trata de cidadáns residentes en España, e o VIES ou DUNS cando se trata de empresas estranxeiras.

Información xeral

Se é o caso, figura o operador económico inscrito nunha lista oficial de operadores económicos autorizados ou ten un certificado equivalente (por exemplo, no marco dun sistema nacional de (pre)clasificación)?

En caso afirmativo:

– Rexistro en que está inscrito e número de inscrición

Certificación en formato electrónico

Indicar grupo, subgrupo e categoría da clasificación del contratista

Coa clasificación cúmprense todos os criterios de selección? En caso negativo, cubra a parte IV deste formulario (seccións A, B, C ou D, segundo proceda.

Poderá a empresa presentar un certificado respecto ao cumprimento cos deberes coa Seguridade Social e impostos que permita ao poder adxudicador obtelo directamente a través dunha base de datos nacional de calquera Estado que poida consultarse gratuitamente?

Dispoñible en formato electrónico

Si ( ) Non ( ) Non procede ( )

( ) ROLECSP

( ) Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia

( ) ROLECSP: https://registrodelicitadores.gob.es, Xunta Consultiva de Contratación Administrativa do Estado (como número de inscrición ou certificación basta con consignar o propio NIF, NIE, VIES ou DUNS da empresa)

( ) Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia: nº de inscrición:______

http://www.conselleriadefacenda.es/areas-tematicas/patrimonio/rexistro-xeral-de-contratistas/servizos-telematicos Xunta Consultiva de Contratación Administrativa da Comunidade Autónoma de Galicia

NON CUBRIR SE ESTÁ INSCRITO EN ALGÚN DOS REXISTROS

Si ( ) Non ( )

Si ( ) Non ( )

Poñer enderezo da páxina web, autoridade ou organismo expedidor e referencia exacta da documentación

( ) Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia:

http://www.conselleriadefacenda.es/areas-tematicas/patrimonio/rexistro-xeral-de-contratistas/servizos-telematicos Xunta Consultiva de Contratación Administrativa da Comunidade Autónoma de Galicia

Forma de participación.

Está participando o operador económico no procedemento de contratación xunto con outros?

Si ( ) Non ( )

En caso afirmativo

b) Identifíquense os demais operadores económicos que participan no procedemento de contratación conxuntamente.

Identificar con NIF, NIE, VIES ou DUNS da empresa.

No caso de estar nalgún dos rexistros de licitadores, indicar:

( ) ROLECSP: https://registrodelicitadores.gob.es, Xunta Consultiva de Contratación Administrativa do Estado (como número de inscrición ou certificación basta con consignar o propio NIF, NIE, VIES ou DUNS da empresa)

( ) Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia: nº de inscrición:______

http://www.conselleriadefacenda.es/areas-tematicas/patrimonio/rexistro-xeral-de-contratistas/servizos-telematicos Xunta Consultiva de Contratación Administrativa da Comunidade Autónoma de Galicia

Na parte II, na letra B, denominada Información sobre os representantes do operador económico, a sección dedicada á representación non é necesario que sexa cuberta se o licitador está no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Sección B

 

Representación

Nome e apelidos:

Cargo:

Enderezo postal:

Teléfono:

Correo electrónico:

Información sobre representación (forma, alcance, finalidade…)

NON CUBRIR SE ESTÁ INSCRITO NALGÚN DOS REXISTROS

Parte III.

Relativa aos motivos de exclusión.

Dado que o formulario normalizado do DEUC non recolle ningunha referencia á nosa lexislación, para facilitar a adecuada formalización por parte das empresas desta parte do formulario a continuación segue unha táboa de equivalencias entre cada unha das preguntas que deben responder as empresas, os artigos da DN e, por último, os artigos da nosa LCSP que deron transposición ao artigo 57 DN.

Nótese que España traspuxo a regulación das prohibicións de contratar que establece a DN mediante a Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, que modificou a regulación desta materia no TRLCSP, concretamente dando nova redacción aos artigos 60 e 61 e creando ex novo o artigo 61.bis, polo que, con carácter xeral, nesta materia non procede falar de efecto directo senón de mera aplicación de normas nacionais.

Dado que non todas as prohibicións para contratar están inscritas no ROLECSP e/ou RXCG, as empresas deberán responder a todas as preguntas que se formulan nesta parte III do formulario normalizado do DEUC.

Táboa de equivalencias relativa á parte III do DEUC

Parte III, nº de sección

DN

TRLCSP

Sección A

Artigo 57.1.

Artigo 71.1.a) (excepto os delitos contra a Facenda pública e a Seguridade Social relativos ao pagamento de tributos e cotizacións á Seguridade Social).

Sección B

Artigo 57.2.

Artigo 71.1:

Letra a) (cando se trate de delitos contra a Facenda pública ou contra a Seguridade Social, relativos ao pagamento de tributos e cotizacións á Seguridade Social).

Letra d), primeiro parágrafo, primeiro inciso.

Letra f) (cando se trate de sancións administrativas firmes impostas conforme a Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria).

Sección C

 

Primeira pregunta

Artigo 57.4.a).

Artigo 71.1.b) (cando non sexa infracción moi grave en materia profesional ou en materia de falseamento da competencia).

Artigo 71.1.d), primeiro parágrafo, segundo inciso (no relativo ao incumprimento do requisito do 2 % de empregados con discapacidade).

Segunda pregunta

Artigo 57.4.b).

Artigo 71.1.c).

Terceira pregunta

Artigo 57.4.c).

Artigo 71.1.b) (infracción moi grave en materia profesional).

Cuarta pregunta

Artigo 57.4.d).

Artigo 71.1.b) (infracción moi grave en materia de falseamento da competencia).

Quinta pregunta

Artigo 57.4, letra e).

Artigo 71.1.g) e h).

Sexta pregunta

Artigo 57.4, letra f).

Artigo 70.

Sétima pregunta

Artigo 57.4.g).

Artigo 71.2, letras c) e d).

Oitava pregunta

 

Letras a), b) e c)

Artigo 57.4.h).

Artigo 71.1, letra e) e 60.2, letras a) e b).

Letra d)

Artigo 57.4.i).

Artigo 71.1.e).

Sección D

-----------------

Artigo 71.1.f) (cando se trate de sanción administrativa firme de acordo co previsto na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións)

D: outros motivos de exclusión que poden estar previstos na lexislación nacional do Estado membro do poder adxudicador:

Declaróuselle a prohibición para contratar imposta en virtude de sanción administrativa firme de acordo co previsto na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións?

Se é afirmativo, especifíquese

Si ( ) Non ( )

…………………

Se e afirmativo, adoptou medidas autocorrectoras?

Si ( ) Non ( )

Describir as medidas:

…………………

Parte IV. Criterios de selección

Relativa aos criterios de selección.

Convén destacar, respecto da parte IV, que os poderes e entidades adxudicadores poderán limitar a información requirida sobre os criterios de selección a unha soa pregunta, é dicir, se os operadores económicos cumpren ou non todos os criterios de selección necesarios.

Nese caso bastará responder SI ou NON no punto titulado Indicación global relativa a todos os criterios de selección, polo que non será necesario completar os puntos seguintes:

A. Idoneidade.

B. Solvencia económica e financeira.

C. Capacidade técnica e profesional.

D. Sistemas de aseguramento da calidade e normas de xestión ambiental.

Parte V.

Relativa aos criterios para reducir o número de candidatos a que se convidará a presentar oferta.

O empresario deberá cubrir esta parte unicamente cando se trate de procedementos restrinxidos, negociados con publicidade e de diálogo competitivo.

Parte VI.

Relativa ás declaracións finais.

Esta parte debe ser cuberta e asinada pola empresa interesada en todo caso.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file