Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Venres, 12 de maio de 2023 Páx. 29916

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Autoridade Portuaria de Vigo

ANUNCIO de convocatoria dunha praza de persoal laboral temporal.

A Autoridade Portuaria de Vigo realiza a convocatoria para cubrir, polo procedemento de concurso, o seguinte posto de traballo de persoal laboral, mediante contrato temporal na modalidade de obra ou servizo determinado asociado ao proxecto Platicas, dentro do marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia-NextGenerationEU:

– Unha praza de técnico/a de medioambiente GII BII N8.

As bases da convocatoria e os impresos de solicitude están dispoñibles na páxina web da Autoridade Portuaria de Vigo www.apvigo.es

Os/as aspirantes disporán dun prazo de dez (10) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia para a presentación de solicitudes.

Vigo, 5 de maio de 2023

Beatriz Colunga Fidalgo
Directora da Autoridade Portuaria de Vigo