Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 8 de maio de 2023 Páx. 28043

III. Outras disposicións

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 13 de abril de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para o impulso dunha rede de Mercados Excelentes de Galicia e a dinamización e revitalización das prazas de abastos, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento IN223A).

Advertida a omisión do anexo VIII na devandita orde, publicada no DOG número 81, do 27 de abril de 2023, debe facerse a oportuna corrección e incorpor o dito anexo co seguinte contido:

ANEXO VIII

Modelo de cartel

missing image file

Características:

1. Dimensións mínimas:

Alto: 157,5 cm.

Ancho: 210 cm.

2. Materiais:

Empregaranse láminas de chapa de aceiro galvanizado de 1,2 mm de espesor e de 17,50 cm de altura. Para obras de investimento inferior a 50.000,00 € non será preciso o uso de aceiro galvanizado.

3. Texto:

Empregarase a tipografía Xunta Sans en cor branca con referencia pantone white/RGB 255,255,255 sobre un fondo azul, pantone 7461 C/RGB 0,123,196.

O título da actuación non superará as dúas liñas e a altura do texto non será superior a 2/3 da altura do texto do logotipo da Xunta de Galicia. O tamaño de texto recomendado é 235 pt.

Os datos da obra terán unha altura de texto non superior a 1/2 da altura do título. O tamaño de texto recomendado é 110 pt.

4. Logotipos e marxes:

O logotipo «Xunta de Galicia» ocupará o largo do soporte cunha marxe ao seu redor da metade do largo do escudo.

A altura do logotipo do concello será, como máximo, o 60 % da altura do logotipo «Xunta de Galicia».

5. Datos do orzamento e da subvención:

Os datos do orzamento subvencionable e da subvención concedida serán os indicados na notificación de concesión da subvención.