Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Venres, 12 de maio de 2023 Páx. 29716

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 27 de abril de 2023 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica de minas.

Advertido erro na resolución anterior, publicada no Diario Oficial de Galicia número 86, do 5 de maio de 2023, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 27938, onde di:

«Javier Domínguez González, persoal funcionario do corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñaría, especialidade de enxeñería de minas».

Debe dicir:

«Javier Domínguez González, persoal funcionario do corpo de enxeñeiros de minas do Estado».