Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Mércores, 24 de maio de 2023 Páx. 31322

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 5 de maio de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se lle notifica a varios interesados a solicitude de declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello de Cervantes (expediente IN407A 2023/14-2).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante este anuncio notifícaselles a todas as persoas interesadas a declaración de utilidade pública do proxecto LMTA, CTI e RBT San Román II (Cervantes), segundo se sinala no cadro anexo.

Asemade, infórmaselles de que o expediente correspondente á instalación de referencia está á súa disposición durante un prazo de trinta (30) días nas dependencias da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación de Lugo, na rolda da Muralla, nº 70, 2º baixo (Servizo de Enerxía e Minas).

O proxecto tamén se poderá consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación na seguinte ligazón:

https://economia.xunta.gal/transparencia/instalacions-electricas/cervantes4

Lugo, 5 de maio de 2023

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo

ANEXO I

Relación de bens e dereitos afectados polo proxecto
de LMTA, CTI, RBT San Román II (Cervantes)

Concello: Cervantes.

Expediente: IN407A 2023-14-2.

Declaración de utilidade pública:

Predio

Propietario

Políg.

Parc.

Lugar

Cultivo

Afec. voo (lonx.)

Afec. voo
(sup. m²)

2

Descoñecido

11

121

Tallos de Curraes

Monte alto

8

173

5

Descoñecido

11

139

Tallos de Penedo

Monte alto

10

168