Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Luns, 15 de maio de 2023 Páx. 29954

III. Outras disposicións

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 21 de abril de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas e subvencións para os obradoiros duais de emprego da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento TR353A).

Advertidos erros na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 85, do 4 de maio de 2023, cómpre facer as oportunas correccións:

Na páxina 27484, onde di: «Este requisito do número mínimo de persoas desempregadas non será de aplicación cando a solicitude agrupe, cando menos, tres concellos limítrofes da mesma provincia, ou dous no caso de que un deles sexa resultado da fusión de dous ou máis concellos.», debe dicir: «Este requisito do número mínimo de persoas desempregadas non será de aplicación cando a solicitude agrupe, cando menos, tres concellos da mesma provincia, ou dous no caso de que un deles sexa resultado da fusión de dous ou máis concellos.»

Na páxina 27491, onde di: «2. Os contratos de traballo do alumnado formalizaranse por escrito no modelo oficial correspondente, código 421-Formación, e deberase facer constar a súa pertenza aos programas de emprego para persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil, a denominación do proxecto para o que se formaliza e, se é o caso, o número da oferta de emprego utilizada. Serán mecanizados e comunicados ao Servizo Público de Emprego de Galicia a través do aplicativo Contrat@ marcando a opción específica “ET/ CO/TE/FD” que figura a epígrafe “Datos específicos do contrato”. Unha vez indicada esta opción, aparecerá un despregable que permitirá elixir de entre varias opcións a correspondente a “Alumno/Traballador”.», debe dicir: «2. Os contratos de traballo do alumnado formalizaranse por escrito no modelo oficial correspondente, código 421-Formación, e deberase facer constar a denominación do proxecto para o que se formaliza e, se é o caso, o número da oferta de emprego utilizada. Serán mecanizados e comunicados ao Servizo Público de Emprego de Galicia a través do aplicativo Contrat@ marcando a opción específica “ET/ CO/TE/FD” que figura na epígrafe “Datos específicos do contrato”. Unha vez indicada esta opción, aparecerá un despregable que permitirá elixir de entre varias opcións a correspondente a “Alumno/Traballador”.»

Na páxina 27500, onde di: «1. O órgano instrutor dos expedientes será o Servizo de Formación e Colocación da xefatura territorial da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade competente por razón do territorio.», debe dicir: «1. O órgano instrutor dos expedientes será o Servizo de Formación para o Emprego e Orientación da xefatura territorial da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade competente por razón do territorio.»