Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Martes, 16 de maio de 2023 Páx. 30166

I. Disposicións xerais

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

DECRETO 43/2023, do 4 de maio, polo que se modifica o Decreto 152/2021, do 21 de outubro, polo que se regulan as condicións para o exercicio profesional das actividades de socorrismo acuático, información e primeiros auxilios nos espazos acuáticos naturais e instalacións acuáticas na Comunidade Autónoma de Galicia.

A Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, establece no seu artigo 25.2 «o municipio exercerá en todo caso como competencias propias, nos termos da lexislación do Estado e das comunidades autónomas, nas seguintes materias: […] f) Policia local, protección civil, prevención e extinción de incendios». Así mesmo, a Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia, prescribe no seu artigo 80.2 «o municipio exercerá, en todo caso, competencias nos termos da lexislación do Estado e da Comunidade Autónoma nas seguintes materias: […] a) A seguridade en lugares públicos.

O exercicio e desenvolvemento da citada competencia municipal, tanto nos espazos acuáticos naturais como nas instalacións acuáticas da nosa comunidade autónoma, leva para os concellos un gran esforzo, tanto en recursos humanos como materiais.

Coa publicación do Decreto 152/2021, do 21 de outubro, polo que se regulan as condicións para o exercicio profesional dás actividades de socorrismo acuático, información e primeiros auxilios nos espazos acuáticos naturais e instalacións acuáticas na Comunidade Autónoma de Galicia, o Goberno da Xunta de Galicia, en concordancia cos principios de cooperación, interese público e responsabilidade, marcouse como obxectivo eliminar dificultades e barreiras aos concellos á hora de exercer a competencia que lle obriga asegurar a seguridade nos lugares públicos baixo a súa responsabilidade, especialmente nas épocas de maior concorrencia de persoas como pode ser a tempada estival.

O Decreto152/2021, do 21 de outubro, regula a formación esixible do persoal profesional socorrista tanto en instalacións acuáticas como en espazos acuáticos naturais, que se basea nas cualificacións profesionais de socorrismo incluída no Catálogo nacional das cualificacións profesionais, regulada no Real decreto 1521/2007, do 16 de novembro.

As modificacións introducidas en relación coa formación, estableceron uns altos estándares de calidade e capacitación para o desenvolvemento da profesión do socorrismo e o salvamento na Comunidade Autónoma de Galicia conferindo ao sector do salvamento e socorrismo unhas melloras que inciden directamente na prestación duns servizos de calidade para todas as persoas usuarias das nosas praias. Desde a entrada en vigor do Decreto 152/2021, do 21 de outubro, inscribíronse no Rexistro Profesional do Persoal de Socorrismo, Información e Primeiros Auxilios de Galicia un total de 1.300 socorristas.

Con todo, dadas as condicións de temporalidade e penosidade que existen na Comunidade Autónoma de Galicia en tempada estival, unha gran porcentaxe das citadas inscricións non se atopan en activo. Nas últimas tempadas estivais, os concellos e as empresas concesionarias comunicaron á Dirección Xeral de Emerxencias e Interior as dificultades para cubrir todos os lugares de traballo, vistas estas circunstancias.

Así pois, e con estes datos, prevese un escenario que pon en perigo a prestación dos servizos de salvamento e socorrismo dado que, para as vindeiras tempadas estivais, non será posible asumir a demanda de traballo de socorristas en espazos acuáticos naturais e instalacións acuáticas dos concellos e das empresas concesionarias, obrigados pola normativa, a vixiar as súas praias e instalacións acuáticas.

Por iso, mantendo o alto nivel de exixencia para a prestación dos servizos, é necesario e urxente incrementar a vías de acceso ao Rexistro Profesional de Socorristas de Galicia, ante o risco certo que de non aumentalas producirase unha carencia de profesionais do sector e provocará que non se cubran os lugares de vixilancia mínimos para que as praias e instalacións acuáticas estean aseguradas convenientemente.

En consecuencia, a presente modificación incorpora novas vías de acceso ao Rexistro Profesional de Socorristas de Galicia, tanto para a sección en instalacións acuáticas como para a sección en espazos acuáticos naturais.

Unha desas novas vías de acceso, a través da realización dun curso de formación específica en socorrismo en instalacións acuáticas e espazos acuáticos naturais de 240 horas, habilita a inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas de Galicia a toda persoa maior de idade en posesión do título de graduado/a en educación secundaria obrigatoria.

Así mesmo, incorpórase ás entidades autorizadas para impartir os cursos de formación continua en materia de socorrismo, as empresas tanto públicas como privadas, que estando legalmente constituídas e figurando nos seus estatutos de constitución a formación como un dos seus obxectivos, dispoñan das instalacións, do profesorado e do material enumerado na presente modificación.

Este decreto contén un artigo único que modifica os artigos 1, 4, 14, 18, 21, 23, 24, 25, 30, a disposición adicional segunda, engade unha disposición adicional terceira, a disposición transitoria única pasa a denominarse «Disposición transitoria primeira» para engadir unha disposición transitoria segunda, e substitúe os anexos para adaptalos á nova regulación, así como unha disposición derradeira única, de entrada en vigor.

Este decreto axústase aos principios de boa regulación contidos no artigo 129 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e no artigo 37 da Lei 14/2013, do 26 de decembro, de racionalización do sector público autonómico. Respecto dos principios de necesidade e eficacia e proporcionalidade, a norma xustifícase pola necesidade de modificar as vías de acceso ao Rexistro Profesional de Socorristas de Galicia, mantendo os estándares de calidade e capacidade para o exercicio da profesión, incorporándose as modificacións adecuadas e imprescindibles para o cumprimento desta finalidade. Garántese o principio de seguridade xurídica ao introducir a regulación a través da modificación do Decreto 152/2021, do 21 de outubro, de xeito que o marco normativo resulta estable e claro, e a norma resulta coherente co resto do ordenamento xurídico. Na tramitación da norma posibilitouse a participación da cidadanía a través da publicidade no Portal de Transparencia e Goberno Aberto da Xunta de Galicia e do trámite de audiencia, garantindo os principios de transparencia e accesibilidade. Por último, en aplicación do principio de eficiencia, a iniciativa regulamentaria non introduce cargas administrativas.

Na elaboración desta norma cumpríronse as exixencias establecidas na Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, e na Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno. Foron solicitados, entre outros, informes preceptivos do Servizo Técnico-Normativo, da Asesoría Xurídica, da Dirección Xeral de Simplificación Administrativa e Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, da Secretaría Xeral de Igualdade e da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica.

En virtude do exposto, por proposta do vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, facendo uso das atribucións conferidas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, de acordo co Consello Consultivo, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día catro de maio de dous mil vinte e tres,

DISPOÑO:

Artigo único. Modificación do Decreto 152/2021, do 21 de outubro, polo que se regulan as condicións para o exercicio profesional das actividades de socorrismo acuático, información e primeiros auxilios nos espazos acuáticos naturais e instalacións acuáticas na Comunidade Autónoma de Galicia

O Decreto 152/2021, do 21 de outubro, polo que se regulan as condicións para o exercicio profesional das actividades de socorrismo acuático, información e primeiros auxilios nos espazos acuáticos naturais e instalacións acuáticas na Comunidade Autónoma de Galicia, queda modificado como segue:

Un. A letra c) do artigo 1 queda redactado como segue:

«c) As entidades que poderán realizar os cursos de formación continua, os cursos de adaptación de actividade física e deportiva ao socorrismo en instalacións acuáticas (CAFDO-IA) e en espazos acuáticos naturais (CAFDO-EAN) e o curso de formación específica de socorrismo en instalacións e espazos acuáticos naturais na Comunidade Autónoma de Galicia (CFES-IEAN). (código de procedemento PR526B)».

Dous. O artigo 4 queda redactado como segue:

«1. A acreditación da formación mínima para o exercicio da actividade de socorrismo en instalacións acuáticas, que suporá a inscrición na Sección de Socorristas en Instalacións Acuáticas, poderá obterse por calquera das seguintes vías:

a) Certificado de profesionalidade de socorrismo en instalacións acuáticas (AFDP0109), establecido polo Real decreto 711/2011, do 20 de maio, polo que se establecen tres certificados de profesionalidade da familia profesional Actividades físicas e deportivas que se inclúen no Repertorio nacional de certificados de profesionalidade e actualízase o certificado de profesionalidade establecido no Real decreto 1209/2009, do 17 de xullo.

b) Título de técnico deportivo en Salvamento e Socorrismo establecido polo Real decreto 878/2011, do 24 de xuño; título de técnico deportivo superior de Salvamento e Socorrismo, establecido polo Real decreto 879/2011, do 24 de xuño, ou calquera outro título de grao medio ou superior de formación profesional que inclúa no seu currículo os módulos formativos asociados a todas as unidades de competencia da cualificación de socorrismo en instalacións acuáticas do Catálogo de cualificacións profesionais.

c) Acreditación de superar as catro unidades de competencia da cualificación profesional de socorrismo en instalacións acuáticas, obtidas a través do procedemento que desenvolva o Real decreto 1224/2009, do 17 de xullo, de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas por experiencia profesional.

d) Acreditación de ter superados os contidos establecidos no anexo V, correspondentes ao grao en Ciencias da Actividade Física e o Deporte, ou titulación universitaria oficial equivalente.

e) Acreditación de ter superados os créditos que dan dereito á obtención do título de licenciado/a ou graduado/a en Ciencias da Actividade Física e o Deporte, exceptuando aqueles créditos que correspondan ás materias do Practicum e do traballo de fin de grado, xunto co certificado de superar o curso de adaptación da actividade física e deportiva ao socorrismo en instalacións acuáticas (CAFDO-IA), establecido no anexo I e impartido polas entidades sinaladas nos artigos 21 e 23.

f) Título de técnico superior en Ensino e Animación Sociodeportiva, establecido no Real decreto 653/2017, do 23 de xuño, polo que se establece o título de técnico superior en Ensino e Animación Sociodeportiva e se fixan os aspectos básicos do currículo, ou norma que o substitúa.

