Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Martes, 16 de maio de 2023 Páx. 30451

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 9 de maio de 2023 pola que se nomean como persoal funcionario en prácticas do corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, cinco persoas aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019 (Diario Oficial de Galicia número 224, do 25 de novembro).

Unha vez rematada a fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019 (DOG núm. 224, do 25 de novembro) e modificada pola Resolución do 28 de xaneiro de 2021 (DOG núm. 24, do 5 de febreiro); visto o Acordo do 14 de marzo de 2023, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2 (DOG núm. 224, do 25 de novembro), polo que se dá publicidade de cinco novas persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo (DOG núm. 57, do 22 de marzo de 2023); e verificada a concorrencia dos requisitos exixidos nas bases da convocatoria para estas cinco novas persoas aspirantes, esta consellería, de acordo co disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, no Decreto 95/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de selección de persoal da Administración da Xunta de Galicia, e nas bases da convocatoria do proceso selectivo,

DISPÓN:

Primeiro. Nomear persoal funcionario en prácticas do corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, as cinco persoas aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019 (DOG núm. 224, do 25 de novembro) e modificada pola Resolución do 28 de xaneiro de 2021 (DOG núm. 24, do 5 de febreiro), e que figuran no anexo ordenadas de acordo coa puntuación final obtida, así como adxudicarlles como destinos en prácticas os que figuran nel, unha vez realizada a elección de destino en prácticas efectuada consonte a Resolución do 18 de abril de 2023 (DOG núm. 80, do 26 de abril).

O nomeamento terá efectos, segundo establece a base III.1 da convocatoria, desde a data de inicio do período de prácticas regulamentado, segundo a base III.2 da convocatoria, na Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 9 de maio de 2023, isto é, o 22 de maio de 2023.

A situación xurídica das persoas aspirantes nomeadas persoal funcionario en prácticas será a prevista no Decreto 95/1991, do 20 de marzo, e nas demais disposicións concordantes.

Segundo. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun mes, contado dende o día seguinte ao da súa publicación, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 9 de maio de 2023

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

DNI

Apelidos e nome

Posto elixido

Código do posto

Denominación

Cons.

Centro de destino

Centro directivo

Concello

Subgr.

Niv.

311

***8588**

Lis Álvarez, Ruth Belén

308

SAC991000036001023

Posto base subgrupo C2

SA

Xefatura Territorial de Pontevedra

Servizos Periféricos

Pontevedra

C2

12

312

***1710**

Dacruz López, Laura

340

EIC99100015001047

Posto base subgrupo C2

EM

Xefatura Territorial da Coruña

Servizos Periféricos

Coruña (A)

C2

12

313

***5729**

López Mouriño, Patricia

312

SAC991000215001023

Posto base subgrupo C2 (Tarxeta Sanitaria)

SA

Servizo de Planificación, Aseguramento e Ordenación Sanitaria (A Coruña)

Servizos Periféricos

Coruña (A)

C2

12

314

***4359**

Pérez Trigo, Benjamín

125

FCA291000015001040

Auxiliar administrativo/a

FC

Delegación da Coruña

Axencia Tributaria de Galicia (Servizos Periféricos)

Coruña (A)

C2

12

315

***8532**

Mantilla, Martínez, Ada Vanessa

126

FCA291000015001043

Auxiliar administrativo/a

FC

Delegación da Coruña

Axencia Tributaria de Galicia (Servizos Periféricos)

Coruña (A)

C2

12