Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Mércores, 24 de maio de 2023 Páx. 31236

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 12 de maio de 2023 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 11 de maio de 2023, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

A aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia xustifícase polas razóns indicadas no punto primeiro do acordo.

En consecuencia, por proposta da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e unha vez consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa de Negociación e na Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 11 de maio de 2023, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar a modificación da relación de postos de traballo da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia nos termos que se sinalan no anexo a este acordo, como consecuencia das súas necesidades funcionais e organizativas actuais.

Segundo. Clasificar de libre designación o posto que a seguir se relaciona en aplicación do criterio de excepcionalidade que se indica, de conformidade co previsto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e co disposto na Resolución do 25 de febreiro de 2016, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se ditan instrucións para a tramitación de relacións de postos de traballo e a determinación dos criterios de excepcionalidade e funcións que definen as características que motivan a especial responsabilidade ou cualificación profesional dos postos de traballo de libre designación, de nivel 28 ou inferior, da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia:

Código do posto

Denominación

Criterio

PX.A11.00.005.15770.118

XERENTE DE PROXECTOS

Especial responsabilidade por garantir a protección de datos persoais

Terceiro. Ordenar a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 11 de maio de 2023, relativo á aprobación da relación de postos de traballo da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, coa finalidade de cumprir o dito acordo, de conformidade coa Orde da Consellería de Facenda do 8 de xaneiro de 2020 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 16, do 24 de xaneiro), dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 12 de maio de 2023

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde 8.1.2020)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

missing image file
missing image file