Igualmente considerarase válida a titulación de técnico superior en Animación de Actividades Físicas e Deportivas, que se obtivera baixo a anterior regulación establecida polo Real decreto 2048/1995, do 22 de decembro.

g) Acreditación de ter superados os módulos profesionais de valoración da condición física e intervención en accidentes-código 1136 e de actividades físicodeportivas individuais-código 1139, incluídos no título de técnico superior en Ensinanza e Animación Sociodeportiva, xunto co certificado de superar o curso de adaptación da actividade física e deportiva ao socorrismo en instalacións acuáticas (CAFDO-IA), establecido no anexo I e impartido polas entidades sinaladas nos artigos 21 e 23.

h) Título de técnico superior en Acondicionamento Físico establecido polo Real decreto 651/2017, do 23 de xuño, ou norma que o substitúa.

i) Acreditación de ter superados os módulos profesionais de valoración da condición física e intervención en accidentes-código 1136 e de acondicionamento físico na auga-código 1151, incluídos no título de técnico superior en Acondicionamento Físico, xunto co certificado de superar o curso de adaptación da actividade física e deportiva ao socorrismo en instalacións acuáticas (CAFDO-IA), establecido no anexo I e impartido polas entidades sinaladas nos artigos 21 e 23.

j) Título de técnico en Coidados Auxiliares de Enfermería establecido polo Real decreto 546/1995, de 7 de abril, ou calquera outro título de grao medio ou superior de formación profesional que inclúa no seu currículo a formación asociada á unidade de competencia UC2256_2 «Aplicar coidados auxiliares sanitarios especializados» do Catálogo de cualificacións profesionais, xunto co certificado de superar o curso de adaptación da actividade física e deportiva ao socorrismo en instalacións acuáticas (CAFDO-IA), establecido no anexo I e impartido polas entidades sinaladas nos artigos 21 e 23.

k) Calquera outro título de grao medio ou superior de formación profesional incluído no Catálogo nacional de ofertas de formación profesional que se estableza de conformidade co recollido no título I, artigos 11 e 12, da Lei orgánica 3/2021, do 31 de marzo, de ordenación e integración da formación profesional, que estableza na súa contorna profesional o exercicio da profesión de socorrista en instalacións acuáticas.

l) Acreditación de ter superado o curso de adaptación da actividade física e deportiva ao socorrismo en instalacións acuáticas (CAFDO-IA), establecido no anexo I e impartido polas entidades sinaladas nos artigos 21 e 23, se a persoa interesada xa se encontra inscrita na Sección de Socorristas en Espazos Acuáticos Naturais a través da formación mínima regulada no punto segundo do presente artigo.

m) Acreditación de ter superado o curso de formación específica de socorrismo en instalacións acuáticas e espazos acuáticos naturais na Comunidade Autónoma de Galicia (CFES-IEAN) establecido no anexo III e impartido polas entidades sinaladas nos artigos 21 e 23.

2. A acreditación da formación mínima para o exercicio da actividade de socorrismo en espazos acuáticos naturais, que suporá a inscrición na Sección de Socorristas en Espazos Acuáticos Naturais, poderá obterse por calquera das seguintes vías:

a) Certificado de profesionalidade de socorrismo en espazos acuáticos naturais (AFDP0209), establecido polo Real decreto 711/2011, do 20 de maio, polo que se establecen tres certificados de profesionalidade da familia profesional Actividades físicas e deportivas que se inclúen no Repertorio nacional de certificados de profesionalidade e actualízase o certificado de profesionalidade establecido no Real decreto 1209/2009, do 17 de xullo.

b) Título de técnico deportivo en Salvamento e Socorrismo establecido polo Real decreto 878/2011, do 24 de xuño; título de técnico deportivo superior de salvamento e socorrismo, establecido polo Real decreto 879/2011, do 24 de xuño, ou calquera outro título de grao medio ou superior de formación profesional que inclúa no seu currículo os módulos formativos asociados a todas as unidades de competencia da cualificación de socorrismo en instalacións acuáticas do Catálogo de cualificacións profesionais.

c) Acreditación de ter superado as catro unidades de competencia da cualificación profesional de socorrismo en espazos acuáticos naturais, obtidas a través do procedemento que desenvolva o Real decreto 1224/2009, do 17 de xullo, de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas por experiencia profesional.

d) Acreditación de ter superado os contidos establecidos no anexo V, correspondentes ao grao en Ciencias da Actividade Física e o Deporte ou titulación universitaria oficial equivalente.

e) Acreditación de ter superado os créditos que dan dereito á obtención do título de licenciado/a ou graduado/a en Ciencias da Actividade Física e o Deporte, exceptuando aqueles créditos que correspondan ás materias do Practicum e do traballo de fin de grado, xunto co certificado de superar o curso de adaptación da actividade física e deportiva ao socorrismo en espazos acuáticos naturais (CAFDO-EAN), establecido no anexo II e impartido polas entidades sinaladas nos artigos 21 e 23.

f) Título de técnico de Guía no Medio Natural e de Tempo Libre, establecido polo Real decreto 402/2020, do 25 de febreiro, ou pola norma que o substitúa.

g) Acreditación de ter superado o módulo profesional de socorrismo no medio natural-código 1337, incluído no título de técnico de Guía no Medio Natural e de Tempo Libre, xunto co certificado de superar o curso de adaptación da actividade física e deportiva ao socorrismo en espazos acuáticos naturais (CAFDO-EAN), establecido no anexo II e impartido polas entidades sinaladas nos artigos 21 e 23.

h) Acreditación de ter superados os módulos profesionais de valoración da condición física e intervención en accidentes-código 1136 e de actividades físico-deportivas individuais-código 1139, incluídos no título de técnico superior en Ensinanza e Animación sociodeportiva, xunto co certificado de superar o curso de adaptación da actividade física e deportiva ao socorrismo en espazos acuáticos naturais (CAFDO-EAN), establecido no anexo II e impartido polas entidades sinaladas nos artigos 21 e 23.

i) Acreditación de ter superados os módulos profesionais de valoración da condición física e intervención en accidentes-código 1136 e de acondicionamento físico na auga-código 1151, incluídos no título de técnico superior en Acondicionamento Físico, xunto co certificado de superar o curso de adaptación da actividade física e deportiva ao socorrismo en espazos acuáticos naturais (CAFDO-EAN), establecido no anexo II e impartido polas entidades sinaladas nos artigos 21 e 23.

j) Título de técnico en Coidados Auxiliares de Enfermería establecido polo Real decreto 546/1995, deo 7 de abril, ou calquera outro título de grao medio ou superior de formación profesional que inclúa no seu currículo a formación asociada á unidade de competencia UC2256_2 «Aplicar coidados auxiliares sanitarios especializados» do Catálogo de cualificacións profesionais, xunto co certificado de superar o curso de adaptación da actividade física e deportiva ao socorrismo en instalacións acuáticas (CAFDO-IA), establecido no anexo I e impartido polas entidades sinaladas nos artigos 21 e 23.

k) Calquera outro título de grao medio ou superior de formación profesional incluído no Catálogo nacional de ofertas de formación profesional que se estableza de conformidade co recollido no título I, artigos 11 e 12, da Lei orgánica 3/2021, do 31 de marzo, de ordenación e integración da formación profesional, que estableza na súa contorna profesional o exercicio da profesión de socorrista en instalacións acuáticas.

l) Acreditación de ter superado o curso de adaptación da actividade física e deportiva ao socorrismo en espazos acuáticos naturais (CAFDO-EAN), establecido no anexo II e impartido polas entidades sinaladas nos artigos 21 e 23, se a persoa interesada xa se encontra inscrita na Sección de Socorristas en Instalacións Acuáticas a través da formación mínima regulada no punto primeiro do presente artigo.

m) Acreditación de ter superado o curso de formación específica de socorrismo en instalacións acuáticas e espazos acuáticos naturais na Comunidade Autónoma de Galicia (CFES-IEAN) establecido no anexo III e impartido polas entidades sinaladas nos artigos 21 e 23.

Tres. O número 1 do artigo 14 queda redactado como segue:

«1. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado que figura no anexo VI do presente decreto, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal (código do procedemento PR526A)».

Catro. Os números 2, 3, 4 e 5 do artigo 18 quedan redactados como segue:

«2. As inscricións no Rexistro Profesional do Persoal Socorrista, Información e Primeiros Auxilios de Galicia deben renovarse cunha periodicidade de catro anos.

3. Para a renovación da inscrición do persoal socorrista en instalacións acuáticas (piscinas e instalacións acuáticas) e do persoal socorrista en espazos acuáticos naturais (praias e augas interiores) da Comunidade Autónoma de Galicia, deberase actualizar a formación adquirida, mediante a acreditación da realización de cursos de formación continua sobre cada un dos módulos teóricos-prácticos asociados ás unidades de competencia, recollidos nos anexos II e III do Real decreto 711/2011, do 20 de maio. A duración do curso será, como mínimo, de catro horas por cada módulo.

4. Para a renovación da inscrición do persoal auxiliar de información e primeiros auxilios en espazos acuáticos naturais deberase actualizar a formación adquirida, mediante a acreditación da realización de cursos de formación continua sobre os módulos teóricos-prácticos asociados ás unidades de competencia MF1082_2 e MF0272_2, recollidos no anexo III do Real decreto 711/2011, do 20 de maio. A duración do curso será como mínimo de catro horas por cada módulo.

5. As solicitudes de renovación da inscrición faranse no modelo normalizado que figura como anexo VI no presente decreto e cos mesmos requisitos de documentación e forma de presentación que se mencionan para as solicitudes de inscrición nos artigos 14 e 15 do presente decreto (código de procedemento PR526A).

As persoas interesadas poderán presentar a solicitude de renovación da inscrición seis meses antes da data de finalización do seu período de validez. Adiantar a renovación non comporta a perda de días de validez, xa que a renovación empeza a contar desde a data de finalización da última habilitación».

Cinco. O artigo 21 queda redactado como segue:

«A Academia Galega de Seguridade Pública, nas súas propias instalacións existentes ou ben de forma conveniada ou subcontratada, poderá impartir os cursos de formación continua de renovación da inscrición, os cursos de adaptación da actividade física e deportiva ao socorrismo en instalacións acuáticas (CAFDO-IA) e en espazos acuáticos naturais (CAFDO-EAN) e o curso de formación específica de socorrismo en instalación acuáticas e espazos acuáticos naturais na Comunidade Autónoma de Galicia (CFES-IEAN)».

Seis. O artigo 23 queda redactado como segue:

«Artigo 23. Entidades autorizadas para impartir os cursos de formación continua para a renovación da inscrición, os cursos de adaptación da actividade física e deportiva ao socorrismo en instalacións acuáticas (CAFDO-IA) e en espazos acuáticos naturais (CAFDO-EAN) e o curso de formación específica de socorrismo en instalacións acuáticas e espazos acuáticos naturais na Comunidade Autónoma de Galicia (CFES-IEAN)

1. As entidades que poderán impartir os cursos de formación continua para a renovación da inscrición, os cursos de adaptación da actividade física e deportiva ao socorrismo en instalacións acuáticas (CAFDO-IA) e en espazos acuáticos naturais (CAFDO-EAN) e o curso de formación específica de socorrismo en instalacións acuáticas e espazos acuáticos naturais na Comunidade Autónoma de Galicia (CFES-IEAN) serán as seguintes:

a) As entidades acreditadas para impartir o certificado de profesionalidade do código AFDP0109 Socorrismo en Instalacións Acuáticas e o código AFDP0209 Socorrismo en Espazos Acuáticos Naturais, conforme á normativa aplicable de Centros e Entidades de Formación para o Emprego.

b) As universidades.

c) Os centros que teñan autorizados os ensinos deportivos na modalidade de Salvamento e Socorrismo, así como aqueles que teñan autorizado algún dos seguintes títulos: técnico superior en Ensinanza e Animación Sociodeportiva, técnico superior en Acondicionamento Físico e técnico en Guía no Medio Natural e de Tempo Libre, todos eles da familia profesional de Actividades Físicas e Deportivas.

d) As entidades locais.

e) Outras entidades, escolas ou centros, sempre que estean legalmente constituídos, se é o caso, inscritos nos correspondentes rexistros oficiais, e nos seus estatutos ou na normativa reguladora da súa actividade se recolla expresamente entre os seus fins, a impartición de actividades formativas. Deberán dispoñer dunha experiencia mínima de 3 anos na formación de colectivos en materias relacionadas coa seguridade, emerxencias o socorrismo.

2. Todas as entidades indicadas para impartir os cursos aos que se refire o punto 1 deberán dispoñer das instalacións, profesorado e material específico que se enumera no anexo IV deste decreto.

Sete. O número 1 do artigo 24 queda redactado como segue:

«1. As entidades autorizadas para impartir os cursos de formación continua para a renovación da inscrición, os cursos de adaptación da actividade física e deportiva ao socorrismo en instalacións acuáticas (CAFDO-IA) e en espazos acuáticos naturais (CAFDO-EAN) e o curso de formación específica de socorrismo en instalacións acuáticas e espazos acuáticos naturais na Comunidade Autónoma de Galicia (CFES-IEAN) deberán comunicar, cunha antelación dun mes, á Academia Galega de Seguridade Pública a celebración dos cursos, sen que sexa precisa unha autorización expresa para a súa realización.

A comunicación deberá realizarse de xeito individual para cada edición dos cursos. Non poderán acumularse na solicitude dúas ou máis edicións de cada curso».

Oito. O número 1 do artigo 25 queda redactado como segue:

«1. A comunicación da realización do curso presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos, a través do formulario normalizado segundo o modelo do anexo VII dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal (código de procedemento PR526B)».

Nove. O número 2 do artigo 30 queda redactado como segue:

«2. A comunicación de finalización do curso a través do formulario normalizado segundo o modelo do anexo VIII dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia».

Dez. A disposición adicional segunda queda redactada coma segue:

«A consellería competente en materia de protección civil e emerxencias será o órgano competente para a aprobación e actualización dos modelos normalizados aplicables na tramitación dos procedementos regulados neste decreto. Unha vez aprobados, será suficiente a súa publicación na sede electrónica da Xunta de Galicia, onde estarán permanentemente accesibles para todas as persoas interesadas. No obstante, en virtude do presente decreto, apróbanse os modelos iniciais normalizados recollidos nos anexos VI, VII e VIII».

Once. Engádase unha disposición adicional terceira que queda redactada como segue:

«As persoas que ao abeiro da disposición transitoria primeira do Decreto 104/2012, do 16 de marzo, polo que se fixa a formación mínima dos socorristas acuáticos e se crea o Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia, estiveron inscritas provisionalmente no Rexistro de Socorristas Acuáticos e que na actualidade se encontran coa inscrición caducada poderán obter a formación mínima e renovar a inscrición na sección correspondente realizando un dos seguintes cursos:

a) Curso de adaptación da actividade física e deportiva para o exercicio profesional do socorrismo en instalacións acuáticas na Comunidade Autónoma de Galicia (CAFDO-IA).

b) Curso de adaptación da actividade física e deportiva para o exercicio profesional do socorrismo en espazos acuáticos naturais na Comunidade Autónoma de Galicia (CAFDO-EAN)».

Doce. A disposición transitoria única pasa a denominarse «Disposición transitoria primeira».

Trece. Engádase unha disposición transitoria segunda que queda redactada como segue:

«Disposición transitoria segunda. Prazo excepcional para a comunicación dos cursos durante o ano 2023

Durante o ano 2023, o prazo establecido para a comunicación a que se refire o artigo 24 no seu punto 1 será de dez (10) días».

Catorce. Modificase o anexo I, que será substituído polo novo anexo I.

Quince. Modifícase o anexo II, que será substituído polo novo anexo II.

Dezaseis. Modifícase o anexo III.

Dezasete. Modifícase o anexo III, que será substituído polo novo anexo IV.

Dezaoito. Modifícase o anexo IV, que será substituído polo novo anexo V.

Dezanove. Modifícase o anexo V, que será substituído polo novo anexo VI.

Vinte. Modifícase o anexo VI, que será substituído polo novo anexo VII.

Vinte e un. Modifícase o anexo VII, que será substituído polo novo anexo VIII.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Este decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, catro de maio de dous mil vinte e tres

Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente

Diego Calvo Pouso
Vicepresidente segundo e conselleiro
de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANEXO I

CURSO DE ADAPTACIÓN DA ACTIVIDADE FÍSICA E DEPORTIVA PARA O EXERCICIO PROFESIONAL DO SOCORRISMO EN INSTALACIÓNS ACUÁTICAS NA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA

CÓDIGO:

CAFDO – IA

NÚMERO DE HORAS:

185 HORAS

CÓDIGO DO MÓDULO

DENOMINACIÓN DO MÓDULO FORMATIVO

CAFDO-IA - 1

PROBA ESPECÍFICA

CAFDO-IA - 2

PREVENCIÓN DE SITUACIÓNS DE RISCO E VIXILANCIA EN INSTALACIÓNS ACUÁTICAS

CAFDO-IA - 3

INTERVENCIÓN E RESCATE EN INSTALACIÓNS ACUÁTICAS

CAFDO-IA - 4

PRIMEIROS AUXILIOS E ACTUACIÓN INICIAL EN EMERXENCIAS NAS INSTALACIÓNS ACUÁTICAS

MÓDULO FORMATIVO

Duración total en horas

CAFDO-IA - 1

PROBA ESPECÍFICA

120

CAFDO-IA - 2

PREVENCIÓN DE SITUACIÓNS DE RISCO E VIXILANCIA EN INSTALACIÓNS ACUÁTICAS

15

CAFDO-IA - 3

INTERVENCIÓN E RESCATE EN INSTALACIÓNS ACUÁTICAS

25

CAFDO-IA - 4

PRIMEIROS AUXILIOS E ACTUACIÓN INICIAL EN EMERXENCIAS NAS INSTALACIÓNS ACUÁTICAS

25

TOTAL (120 PROBA DE ACCESO +65 DE FORMACIÓN)

185

Descrición dos módulos que se deberán cursar:

MÓDULO FORMATIVO:

CAFDO-IA - 1

PROBA ESPECÍFICA

120 horas

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación:

Desenvólvese no ambiente acuático executando técnicas específicas de nado e habilidades e destrezas específicas con eficacia e seguridade.

a) Executouse a mergullo e a orientación posterior no ambiente acuático durante o desprazamento de maneira eficaz.

