Mediante Resolución reitoral do 2 de decembro de 2022 (DOG do 16 de decembro e BOE do 6 de marzo de 2023), convocáronse probas selectivas para cubrir unha praza da categoría profesional técnico/a especialista de investigación, especialidade química (resonancia magnética nuclear), grupo III, pola quenda de acceso libre. Finalizado o prazo de presentación de solicitudes,
resolvo:
Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas pola quenda de acceso libre ás citadas probas.
Segundo. Indicar que a listaxe provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas está exposta no taboleiro electrónico da USC e na web:
https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado
Terceiro. As persoas aspirantes excluídas ou que non figuren na relación de admitidas, dispoñen dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para poder emendar os defectos que motivaran a exclusión ou a omisión.
Cuarto. Para emendar a exclusión ou omisión cubrirase o formulario de emendas do catálogo de procedementos na seguinte ligazón:
https://sede.usc.es/formularios/solicitudes/emendaSelecPersoalLaboral.htm
Quinto. As persoas aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden a exclusión ou aleguen a omisión, xustificando o dereito a ser incluídas na relación de persoas admitidas, serán definitivamente excluídas da realización das probas.
Sexto. Nomear, en aplicación da base 5.1 da convocatoria, o tribunal do proceso selectivo. Estará composto polas seguintes persoas:
Tribunal titular:
Presidenta:
– Carmen Álvarez Lorenzo, catedrática de universidade da USC.
Vogais:
– Manuel Martín Pastor, persoal laboral fixo do grupo I da USC.
– Mª José Pazos Guldrís, persoal laboral fixo do grupo I da USC.
– Bruno da Cuña Mariño, persoal laboral fixo do grupo I da USC.
Secretario:
– Félix Navaza Aller, funcionario de carreira da escala de xestión da USC, que actuará con voz e voto.
Tribunal suplente:
Presidenta:
– Albina Román Castro, persoal laboral fixo do grupo I de la USC.
Vogais:
– Esteban Guitián Fernández, persoal laboral fixo do grupo I de la USC.
– Verónica Piñeiro Gómez, persoal laboral fixo do grupo I de la USC.
– Beatriz Barral Montaña, persoal laboral fixo do grupo III de la USC.
Secretario:
– José Manuel Caamaño Jerez, funcionario de carreira da escala administrativa de la USC, que actuará con voz e voto.
Santiago de Compostela, 28 de abril de 2023
Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela