Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Luns, 15 de maio de 2023 Páx. 29928

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ORDE do 4 de maio de 2023 pola que se nomean os membros que integran a Comisión de Heráldica da Xunta de Galicia.

A Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia, regula os aspectos esenciais da Comisión de Heráldica de Galicia, configurándoa como o órgano consultivo da Xunta de Galicia a quen lle corresponde emitir informe vinculante nos procedementos de aprobación, modificación ou rehabilitación de escudos ou bandeiras das entidades locais.

Mediante o Decreto 19/2010, do 11 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de símbolos das entidades locais de Galicia, regúlase a composición e funcionamento da Comisión de Heráldica da Xunta de Galicia, así como a adscrición desta á consellería competente en materia de réxime local.

O artigo 6 do Decreto 19/2010 recolle a composición e designación dos seus membros. O número 3 deste artigo 6 sinala que as persoas membros da Comisión de Heráldica da Xunta de Galicia serán nomeadas por un período de 5 anos. Un dos 5 vogais que a integran será designado pola asociación de municipios e provincias máis representativa e con maior implantación no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Os actuais membros da Comisión Heráldica da Xunta de Galicia foron nomeados pola Orde do conselleiro competente en materia de réxime local do 14 de marzo de 2018 (DOG núm. 58, do 22 de marzo), a excepción de Manuel José Recuero Astray, que foi nomeado pola Orde do 28 de xaneiro de 2021 tras o falecemento dun vogal.

Transcorridos xa cinco anos desde o nomeamento do vicepresidente e de catro dos cinco vogais, cómpre realizar a renovación deses cinco cargos, manténdose o nomeamento do ano 2021 de Manuel José Recuero Astray.

Tendo en conta a proposta de designación da directora xeral de Administración Local, así como a designación da Fegamp,

DISPOÑO:

Nomear as persoas que a seguir se relacionan membros da Comisión de Heráldica da Xunta de Galicia:

Vicepresidente:

• Eduardo Pardo de Guevara y Valdés, doutor en Historia Medieval, profesor vinculado ad honorem do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, académico de número da Académie Internationale d´Heráldique e da Real Academia Matritense de Heráldica e Xenealoxía e presidente do Instituto Internacional de Xenealoxía e Heráldica.

Vogais:

• Carlos Acuña y Rubio, diplomado en Xenealoxía, Heráldica e Nobiliaria polo Instituto Salazar y Castro e presidente da Asociación de Genealogía, Heráldica y Nobiliaria de Galicia.

• Pablo S. Otero Piñeyro Maseda, doutor en Historia, científico titular do CSIC no Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento.

• Marta Cendón Fernández, doutora en Historia da Arte, profesora titular da Universidade de Santiago de Compostela.

• José Manuel García Iglesias, profesor emérito de Historia da Arte da Universidade de Santiago de Compostela, designado pola Fegamp.

Santiago de Compostela, 4 de maio de 2023

Diego Calvo Pouso
Vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia,
Xustiza e Deportes