• Entrada na auga de pé mantendo o equilibrio e o control do corpo no aire durante o salto.

b) Realizouse o nado en apnea durante a distancia establecida, manténdose preto do chan da piscina, sen saír á superficie e mantendo a dirección da proba.

c) Mantívose a flotación durante a colocación das aletas, mantendo a orientación e utilizando cando menos unha técnica identificable.

d) Executáronse varios xiros nos diferentes eixos cada 25 metros e cada cambio de estilo durante o desprazamento na auga mantendo a flotación e a orientación, e permitindo a observación da contorna.

e) Executáronse as técnicas de crol con cabeza fóra da auga, braza completa, costas con aletas e crol con aletas, mantendo a dirección da proba, coordinando os movementos coa respiración e adaptándose ao uso do material auxiliar.

f) Mantívose a eficacia no desprazamento, a velocidade e resistencia de nado, realizando a totalidade da proba en menos de cinco minutos e trinta segundos.

Proba asociada «Combinada con aletas»:

• A persoa aspirante situada na banqueta de saída da piscina introdúcese na auga (de pé ou de cabeza, segundo a proposta do tribunal) e mergúllase ata o fondo da piscina (mínimo 1,60 metros de profundidade).

• A continuación percorre en apnea prolongada unha distancia de 15 metros.

• Ascende á superficie e completa os primeiros 25 metros nadando a estilo libre.

• Posteriormente percorre 25 metros a estilo crol coa cabeza fóra, mantendo a visión fóra da auga, a orientación e a observación da contorna.

• Seguidamente realizará 50 metros a estilo braza.

• Despois de percorridos, porá as aletas situadas nun extremo do bordo do vaso manténdose en flotación dinámica.

• Despois de colocar as aletas percorre 50 metros nadando a estilo de costas.

• Segue 50 metros nadando a estilo crol e dáse por finalizada a proba.

Condicións básicas de realización da proba de acceso: espazo e equipamentos:

Espazo: piscina de 25 m (porcentaxe de erro 10 % arriba ou abaixo) × 1,60 m de profundidade.

Equipamento e material: un par de aletas por alumno/a.

MÓDULO FORMATIVO:

CAFDO-IA - 2

PREVENCIÓN DE SITUACIÓNS DE RISCO E VIXILANCIA EN INSTALACIÓNS ACUÁTICAS

15 horas

Resultados de aprendizaxe:

• Definir e aplicar técnicas específicas de supervisión e análise do contexto de intervención para detectar factores de perigo en zonas de baño habituais en instalacións acuáticas.

• Identificar e determinar os recursos materiais tendo en conta factores de prevención, vixilancia, rescate e atención primaria á persoa, e o seu mantemento.

• Elaborar e/ou adaptar protocolos de actuación preventivos, de rescate e de evacuación segundo as tipoloxías de accidentes.

• Deseñar un protocolo de actuación a seguir en caso de condutas inadecuadas ou incorrectas por parte dos usuarios ou usuarias da instalación, ante a existencia dunha modificación das condicións de salubridade do centro acuático.

• Seleccionar a información que un centro acuático debe dar aos seus usuarios ou usuarias para mellorar a seguridade das súas actividades.

• Concienciar sobre as condutas que deben ter os usuarios ou usuarias respecto aos espazos e elementos naturais da instalación.

• Determinar as medidas que debe adoptar o socorrista ou a socorrista considerando a súa identificación permanente, a súa auto-protección e a prevención de riscos laborais.

• Definir e aplicar diferentes técnicas de comunicación e habilidades sociais relativas a diferentes usuarios ou usuarias e situacións, garantindo a seguridade e a boa convivencia.

• Definir técnicas e protocolos de vixilancia nas zonas de baño público, considerando as características da instalación acuática.

Contidos:

– Lexislación específica e relacionada co socorrismo en instalacións acuáticas:

• Leis e normativas relacionadas coa seguridade en instalacións acuáticas:

• Dereitos e deberes laborais do socorrista ou da socorrista acuático/a.

• Responsabilidade civil e penal do socorrista ou da socorrista acuático/a.

• Barreiras arquitectónicas: lexislación estatal e autonómica, factores e recursos de seguridade.

• Organización do socorrismo en instalacións acuáticas, recursos humanos e materiais en: piscinas, parques acuáticos, piscinas naturais.

– Vixilancia e prevención de accidentes en instalacións acuáticas: prevención, vixilancia, riscos laborais, protocolos de actuación e plans de emerxencia.

– Comunicación aplicada a situacións de prevención de riscos: técnicas de comunicación aplicadas a situacións de prevención de riscos, sistemas de comunicación interna e externa.

MÓDULO FORMATIVO:

CAFDO-IA - 3

INTERVENCIÓN E RESCATE EN INSTALACIÓNS ACUÁTICAS

25 horas

Unidade formativa 1: Técnicas de nado e condición física no rescate de persoas en instalacións acuáticas (10 horas).

Resultados de aprendizaxe:

– Desenvolver un programa específico de mantemento do nivel de condición física e de adestramento de técnicas de intervención eficaz do socorrista ou da socorrista en instalacións acuáticas.

– Facilitar a incorporación de novas tendencias e protocolos e plans de actuación ante emerxencias en instalacións acuáticas.

Contidos:

– Mergullo básico: nocións físicas aplicadas ao mergullo, mergullo con equipamento subacuático sinxelo: aletas, lentes e tubo, modificacións da visión.

– Acondicionamento físico do socorrista ou da socorrista: o adestramento no medio acuático; adestramento específico das técnicas de traslado en socorrismo acuático.

Unidade formativa 2: Extracción e traslado de persoas en instalacións acuáticas (15 horas).

Resultados de aprendizaxe:

– Valorar as situacións de emerxencia que poden acontecer nas diferentes instalacións acuáticas establecendo os procedementos para o rescate.

– Executar con seguridade e eficacia as manobras de entrada, aproximación, control e traslado no medio acuático, adaptándoas a diferentes situacións.

– Describir as técnicas de comunicación no trato coa persoa e/ou acompañantes en función da situación de emerxencia.

– Definir as técnicas de autocontrol ante situacións de emerxencia.

Contidos:

– Intervención no socorrismo acuático:

• Características da auga e consideracións relativas á roupa e o calzado.

• Organización do salvamento e socorrismo.

• A percepción do problema: elementos esenciais na percepción.

• A análise da situación.

• A toma de decisións.

• Execución das accións de rescate.

– Técnicas de rescate en instalacións acuáticas:

• De localización, puntos de referencia e composición de lugar.

• A utilización do material como medio auxiliar de rescate acuático: aro salvavidas, tubo de rescate, aboia torpedo.

• Técnicas de entrada na auga: con ou sen material.

• Técnicas de aproximación, contacto, traslado, e extracción do accidentado.

MÓDULO FORMATIVO:

CAFDO-IA - 4

PRIMEIROS AUXILIOS E ACTUACIÓN INICIAL EN EMERXENCIAS NAS INSTALACIÓNS ACUÁTICAS

25 horas

Resultados de aprendizaxe:

– Identificar as características da asistencia como primeiro ou primeira interveniente.

– Aplicar técnicas de valoración inicial segundo o protocolo establecido accedendo ao accidentado ou accidentada de forma oportuna e asegurando unha contorna segura.

– Aplicar técnicas de soporte vital segundo o protocolo establecido.

– Identificar os primeiros auxilios que se deben prestar para as lesións ou patoloxías máis frecuentes e aplicar as técnicas de primeiros auxilios segundo os protocolos establecidos.

– Aplicar métodos de mobilización e inmobilización que permitan a evacuación do persoa se fose necesario.

– Aplicar técnicas de apoio psicolóxico á persoa e a familiares.

– Aplicar técnicas de autocontrol ante situacións de tensións.

Contidos:

– Fundamentos dos primeiros auxilios: definición de accidente, urxencia e emerxencia; aspectos ético-legais no primeiro interveniente.

– Actuación do primeiro ou primeira interveniente: riscos na intervención; seguridade e protección durante a intervención; prevención de contaxios e enfermidades.

– Técnicas de apoio psicolóxico en primeiros auxilios: medidas, técnicas e estratexias de autocontrol emocional para superar situacións de ansiedade, agresividade, angustia, dó e tensión.

– Técnicas e manobras da primeira asistencia ao accidentado ou accidentada: reanimación cardiopulmonar (RCP) básica e obstrución da vía aérea por corpo estraño; desfibrilación precoz; intervención prehospitalaria en afogamentos e lesionados ou lesionadas medulares no medio acuático; a caixa de primeiros auxilios e a enfermaría.

– Emerxencias colectivas e catástrofes: sistemas de emerxencia; accidentes de tráfico; emerxencias colectivas e catástrofes.

ANEXO II

CURSO DE ADAPTACIÓN DA ACTIVIDADE FÍSICA E DEPORTIVA PARA O EXERCICIO PROFESIONAL DO SOCORRISMO EN ESPAZOS ACUÁTICOS NATURAIS NA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA

CÓDIGO:

CAFDO – EAN

NÚMERO DE HORAS:

190 HORAS

CÓDIGO DO MÓDULO

DENOMINACIÓN DO MÓDULO FORMATIVO

CAFDO-EAN - 1

PROBA ESPECÍFICA

CAFDO-EAN - 2

PREVENCIÓN DE SITUACIÓNS DE RISCO E VIXILANCIA EN ESPAZOS ACUÁTICOS NATURAIS

CAFDO-EAN - 3

INTERVENCIÓN E RESCATE EN ESPAZOS ACUÁTICOS NATURAIS

CAFDO-EAN - 4

PRIMEIROS AUXILIOS E ACTUACIÓN INICIAL EN EMERXENCIAS NOS ESPAZOS ACUÁTICOS NATURAIS

MÓDULO FORMATIVO

Duración total en horas

CAFDO-EAN - 1

PROBA ESPECÍFICA

120

CAFDO-EAN - 2

PREVENCIÓN DE SITUACIÓNS DE RISCO E VIXILANCIA EN ESPAZOS ACUÁTICOS NATURAIS

20

CAFDO-EAN - 3

INTERVENCIÓN E RESCATE EN ESPAZOS ACUÁTICOS NATURAIS

25

CAFDO-EAN - 4

PRIMEIROS AUXILIOS E ACTUACIÓN INICIAL EN EMERXENCIAS NOS ESPAZOS ACUÁTICOS NATURAIS

25

TOTAL (120 PROBA DE ACCESO +70 DE FORMACIÓN)

190

Descrición dos módulos que se deberán cursar:

MÓDULO FORMATIVO:

CAFDO-EAN - 1

PROBA ESPECÍFICA

120 horas

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación:

Desenvólvese no ambiente acuático executando técnicas específicas de nado e habilidades e destrezas específicas con eficacia e seguridade.

a) Executouse a mergullada e a orientación posterior no ambiente acuático durante o desprazamento de maneira eficaz.

• Entrada á auga de pé, mantendo o equilibrio e o control do corpo no aire durante o salto.

b) Realizouse o nado en apnea durante a distancia establecida, manténdose preto do chan da piscina, sen saír á superficie e mantendo a dirección da proba.

c) Mantívose a flotación durante a colocación das aletas, mantendo a orientación e utilizando cando menos unha técnica identificable.

d) Executáronse varios xiros nos diferentes eixes cada 25 metros e cada cambio de estilo durante o desprazamento na auga mantendo a flotación e a orientación, e permitindo a observación da contorna.

e) Executáronse as técnicas de crol con cabeza fóra da auga, braza completa, costas con aletas e crol con aletas, mantendo a dirección da proba, coordinando os movementos coa respiración e adaptándose ao uso do material auxiliar.

f) Mantívose a eficacia no desprazamento, a velocidade e resistencia de nado, realizando a totalidade da proba en menos de cinco minutos e trinta segundos.

Proba asociada «Combinada con aletas»:

• A persoa aspirante situada na banqueta de saída da piscina introdúcese na auga (de pé ou de cabeza, segundo a proposta do tribunal) e mergúllase ata o fondo da piscina (mínimo 1,60 metros de profundidade).

• A continuación percorre en apnea prolongada unha distancia de 15 metros.

• Ascende á superficie e completa os primeiros 25 metros nadando a estilo libre.

• Posteriormente percorre 25 metros a estilo crol coa cabeza fóra, mantendo a visión fóra da auga, a orientación e a observación da contorna.

• Seguidamente realizará 50 metros a estilo braza.

• Despois de percorridos, porá as aletas situadas nun extremo do bordo do vaso manténdose en flotación dinámica.

• Despois de colocar as aletas percorre 50 metros nadando a estilo de costas.

• Segue 50 metros nadando a estilo crol e dáse por finalizada a proba.

Condicións básicas de realización da proba de acceso: espazo e equipamentos:

Espazo: piscina de 25 m (porcentaxe de erro 10 % arriba ou abaixo) × 1,60 m de profundidade.

Equipamento e material: un par de aletas por alumno/a.

MÓDULO FORMATIVO:

CAFDO-EAN - 2

PREVENCIÓN DE SITUACIÓNS DE RISCO E VIXILANCIA EN ESPAZOS ACUÁTICOS NATURAIS

20 horas

Resultados de aprendizaxe:

– Definir e aplicar técnicas específicas de supervisión e análise do contexto de intervención para detectar factores de perigo en zonas de baño habituais en espazos acuáticos naturais.

– Identificar e determinar os recursos materiais tendo en conta factores de prevención, vixilancia, rescate e atención primaria ao accidentado ou accidentada, e o seu mantemento.

– Elaborar e/ou adaptar protocolos de actuación preventivos, de rescate e de evacuación segundo as tipoloxías de accidentes.

– Determinar as medidas que debe adoptar o socorrista ou a socorrista considerando a súa identificación permanente, a súa auto-protección e a prevención de riscos laborais.

– Definir e aplicar diferentes técnicas de comunicación e habilidades sociais relativas a diferentes usuarios ou usuarias e situacións, garantindo a seguridade e a boa convivencia.

– Formar aos usuarios e usuarias sobre as condutas que deben adoptar en canto á conservación e respecto polos espazos acuáticos naturais e a súa contorna.

– Definir técnicas e protocolos de vixilancia nas zonas de baño público, considerando as características do espazo acuático natural.

Contidos:

– Lexislación específica e relacionada co socorrismo en espazos acuáticos naturais:

• Leis e normativas relacionadas coa seguridade en espazos acuáticos naturais:

• Dereitos e deberes laborais do socorrista ou da socorrista acuático/a.

• Responsabilidade civil e penal do socorrista ou da socorrista acuático/a.

• Barreiras arquitectónicas: lexislación estatal e autonómica, factores e recursos de seguridade.

• Organización do socorrismo en espazos naturais, recursos humanos e materiais en: praias fluviais, encoros e lagos, ríos e riadas, praias de bandeira azul.

– Vixilancia e prevención de accidentes en espazos acuáticos naturais: prevención, vixilancia, riscos laborais, protocolos de actuación e plans de emerxencia.

– Comunicación aplicada a situacións de prevención de riscos: técnicas de comunicación aplicadas a situacións de prevención de riscos, sistemas de comunicación interna e externa.

– Factores ambientais, influencia na intervención do socorrista ou da socorrista en espazos acuáticos naturais: tipos de espazos e características, factores atmosféricos, factores que afectan o medio acuático, factores humanos: tipos de espazos e características; factores atmosféricos; factores que afectan o medio acuático.

MÓDULO FORMATIVO:

CAFDO-EAN - 3

INTERVENCIÓN E RESCATE EN ESPAZOS ACUÁTICOS NATURAIS

25 horas

Unidade formativa 1: Técnicas de nado e condición física no rescate de persoas en espazos acuáticos naturais (10 horas).

Resultados de aprendizaxe:

– Adaptar as habilidades, destrezas e técnicas de nado ás condicións da contorna nos diferentes espazos acuáticos naturais.

– Desenvolver un programa específico de mantemento do nivel de condición física e de adestramento de técnicas de intervención eficaz do socorrista ou da socorrista en espazos acuáticos naturais.

– Facilitar a incorporación de novas tendencias e de protocolos e plans de actuación ante emerxencias en espazos acuáticos naturais.

Contidos:

– Mergullo básico: nocións físicas aplicadas ao mergullo, mergullo con equipo subacuático sinxelo: aletas, lentes e tubo, modificacións da visión.

– Aplicación das técnicas de entrada na auga e de aproximación ao accidentado ou accidentada: sen material, con material; desde a beira; desde as embarcacións; a roupa no salvamento; os estilos de nado adaptados ao salvamento no medio natural.

– Acondicionamento físico do socorrista ou da socorrista: o adestramento no medio acuático; adestramento específico das técnicas de traslado en socorrismo acuático.

Unidade formativa 2: Extracción e traslado de persoas en espazos acuáticos naturais. (15 horas).

Resultados de aprendizaxe:

– Valorar as situacións de emerxencia que poden acontecer nos diferentes espazos acuáticos naturais establecendo os procedementos para o rescate.

– Determinar con seguridade e eficacia as técnicas de rescate desde a beira e desde as embarcacións adaptándoas ás condicións da contorna, accidente, estado da vítima e recursos humanos e materiais dispoñibles.

