Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Mércores, 24 de maio de 2023 Páx. 31334

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

ANUNCIO do 5 de maio de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican diversos expedientes sancionadores por infraccións das persoas traballadoras ou asimiladas, beneficiarias e solicitantes de prestacións por desemprego.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), co contido sinalado no artigo 46 da mesma lei, e a súa eficacia quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Polo anterior, e logo de intentar a notificación persoal no domicilio que consta nos nosos arquivos, notifícanselles ás persoas traballadoras ou asimiladas, beneficiarias e solicitantes de prestacións por desemprego que se sinalan no anexo, as comunicacións de inicio ou resolucións do procedemento sancionador, por infraccións na orde social. A seguir publícase o presente anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Para o caso de comunicacións do inicio do procedemento sancionador outórgaselles un prazo de quince (15) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, para alegar o que consideren conveniente, presentando a documentación que consideren oportuna.

Para o caso de resolucións do procedemento sancionador, a resolución sancionadora esgota a vía administrativa e poderase interpoñer, dentro do prazo de trinta (30) días hábiles desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, reclamación administrativa previa, conforme o previsto no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social. Contra as resolucións das reclamacións administrativas previas en materia de prestacións da Seguridade Social que esgotan a vía administrativa cabe formular demanda ante o xulgado do social competente, no prazo dos dous meses seguintes a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Para o coñecemento do texto íntegro do acto que se notifica e a constancia deste coñecemento, a persoa interesada poderá comparecer debidamente acreditada na oficina de emprego que corresponda, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Sen prexuízo do anterior e en virtude do disposto no citado artigo 44, parágrafo segundo da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 5 de maio de 2023

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Interesado/a (DNI/NIE)

Nº de expediente

Acto que se notifica

Concello

33553572E

33553572E/22-03-2023/2.1.A

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Ourol

34278704X

34278704X/31-01-2023/2.1.E

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

O Corgo

34305350E

34305350E/07-02-2023/2.1.E

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Lugo

35695419V

35695419V/20-02-2023/2.1.E

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Lugo

46090459T

46090459T/31-01-2023/2.1.E

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Sarria

X5708073W

X5708073W/15-03-2023/2.1.E

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Lugo

33851659Y

33851659Y/13-04-2022/2.1.A

Resolución de procedemento sancionador

Ribeira de Piquín

34278773X

34278773X/17-11-2022/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Lugo

X3114807D

X3114807D/10-01-2023/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Lugo

X9350714H

X9350714H/23-05-2022/2.1.D

Resolución de procedemento sancionador

Lugo

Y3884048Y

Y3884048Y/21-12-2021/2.1.D

Resolución de procedemento sancionador

Rábade