Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Martes, 16 de maio de 2023 Páx. 30438

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 2 de maio de 2023, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se dá publicidade do texto refundido do Acordo do 20 de xuño de 1995 polo que se regulan o acceso e as condicións de traballo do persoal docente interino e substituto dependente desta consellería que imparte ensinanzas distintas das universitarias.

Advertidos erros na citada resolución publicada no Diario Oficial de Galicia número 89, do 10 de maio de 2023, cómpre efectuar as seguintes correccións:

Nas páxinas 28964 e 28965, no punto cuarto.1, onde di:

«1. Profesorado que prestou servizos como interino ou substituto, pola mesma orde en que participou ou tiña dereito a participar na elección de destino no último curso, sempre que non renunciasen a unha interinidade ou substitución que se lles ofertase ou se acollesen ao previsto no punto décimo cuarto deste acordo.».

Debe dicir:

«1. Profesorado que prestou servizos como interino ou substituto, pola mesma orde en que participou ou tiña dereito a participar na elección de destino no último curso, sempre que non renunciase a unha interinidade ou substitución que se lle ofertase ou se acollese ao previsto no punto décimo quinto deste acordo.».

No punto cuarto.2, no cuarto parágrafo da páxina 28966, onde di:

«– Non se integrarán na lista para realizar interinidades ou substitucións aquelas persoas que non acudiron ao acto de presentación e aqueloutras que non se presentasen ou se retirasen na primeira ou na segunda proba, agás nos supostos previstos na base décimo segunda.3.».

Debe dicir:

«– Non se integrarán na lista para realizar interinidades ou substitucións aquelas persoas que non acudiron ao acto de presentación e aqueloutras que non se presentasen ou se retirasen na primeira ou na segunda proba, agás nos supostos previstos na base décimo terceira.2.».