Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Venres, 19 de maio de 2023 Páx. 30764

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 25 de abril de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Camariñas (expediente-e IN407A 2022/381-1).

Expediente-e: IN407A 2022/381-1.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: reforma da LMT VIM804 Parque Empresarial Ponte do Porto, no lugar da Ponte do Porto.

Concello: Camariñas.

Feitos:

1. O día 9 de novembro de 2022, a empresa promotora solicita ante esta xefatura territorial a autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción da dita instalación de distribución eléctrica, co fin de reformar a liña de media tensión aérea LMT VIM804, procedente da subestación Vimianzo, por solicitude da Xunta de Compensación Sector Solo Urbanizable UDI B1 Ponte do Porto. Proxéctase o desmantelamento dun treito que sobrevoa a zona de actuación.

Achegan o proxecto que inclúe memoria, planos e orzamento, ao abeiro do artigo 123 do Real decreto 1955/2000, que abrangue os seguintes documentos:

– Proxecto de execución denominado: reforma LMT VIM804 Parque Empresarial Ponte do Porto, asinado o 19 de xaneiro de 2023 por Pedro Tizón Barro. Segundo consta nesta xefatura territorial, a especialidade do proxectista acreditouse mediante a certificación emitida polo Coeticor o 19 de xaneiro de 2023, en que se sinala que Pedro Tizón Barro é enxeñeiro técnico industrial e posúe a especialidade en Electricidade, con número colexial 3.270 da Coruña.

– Anexo: asinado o 4 de novembro de 2022 por Javier Fernández Mitre, enxeñeiro industrial con número colexial 15.670 de Madrid.

2. O proxecto non se someteu ao trámite de información pública, segundo o artigo 50 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

3. Consonte os artigos 127.1 e 127.2 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, déuselles traslado ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectadas dunha separata do proxecto, na parte en que a instalación poida prexudicar bens e dereitos ao seu cargo, que contén as características da instalación e a documentación cartográfica correspondente. Solicitóuselles o preceptivo informe ao Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI)-Xefatura Territorial da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Coruña; a Augas de Galicia (Zona Hidrográfica Galicia Norte)-Xefatura Territorial da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Coruña; á Deputación da Coruña e ao Concello de Camariñas. A empresa promotora manifestou a súa conformidade co condicionado establecido polo organismo afectado, a saber, AXI. No día desta resolución, non consta no expediente resposta dos organismos afectados, é dicir, Augas de Galicia, Deputación e Concello, á solicitude dos condicionados solicitados.

4. Con data do 10.4.2023 emitiuse o informe técnico.

Consideracións legais e técnicas:

1. O xefe territorial é competente para resolver este expediente segundo o establecido no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, no Decreto 73/2022, do 25 de maio, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia, e no Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación.

2. A lexislación que se aplica neste expediente é a que a seguir se relaciona:

– A Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

– O Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

– O Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

– O Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

– O Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

– A Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).

3. As características técnicas da instalación son as que a seguir se describen:

– Actuación 1: retensado do treito da LMTA a 20 kV de 113 metros, condutor tipo LA-110 Al, coa orixe no apoio número 83 existente tipo HV-12/1500 da LMT VIM804, no treito entre a derivada aos CC.TT. Figaredo e Braño (expediente 110/03) e a derivada ao CT Curros Ponte do Porto (expediente IN407A 06/274) e remate no apoio número 86 proxectado, tipo C-14/3000 con PA/S. O apoio 86 será un dos extremos da liña soterrada proxectada. Retirada do apoio nº 86 existente tipo HV-400-11.

– Actuación 2: retensado do treito da LMTA a 20 kV de 363 metros, condutor tipo LA-110 Al, coa orixe no novo apoio número 87 proxectado, tipo C-14/4500 con PA/S que substituirá o existente da LMT VIM804, onde, na actualidade, se realiza a derivación ao CT Curros Ponte do Porto (expediente IN407A 06/274) e remate no apoio existente número 90, tipo C-12/3000 da LMT VIM804, no treito entre a derivada ao CT Curros Ponte do Porto (expediente IN407A 06/274) e a derivada ao CT A Grixa (15XWD8). Retirarase un apoio próximo ao apoio 87 proxectado tipo HV-400/13.

– Desmantelamento do treito da LMTA a 20 kV de 259 metros, condutor tipo LA-110 Al da LMT VIM804 procedente da subestación Vimianzo, coa orixe no apoio número 86 proxectado e remate no apoio número 87 que se vai substituír. Os novos apoios número 86 e 87 serán o inicio e o remate da LMTS do Parque Empresarial Ponte do Porto, tramitada no expediente IN407A 2018/167-1.

– Desmantelamento do treito de alimentación ao CT Curros Ponte do Porto (expediente IN407A 06/274) que parte do apoio número 87 mediante un van en condutor de tipo LA-30, cunha lonxitude de 62 m. Este CT quedará anelado á LMTS do Parque Empresarial Ponte do Porto tramitada no expediente IN407A 2018/167-1.

4. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o sinalado,

RESOLVO:

a) Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción á dita instalación de distribución eléctrica indicada.

b) A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

c) Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante esta xefatura territorial unha solicitude á cal xuntará a seguinte documentación:

– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.

– Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.

– Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

d) Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.

Mediante este documento notifícaselle á empresa promotora esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

A Coruña, 25 de abril de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña