Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Venres, 19 de maio de 2023 Páx. 30698

III. Outras disposicións

Axencia Tributaria de Galicia

RESOLUCIÓN do 3 de maio de 2023 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre do ano 2023.

En virtude do establecido no artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno,

DISPOÑO:

Artigo único

Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Axencia Tributaria de Galicia nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2023, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 3 de maio de 2023

Mª Victoria González Vázquez
Directora da Axencia Tributaria de Galicia

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Axencia Tributaria de Galicia (Atriga) nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2023

Convenio

Achega da consellería (€)

Data de sinatura

Convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria de Galicia e o Concello de Coles en materia de recadación en vía executiva

Sen achega económica

24.2.2023

Addenda e prórroga do convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria de Galicia e o Concello de Noia en materia de recadación en vía executiva

Sen achega económica

28.4.2023