Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Venres, 12 de maio de 2023 Páx. 29913

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sada

ANUNCIO da convocatoria de proceso selectivo para a provisión en propiedade dunha praza de técnico da Administración xeral, subescala técnica, incluída na oferta de emprego público de 2021.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 85, do 5 de maio de 2023, foron publicadas integramente as bases que rexerán a convocatoria para prover en propiedade a praza vacante deste concello coas seguintes características:

Persoal funcionario de carreira:

– 1 (unha) praza da escala da Administración xeral, subescala técnica (grupo A, subgrupo A1).

Sistema selectivo: oposición en quenda libre.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases.

Sada, 5 de maio de 2023

María Nogareda Marzoa
Alcaldesa