– Describir as técnicas de comunicación no trato co accidentado ou accidentada e/ou acompañantes en función da situación de emerxencia.

– Definir as técnicas de autocontrol ante situacións de emerxencia.

Contidos:

– Técnicas de rescate en espazos acuáticos naturais:

• De localización, puntos de referencia e composición de lugar.

• A utilización do material como medio auxiliar de rescate acuático: aro salvavidas, tubo de rescate, aboia torpedo, táboa de salvamento, moto acuática, embarcación a motor, o carrete de rescate.

• A evacuación do accidentado ou accidentada: coordinación con outros recursos.

– Manobras, tarefas e técnicas específicas nos diferentes espazos acuáticos naturais:

• Intervención do socorrista ou da socorrista acuático desde embarcacións acuáticas de rescate.

• Liñas de seguridade, balizamentos e anotación de zonas.

• Coordinación con outros recursos.

MÓDULO FORMATIVO:

CAFDO-EAN - 4

PRIMEIROS AUXILIOS E ACTUACIÓN INICIAL EN EMERXENCIAS NOS ESPAZOS ACUÁTICOS NATURAIS

25 horas

Resultados de aprendizaxe:

– Identificar as características da asistencia como primeiro ou primeira interveniente.

– Aplicar técnicas de valoración inicial segundo o protocolo establecido accedendo ao accidentado de forma oportuna e asegurando unha contorna segura.

– Aplicar técnicas de soporte vital segundo o protocolo establecido.

– Identificar os primeiros auxilios que se deben prestar para as lesións ou patoloxías máis frecuentes e aplicar as técnicas de primeiros auxilios segundo os protocolos establecidos.

– Aplicar métodos de mobilización e inmobilización que permitan a evacuación do accidentado ou accidentada se fose necesario.

– Aplicar técnicas de apoio psicolóxico ao accidentado ou accidentada e a familiares.

– Aplicar técnicas de autocontrol ante situacións de tensións.

Contidos:

– Fundamentos dos primeiros auxilios: definición de accidente, urxencia e emerxencia; aspectos ético-legais no primeiro ou primeira interveniente.

– Actuación do primeiro ou primeira interveniente: riscos na intervención; seguridade e protección durante a intervención; prevención de contaxios e enfermidades.

– Técnicas de apoio psicolóxico en primeiros auxilios: medidas, técnicas e estratexias de autocontrol emocional para superar situacións de ansiedade, agresividade, angustia, dó e tensión.

– Técnicas e manobras da primeira asistencia ao accidentado ou accidentada: RCP básica e obstrución da vía aérea por corpo estraño; desfibrilación precoz; intervención prehospitalaria en afogamentos e lesionados ou lesionadas medulares no medio acuático; a caixa de primeiros auxilios e a enfermaría.

– Emerxencias colectivas e catástrofes: sistemas de emerxencia ; accidentes de tráfico; emerxencias colectivas e catástrofes.

ANEXO III

CURSO DE FORMACIÓN ESPECÍFICA DE SOCORRISMO EN INSTALACIÓNS E ESPAZOS ACUÁTICOS NATURAIS NA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA

CÓDIGO:

CFES – IEAN

DESTINATARIOS:

PERSOAS MAIORES DE IDADE EN POSESIÓN DO TÍTULO DE GRADUADO/A EN EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA

NÚMERO DE HORAS:

240 HORAS

CÓDIGO DO MÓDULO

DENOMINACIÓN DO MÓDULO FORMATIVO

CFES-IEAN - 1

PROBA ESPECÍFICA

CFES-IEAN - 2

PREVENCIÓN DE SITUACIÓNS DE RISCO E VIXILANCIA EN INSTALACIÓNS E ESPAZOS ACUÁTICOS NATURAIS

CFES-IEAN - 3

INTERVENCIÓN E RESCATE EN INSTALACIÓNS E ESPAZOS ACUÁTICOS NATURAIS

CFES-IEAN - 4

PRIMEIROS AUXILIOS E ACTUACIÓN INICIAL EN EMERXENCIAS NAS INSTALACIÓNS E ESPAZOS ACUÁTICOS NATURAIS

MÓDULO FORMATIVO

Duración total en horas

CFESG-IEAN - 1

PROBA ESPECÍFICA

120

CFESG-IEAN - 2

PREVENCIÓN DE SITUACIÓNS DE RISCO E VIXILANCIA EN INSTALACIÓNS E ESPAZOS ACUÁTICOS NATURAIS

20

CFESG-IEAN - 3

INTERVENCIÓN E RESCATE EN INSTALACIÓNS E ESPAZOS ACUÁTICOS NATURAIS

60

CFESG-IEAN - 4

PRIMEIROS AUXILIOS E ACTUACIÓN INICIAL EN EMERXENCIAS NAS INSTALACIÓNS E ESPAZOS ACUÁTICOS NATURAIS

40

TOTAL (120 PROBA DE ACCESO + 120 DE FORMACIÓN)

240

Descrición dos módulos que se deberán cursar:

MÓDULO FORMATIVO:

CFES-IEAN - 1

PROBA ESPECÍFICA

120 horas

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación:

Desenvólvese no ambiente acuático executando técnicas específicas de nado e habilidades e destrezas específicas con eficacia e seguridade.

a) Executouse a mergullada e a orientación posterior no ambiente acuático durante o desprazamento de maneira eficaz.

• Entrada á auga de pé, mantendo o equilibrio e o control do corpo no aire durante o salto.

b) Realizouse o nado en apnea durante a distancia establecida, manténdose preto do chan da piscina, sen saír á superficie e mantendo a dirección da proba.

c) Mantívose a flotación durante a colocación das aletas, mantendo a orientación e utilizando cando menos unha técnica identificable.

d) Executáronse varios xiros nos diferentes eixes cada 25 metros e cada cambio de estilo durante o desprazamento na auga mantendo a flotación e a orientación, e permitindo a observación da contorna.

e) Executáronse as técnicas de crol con cabeza fóra da auga, braza completa, costas con aletas e crol con aletas, mantendo a dirección da proba, coordinando os movementos coa respiración e adaptándose ao uso do material auxiliar.

f) Mantívose a eficacia no desprazamento, a velocidade e resistencia de nado, realizando a totalidade da proba en menos de cinco minutos e trinta segundos.

Proba asociada «Combinada con aletas»:

• A persoa aspirante situada na banqueta de saída da piscina introdúcese na auga (de pé ou de cabeza, segundo a proposta do tribunal) e mergúllase ata o fondo da piscina (mínimo 1,60 metros de profundidade).

• A continuación percorre en apnea prolongada unha distancia de 15 metros.

• Ascende á superficie e completa os primeiros 25 metros nadando a estilo libre.

• Posteriormente percorre 25 metros a estilo crol coa cabeza fóra, mantendo a visión fóra da auga, a orientación e a observación da contorna.

• Seguidamente realizará 50 metros a estilo braza.

• Despois de percorridos, porá as aletas situadas nun extremo do bordo do vaso manténdose en flotación dinámica.

• Despois de colocar as aletas percorre 50 metros nadando a estilo de costas.

• Segue 50 metros nadando a estilo crol e dáse por finalizada a proba.

Condicións básicas de realización da proba de acceso: espazo e equipamentos:

Espazo: piscina de 25 m (porcentaxe de erro 10 % arriba ou abaixo) × 1,60 m de profundidade.

Equipamento e material: un par de aletas por alumno/a.

MÓDULO FORMATIVO:

CFES-IEAN – 2

PREVENCIÓN DE SITUACIÓNS DE RISCO E VIXILANCIA EN INSTALACIÓNS E ESPAZOS ACUÁTICOS NATURAIS

20 horas

Resultados de aprendizaxe:

– Definir e aplicar técnicas específicas de supervisión e análise do contexto de intervención para detectar factores de perigo en zonas de baño habituais en instalacións e espazos acuáticos naturais.

– Identificar e determinar os recursos materiais tendo en conta factores de prevención, vixilancia, rescate e atención primaria á persoa accidentada, e o seu mantemento.

– Elaborar e/ou adaptar protocolos de actuación preventivos, de rescate e de evacuación segundo as tipoloxías de accidentes.

– Deseñar un protocolo de actuación a seguir en caso de condutas inadecuadas ou incorrectas por parte dos usuarios ou usuarias da instalación, ante a existencia dunha modificación das condicións de salubridade do centro acuático.

– Seleccionar a información que un centro acuático debe dar aos seus usuarios ou usuarias para mellorar a seguridade das súas actividades.

– Concienciar sobre as condutas que deben ter os usuarios ou usuarias respecto aos espazos e elementos naturais da instalación.

– Determinar as medidas que debe adoptar o socorrista ou a socorrista considerando a súa identificación permanente, a súa auto-protección e a prevención de riscos laborais.

– Definir e aplicar diferentes técnicas de comunicación e habilidades sociais relativas a diferentes usuarios ou usuarias e situacións, garantindo a seguridade e a boa convivencia.

– Definir técnicas e protocolos de vixilancia nas zonas de baño público, considerando as características da instalación acuática e do espazo acuático natural.

– Formar aos usuarios e usuarias sobre as condutas que deben adoptar en canto á conservación e respecto polos espazos acuáticos naturais e a súa contorna.

Contidos:

– Lexislación específica e relacionada co socorrismo en instalacións e espazos acuáticos naturais:

• Leis e normativas relacionadas coa seguridade en instalacións e espazos acuáticos naturais:

• Dereitos e deberes laborais do socorrista ou da socorrista acuático/a.

• Responsabilidade civil e penal do socorrista ou da socorrista acuático/a.

• Barreiras arquitectónicas: lexislación estatal e autonómica, factores e recursos de seguridade.

• Organización do socorrismo en instalacións acuáticas, recursos humanos e materiais en: piscinas, parques acuáticos, piscinas naturais.

– Organización do socorrismo en espazos acuáticos naturais, recursos humanos e materiais en: praias fluviais, encoros e lagos, ríos e riadas, praias marítimas, praias con bandeira azul.

– Vixilancia e prevención de accidentes en instalacións e espazos acuáticos naturais: prevención, vixilancia, riscos laborais, protocolos de actuación e plans de emerxencia.

– Comunicación aplicada a situacións de prevención de riscos: técnicas de comunicación aplicadas a situacións de prevención de riscos, sistemas de comunicación interna e externa.

– Factores ambientais, influencia na intervención do socorrista ou da socorrista en espazos acuáticos naturais: tipos de espazos e características, factores atmosféricos, factores que afectan o medio acuático, factores humanos.

MÓDULO FORMATIVO:

CFES-IEAN - 3

INTERVENCIÓN E RESCATE EN INSTALACIÓNS E ESPAZOS ACUÁTICOS NATURAIS

60 horas

Unidade formativa 1: Técnicas de nado e condición física no rescate de persoas en instalacións acuáticas (10 horas).

Resultados de aprendizaxe:

– Desenvolver un programa específico de mantemento do nivel de condición física e de adestramento de técnicas de intervención eficaz do socorrista ou da socorrista en instalacións acuáticas.

– Facilitar a incorporación de novas tendencias e protocolos e plans de actuación ante emerxencias en instalacións acuáticas.

Contidos:

– Mergullo básico: nocións físicas aplicadas ao mergullo, mergullo con equipo subacuático sinxelo: aletas e lentes.

– Acondicionamento físico do socorrista ou da socorrista: o adestramento no medio acuático; adestramento específico das técnicas de nado e traslado en socorrismo acuático.

– Adestramento específico adaptado aos elementos das instalacións acuáticas: corcheiras.

Unidade formativa 2: Traslado e extracción de persoas en instalacións acuáticas (20 horas).

Resultados de aprendizaxe:

– Valorar as situacións de emerxencia que poden acontecer nas diferentes instalacións acuáticas establecendo os procedementos para o rescate.

– Executar con seguridade e eficacia as manobras de entrada, aproximación, control, traslado e extracción no medio acuático, adaptándoas a diferentes situacións da persoa e da contorna.

– Describir as técnicas de comunicación no trato coa persoa e/ou acompañantes en función da situación de emerxencia.

– Definir as técnicas de autocontrol ante situacións de emerxencia.

Contidos:

– Organización do salvamento e socorrismo.

– Técnicas de rescate en instalacións acuáticas:

• Localización da persoa en superficie, entre augas, no fondo.

• Técnicas de entrada na auga: con ou sen material.

• Técnicas de aproximación, control, traslado, e extracción da persoa con ou sen material.

• A utilización do material como medio auxiliar de rescate acuático: corcheiras, material auxiliar de flotabilidade, aro salvavidas, tubo de rescate, taboleiro espiñal de inmobilización.

Unidade formativa 3: Técnicas de nado e condición física no rescate de persoas en espazos acuáticos naturais (10 horas).

Resultados de aprendizaxe:

– Adaptar as habilidades, destrezas e técnicas de nado ás condicións da contorna nos diferentes espazos acuáticos naturais.

– Desenvolver un programa específico de mantemento do nivel de condición física e de adestramento de técnicas de intervención eficaz do socorrista ou da socorrista en espazos acuáticos naturais.

– Facilitar a incorporación de novas tendencias e protocolos e plans de actuación ante emerxencias en espazos acuáticos naturais.

Contidos:

– Mergullo básico: nocións físicas aplicadas ao mergullo, mergullo con equipo subacuático sinxelo: aletas, lentes e tubo, modificacións da visión.

– Aplicación das técnicas de entrada na auga e de aproximación á persoa accidentada: sen material, con material; desde a beira; desde as embarcacións; os estilos de nado adaptados ao salvamento no medio natural.

– Acondicionamento físico do socorrista ou da socorrista: o adestramento no medio acuático; adestramento específico das técnicas de traslado en socorrismo acuático.

Unidade formativa 4: Traslado e extracción de persoas en espazos acuáticos naturais (20 horas).

Resultados de aprendizaxe:

– Valorar as situacións de emerxencia que poden acontecer nos diferentes espazos acuáticos naturais establecendo os procedementos para o rescate.

– Determinar con seguridade e eficacia as técnicas de rescate desde a beira e desde as embarcacións adaptándoas ás condicións da contorna, o accidente, ao estado da persoa e os recursos humanos e materiais dispoñibles.

– Describir as técnicas de comunicación no trato co accidentado ou accidentada e/ou acompañantes en función da situación de emerxencia.

– Definir as técnicas de autocontrol ante situacións de emerxencia.

Contidos:

– Organización do salvamento e socorrismo.

– Técnicas de rescate en instalacións acuáticas:

• De localización, puntos de referencia e composición de lugar.

• A utilización do material como medio auxiliar de rescate acuático: aro salvavidas, tubo de rescate, boia torpedo, taboleiro espiñal de inmobilización, táboa de salvamento, moto acuática, embarcación a motor, carrete ou liña de vida con chaleco de rescate.

• Sinais visuais de comunicación entre os socorristas.

• A evacuación da persoa accidentada: coordinación con outros recursos.

– Manobras, tarefas e técnicas específicas nos diferentes espazos acuáticos naturais:

• Intervención do socorrista ou da socorrista acuático/a desde embarcacións acuáticas de rescate.

• Liñas de seguridade, balizamentos e sinalización preventiva de espazos.

• Coordinación con outros recursos.

MÓDULO FORMATIVO:

CFES-IEAN – 4

PRIMEIROS AUXILIOS, ACTUACIÓN INICIAL EN EMERXENCIAS, REANIMACIÓN CARDIOPULMONAR, SOPORTE VITAL BÁSICO E USO DE DESFIBRILADORES EXTERNOS NAS INSTALACIÓNS E ESPAZOS ACUÁTICOS NATURAIS

40 horas

Unidade formativa 1: Primeiros auxilios e actuación inicial en emerxencias nas instalacións e espazos acuáticos naturais (35 horas).

Resultados de aprendizaxe:

– Identificar as características da asistencia como primeiro ou primeira interveniente.

– Aplicar técnicas de valoración inicial segundo o protocolo establecido accedendo á persoa accidentada de forma oportuna e procurando unha contorna segura.

– Aplicar técnicas de soporte vital segundo o protocolo establecido.

– Identificar as lesións ou patoloxías máis frecuentes e aplicar as técnicas de primeiros auxilios segundo os protocolos establecidos.

– Aplicar métodos de mobilización e inmobilización que permitan a evacuación segura da persoa se fose necesario.

– Aplicar técnicas de apoio psicolóxico á persoa e a familiares.

– Aplicar técnicas de autocontrol ante situacións de tensión.

Contidos:

– Fundamentos dos primeiros auxilios. Competencias profesionais do persoal socorrista en instalacións e espazos acuáticos naturais.

– Actuación do primeiro ou primeira interveniente: riscos na intervención; seguridade e protección durante a intervención; prevención de contaxios e enfermidades.

– Técnicas, manobras de primeira asistencia e primeiros auxilios á persoa accidentada: feridas, picaduras, contusións, escordaduras, luxacións, fracturas, queimaduras, hemorraxias, síncopes, revisión primaria e secundaria do paciente traumatizado, afogamento.

– Composición da botica de primeiros auxilios e dotación de posto de primeiros auxilios ou enfermaría.

– Técnicas de apoio psicolóxico en primeiros auxilios: medidas, técnicas e estratexias de autocontrol emocional para superar situacións de ansiedade, agresividade, angustia, dó e tensión.

– Emerxencias colectivas e catástrofes: sistemas de emerxencia; accidentes de tráfico; emerxencias colectivas e catástrofes.

Unidade formativa 2: Reanimación cardiopulmonar, soporte vital básico e uso de desfibriladores externos en instalacións e espazos acuáticos naturais (5 horas).

Resultados de aprendizaxe:

– Iniciar a cadea de supervivencia, incluíndo unha adecuada interacción co sistema de emerxencias.

– Recoñecer de forma rápida unha parada cardiorrespiratoria.

– Aplicar as técnicas de permeabilización da vía aérea, incluíndo as medidas iniciais ante a obstrución por un corpo estraño (atragoamento).

– Realizar unha reanimación cardiopulmonar de alta calidade.

– Utilizar o desfibrilador dunha maneira eficaz e segura.

Contidos:

– Concepto de cadea de supervivencia.

