Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Venres, 12 de maio de 2023 Páx. 29911

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Redondela

ANUNCIO da convocatoria dos procesos selectivos para a cobertura de prazas vacantes de persoal funcionario e de laboral fixo incluídas na oferta de emprego público do ano 2021.

As bases xerais que regulan a convocatoria de procesos selectivos para cubrir prazas vacantes de persoal funcionario e laboral no Concello de Redondela publicáronse integramente no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra (BOPPO) núm. 50, do 13.3.2015, e as súas rectificacións nos BOPPO núm. 77, do 22.4.2016, e núm. 25, do 8.2.2021, e as bases específicas das seguintes prazas publicáronse integramente no BOPPO núm. 71, do 13.4.2023:

Persoal funcionario:

– Unha praza de oficial de medio ambiente (enterrador/a), encadrada na escala da Administración especial, subescala de servizos especiais, clase de persoal de oficios, categoría de oficial, grupo C, subgrupo C2, polo sistema de oposición libre.

Persoal laboral fixo:

– Unha praza de operario/a de limpeza viaria, equiparada a outras agrupacións profesionais sen requisito de titulación da función pública (disposición adicional sexta do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público), categoría de operario/a, polo sistema de oposición libre.

Redondela, 14 de abril de 2023

Digna Rosa Rivas Gómez
Alcaldesa