Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Venres, 19 de maio de 2023 Páx. 30739

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 8 de maio de 2023 pola que se modifica a composición do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo de estabilización para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de arquitectos.

Advertido un erro na resolución publicada no Diario Oficial de Galicia número 93, do 16 de maio de 2023, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 30447, onde di: «Segundo. Nomear no seu lugar como vogal titular do dito tribunal a Eduardo Suárez Campo, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1», debe dicir: «Segundo. Nomear no seu lugar, como vogal suplente do dito tribunal, a Eduardo Suárez Campo, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1».