Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Xoves, 11 de maio de 2023 Páx. 29544

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 28 de abril de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente sancionador PO-RES-2023-042 e un máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de que as notificacións fosen devoltas polo servizo de Correos por resultar descoñecidas as persoas destinatarias ou porque, intentadas dúas veces, non se puideron efectuar, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse nun prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, na sede desta xefatura territorial, sita na avenida María Victoria Moreno, núm. 43, 4º andar, de Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación do acto obxecto da publicación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE).

O acto foi adoptado por quen se indica no anexo.

Pontevedra, 28 de abril de 2023

José Manuel González González
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Persoa interesada

Acto notificado

Acto adoptado por

PO-RES-2023-042

Y4272340N

Acordo de incoación

O xefe territorial

PO-RES-2023-048

Y4525903T

Acordo de incoación

O xefe territorial