– A parada cardiorrespiratoria (en adiante PCR).

– Importancia da desfibrilación precoz e a RCP de alta calidade.

– PCR de orixe cardíaca (fibrilación ventricular, taquicardia ventricular e asistolia).

– Signos e síntomas da PCR.

– Algoritmos de actuación en soporte vital básico (SVB).

– Manexo de instrumental básico para a vía aérea (balón de resucitación, cánulas orofarínxeas e oxíxeno).

– Desobstrución da vía aérea por un corpo estraño (OVACE).

– Descrición do desfibrilador: compoñentes, obxectivo do seu funcionamento e modo seguro de utilización.

– Algoritmos de actuación en soprte vital básico (SVB)+ desfribilador externa automático (DEA).

– Resolución de problemas máis frecuentes.

ANEXO IV

OBSERVACIÓNS DE CARÁCTER XERAL PARA ANEXO I, ANEXO II E ANEXO III

CURSO DE ADAPTACIÓN DA ACTIVIDADE FÍSICA E DEPORTIVA PARA O EXERCICIO PROFESIONAL DO SOCORRISMO EN INSTALACIÓNS ACUÁTICAS NA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA (CAFDO-IA)

CURSO DE ADAPTACIÓN DA ACTIVIDADE FÍSICA E DEPORTIVA PARA O EXERCICIO PROFESIONAL DO SOCORRISMO EN ESPAZOS ACUÁTICOS NATURAIS NA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA (CAFDO-EAN)

CURSO DE FORMACIÓN ESPECÍFICA DE SOCORRISMO EN INSTALACIÓN E ESPAZOS ACUÁTICOS NATURAIS NA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA (CFES-IEAN)

I. REQUISITOS DE FORMACIÓN DE PROFESORADO:

Para os cursos CAFDO-IA, CAFDO-EAN e CFES-IEAN, o profesorado deberá acreditar como mínimo a seguinte experiencia docente ou actividade no ámbito deportivo e laboral:

Experiencia docente acreditable

Actividade no ámbito deportivo e laboral

Polo menos 100 horas de docencia acreditada en formación de adestradores/as nos niveis 1, 2 ou 3 de salvamento e socorrismo nas formacións ás que se refiren as disposicións adicional quinta e transitoria primeira do Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro, e a disposición transitoria primeira do Real decreto 1913/1997, do 19 de decembro

Polo menos dous anos de exercicio deportivo-laboral relacionado cos resultados de aprendizaxe e contidos do módulo, realizado nos catro anos inmediatamente anteriores ao nomeamento

II. REQUISITOS MÍNIMOS DE ESPAZOS, INSTALACIÓNS E EQUIPAMENTOS:

a) Cursos CAFDO-IA e CAFDO-EAN:

Espazo formativo

Superficie m2 15 alumnos/as

Superficie m2 25 alumnos/as

Aula polivalente

60

100

Piscina climatizada de 25 m de anchura (porcentaxe de erro 10 % arriba o abaixo) e 1,60 m de profundidade na parte máis profunda

120

120

Espazo acuático natural con zona de baño público

Espazo formativo

Equipamento mínimo

Aula polivalente

– Mesa e cadeira para o/a formador/a; mesas e cadeiras para os/as alumnos/as; lousa; equipamentos audiovisuais; computador con acceso a internet; canón de proxección

Materiais para prácticas docentes

– Manequíns de reanimación cardiopulmonar básica (modelo adulto) con balón resucitador en número suficiente, co ratio mínimo de 1 unidade por cada 8 alumnos ou alumnas

– Manequíns de reanimación cardiopulmonar básica (modelo pediátrico) en número suficiente

– Desfibriladores externos semiautomáticos de adestramento en número suficiente

– Material de inmobilización e mobilización

– Material de cura

– Desfibrilador externo semiautomático

– Material de salvamento e socorrismo

– Material de rescate

– Material de comunicación

b) Curso CFES-IEAN:

Espazo formativo

Superficie m2 15 alumnos/as

Superficie m2 25 alumnos/as

Aula polivalente

60

100

Piscina climatizada de 25 m de anchura (porcentaxe de erro 10 % arriba o abaixo) e 1,60 m de profundidade na parte máis profunda

120

120

Espazo acuático natural con zona de baño público

Espazo formativo

Equipamento mínimo

Aula polivalente

– Mesa e cadeira para o/a formador/a; mesas e cadeiras para os/as alumnos/as; lousa; equipamentos audiovisuais; computador con acceso a internet; canón de proxección

Materiais para prácticas docentes

– Manequíns de reanimación cardiopulmonar básica (modelo adulto) con balón resucitador en número suficiente, co ratio mínimo de 1 unidade por cada 8 alumnos ou alumnas

– Manequíns de reanimación cardiopulmonar básica (modelo pediátrico) en número suficiente

– Desfibriladores externos semiautomáticos de adestramento en número suficiente

– Chalecos de desobstrución de vía aérea en número suficiente

– Torniquetes para o control de hemorraxias externas en número suficiente

– Material de cura en número suficiente.

– Taboleiros espiñais acuáticos con sistemas de inmobilización co ratio mínimo de 1 unidade completa por cada 10 alumnos ou alumnas

– Tubos de rescate co ratio mínimo de 1 unidade por cada 2 alumnos ou alumnas

– Táboas de rescate co ratio mínimo de 1 unidade por cada 10 alumnos ou alumnas

– 1 bolsa de rescate por cada 4 alumnos

– Material de rescate en número suficiente

– Material de comunicación en número suficiente

As entidades promotoras das devanditas formacións poderán establecer convenios de colaboración co fin de que os ensinos dos módulos formativos póidanse ofertar nun centro ou instalación, e o resto dos ensinos noutro centro ou instalación diferente, a condición de que reúna os requisitos mínimos esixidos.

III. EQUIVALENCIA DOS MÓDULOS:

a) As persoas que acrediten mediante o oportuno certificado a realización dos módulos formativos CAFDO-IA-1, Proba específica, e CAFDO-IA-4, Primeiros auxilios e actuación inicial en emerxencias nas instalacións acuáticas, do Curso de adaptación da actividade física e deportiva para o exercicio profesional do socorrismo en instalacións acuáticas na Comunidade Autónoma de Galicia, terán validados os módulos CAFDO-EAN-1, Proba específica, e CAFDO-EAN-4, Primeiros auxilios e actuación inicial en emerxencias nos espazos acuáticos naturais, do Curso de adaptación da actividade física e deportiva para o exercicio profesional do socorrismo en espazos acuáticos naturais na Comunidade Autónoma de Galicia.

b) As persoas que acrediten mediante o oportuno certificado a realización dos módulos formativos CAFDO-EAN-1, Proba específica, e CAFDO-EAN-4, Primeiros auxilios e actuación inicial en emerxencias nos espazos acuáticos naturais, do Curso de adaptación da actividade física e deportiva para o exercicio profesional do socorrismo en espazos acuáticos naturais na Comunidade Autónoma de Galicia terán validados os módulos CAFDO-IA-1, Proba específica, e CAFDO-IA-4, Primeiros auxilios e actuación inicial en emerxencias nas instalacións acuáticas, do Curso de adaptación da actividade física e deportiva para o exercicio profesional do socorrismo en instalacións acuáticas na Comunidade Autónoma de Galicia.

c) As entidades que realicen a formación serán as encargadas de comprobar a dita validación, atendendo aos contidos establecidos respectivamente nos anexos I e II deste decreto.

IV. FALTAS DE ASISTENCIA:

1. A asistencia ás clases e actividades comprendidas no programa dos cursos é obrigatoria. As faltas que as/os alumnas/os acumulen deberán xustificarse debidamente.

2. A/o alumna/o que, por enfermidade ou algunha outra causa xustificada, perda máis do 10 % das clases do curso de formación será declarado/a non apto/a.

ANEXO V

Contido mínimo correspondente ao grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte ou titulación universitaria

Tema

Subtema

1. A prevención de accidentes na actividade física e a educación. Instalacións e espazos acuáticos naturais

1.1. Prevención de accidentes en espazos acuáticos naturais

1.2. Prevenciaón de accidentes ou situacións de emerxencia en instalacións acuáticas, velando pola seguridade dos usuarios

2. Socorrismo, primeiros auxilios e as Ciencias do Deporte

2.1. Primeiro intervinte ante incidentes en contornas acuáticas. Condutas de autoseguridade. PAS

2.2. Graos do afogado

2.3. Valoración primaria

2.4. Reanimación cardiopulmonar

2.5. Obstrución de vía aérea

2.6. Tratamento do paciente traumático

2.7. Primeiros auxilios básicos para socorristas e primeiros intervenientes

3. Socorrismo acuático

3.1. Rescate de persoas en espazos acuáticos naturais

3.2. Rescate de persoas en caso de accidente ou situación de emerxencia en instalacións acuáticas

4. Didáctica do socorrismo

4.1. Proceso de ensino-aprendizaxe das técnicas de natación adaptadas ao socorrismo
4.2. Proceso de ensino-aprendizaxe dos mecanismos de prevención
4.3. Proceso de ensino-aprendizaxe dás técnicas de rescate
4.4. Proceso de ensino-aprendizaxe dos primeiros auxilios

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file