Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Venres, 12 de maio de 2023 Páx. 29887

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda e Administración Pública

ANUNCIO do 28 de abril de 2023, da Dirección Xeral da Función Pública, polo que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo PA 324/2022, en relación co proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 005 do grupo I, titulado/a superior veterinario/a, de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia (Diario Oficial de Galicia número 249, do 11 de decembro de 2020).

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu un oficio so Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Santiago de Compostela, polo que solicita o emprazamento de cantos aparezan como interesados no recurso contencioso-administrativo PA 324/2022, en relación ao proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 005 do grupo I, titulado/a superior veterinario/a, de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia (DOG núm. 249, do 11 de decembro de 2020).

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a achega dos correspondentes expedientes administrativos ao referido xulgado. O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos ao referido xulgado no prazo de nove días, contados desde o seguinte ao da súa publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de abril de 2023

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública