Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Martes, 23 de maio de 2023 Páx. 31214

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Carballeda de Avia

ANUNCIO das bases da convocatoria para a provisión dunha praza de persoal laboral fixo a tempo parcial, categoría limpador/a, polo sistema de concurso, correspondente ao procedemento especial de estabilización de traballo temporal.

No Boletín Oficial da provincia de Ourense, número 299, do 31 de decembro de 2022, e na sede electrónica do Concello publícanse íntegramente as bases que rexerán a convocatoria para a provisión dunha praza de limpador/a, persoal laboral fixo, a tempo parcial, polo sistema de concurso, incluída na oferta de emprego de 2022, publicada no BOP número 120, do 27 de maio de 2022, e no DOG número 102, do 30 de maio de 2022.

O prazo para presentar as instancias será de vinte días naturais, contados desde a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE), tal como establecen as bases da convocatoria.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nelas.

Carballeda de Avia, 10 de maio de 2023

O alcalde
P.D. (Decreto da Alcaldía do 2 de xullo de 2019)
Noemí Alonso Cubo
Concelleira delegada de Persoal