Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Venres, 19 de maio de 2023 Páx. 30795

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Touro

ANUNCIO do extracto da convocatoria dunha praza de funcionario/a de carreira da escala de Administración xeral, subescala auxiliar administrativa, incluída na oferta de emprego público de 2021.

O 18.5.2022, a Xunta de Goberno local aprobou as bases para cubrir unha praza de auxiliar administrativo, incluída na oferta de emprego público de 2021.

O 31.1.2023, a Xunta de Goberno local aprobou a modificación da base 4 das bases que rexen a convocatoria.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 37, do 23 de febreiro de 2023, publicáronse integramente as bases que regularán a convocatoria para promover unha praza de auxiliar administrativo, pertencente ao persoal funcionario de carreira, encadrada na escala de Administración xeral, subescala auxiliar administrativa, grupo C2, a través do proceso selectivo de concurso-oposición.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases da convocatoria.

Touro, 25 de abril de 2023

Ignacio Codesido Barreiro
Alcalde