Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Venres, 19 de maio de 2023 Páx. 30798

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Pública Galega para a Tutela de Persoas Adultas

ANUNCIO do 24 de abril de 2023 polo que se dá publicidade á exposición das listaxes provisionais das persoas aspirantes admitidas e excluídas do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso nos grupos II e III, categoría 62, de persoal laboral fixo desta fundación (Diario Oficial de Galicia número 248, do 30 de decembro de 2022).

En cumprimento do establecido no punto I.4 das bases da convocatoria, anúnciase que na páxina web da Funga (https://www.funga.org) está publicada a Resolución do 24 de abril de 2023, pola que se aproban as listaxes provisionais de persoas aspirantes admitidas e excluídas.

Santiago de Compostela, 24 de abril de 2023

Juan José Couce Prego
Director xerente da Fundación Pública Galega
para a Tutela de Persoas Adultas