Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Venres, 19 de maio de 2023 Páx. 30792

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Muros

ANUNCIO de publicación de procedementos selectivos.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 77, do 24 de abril de 2023, publicáronse as bases que rexerán cada unha das convocatorias dos procedementos selectivos correspondentes ás prazas da oferta pública de emprego do Concello de Muros do ano 2022.

O prazo para a presentación de instancias será de vinte días hábiles, contados desde a publicación da convocatoria no BOE.

Muros, 24 de abril de 2023

María Inés Monteagudo Romero
Alcaldesa