Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Xoves, 25 de maio de 2023 Páx. 31460

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 4 de maio de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca proceso selectivo, polo sistema de concurso, para o acceso á condición de persoal estatutario fixo na categoría de facultativo/a especialista de atención primaria.

Advertido erro na publicación no Diario Oficial de Galicia número 92, do luns 15 de maio de 2023, pola omisión de varios dos anexos da Resolución do 4 de maio de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, substitúese o anexo publicado entre as páxinas 30036 e 30039, emendando o citado erro coa publicación do texto correcto dos anexos que se transcriben a continuación:

ANEXO I

Relación de prazas convocadas FEAP

Área sanitaria

Centro de saúde

Quenda

PAC de referencia

A.S. Coruña e Cee

Vimianzo

Mañá 

Vimianzo, Cee

Laxe

Mañá 

Ponteceso, Cee

Arteixo

Desprazable

Arteixo, Coruña

A.S. Ferrol

Ares

Mañá 

Fene-Pontedeume-Ferrol

As Pontes

Desprazable

As Pontes-Narón-San Sadurniño

Fontenla Maristany

Desprazable

Ferrol-Fene-Pontedeume

Fontenla Maristany

Tarde 

Ferrol-Fene-Pontedeume

Narón

Mañá 

Narón-As Pontes-San Sadurniño

Narón

Mañá 

Narón-As Pontes-San Sadurniño

Narón

Desprazable

Narón-As Pontes-San Sadurniño

Narón

Tarde

Narón-As Pontes-San Sadurniño

A.S. Santiago de Compostela e Barbanza

A Pobra do Caramiñal

Desprazable

Ribeira/A Pobra/Boiro

Boiro

Desprazable

Ribeira/A Pobra/Boiro

Boiro

Tarde

Ribeira/A Pobra/Boiro

Boiro-Cabo de Cruz

Mañá 

Ribeira/A Pobra/Boiro

Esteiro-Muros

Mañá 

Muros/Noia

Frades-Ordes

Mañá 

Ordes

Mesía-Xanceda

Mañá 

Ordes

Noia

Mañá 

Noia/Muros

Trazo-Agro do Mestre

Mañá 

Ordes/Santiago

Rianxo

Desprazable

Rianxo/Valga/Padrón

Rianxo

Desprazable

Rianxo/Valga/Padrón

Ribeira-Aguiño-Corrubedo-Palmeira

Desprazable

Ribeira/A Pobra/Boiro

Ribeira-Aguiño-Corrubedo-Palmeira

Desprazable

Ribeira/A Pobra/Boiro

Santa Comba

Mañá 

Santa Comba

Teo-Cacheiras

Tarde 

A Estrada/Santiago

A.S. Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos

Monforte

Desprazable

Monforte

Sarria

Mañá 

Sarria-Lugo

Pedrafita

Mañá 

Becerreá-O Corgo

Castro de Riberas de Lea

Mañá 

Meira-Palas de Rei

Guntín

Mañá 

Guntín-Lugo

Meira

Mañá 

Meira-Lugo

Barralla

Mañá 

O Corgo-Lugo

Burela

Mañá 

Burela-Ribadeo-Viveiro

Viveiro

Mañá 

Viveiro-Burela-Ribadeo

Xermade

Mañá 

Lugo-Vilalba-Outeiro de Rei

Vicedo

Mañá 

Viveiro-Burela-Ribadeo

A.S. Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

A Pobra de Trives

Maña

A Pobra de Trives, Castro Caldelas

A Pobra de Trives

Maña

A Pobra de Trives, Castro Caldelas

Coles-Piñor

Mañá

Coles, Ourense

Xinzo de Limia

Desprazable

Xinzo de Limia

Punxín-San Amaro

Mañá

O Carballiño, Ribadavia

O Carballiño

Desprazable

O Carballiño

Calvos de Randín-Baltar

Mañá

Xinzo de Limia, Allariz, Celanova

Nogueira de Ramuín-Paderne Allariz

Mañá

Maceda, Ourense e Castro Caldelas

A Rúa-Larouco

Mañá

O Barco de Valdeorras, Trives, Zeu, A Veiga e O Bolo

A Rúa-Petín

Mañá

O Barco de Valdeorras, Trives, Zeu, A Veiga e O Bolo

Carballeda de Valdeorras-Rubiá

Mañá

O Barco de Valdeorras, Trives, Zeu, A Veiga e O Bolo

Lobeira-Bande

Mañá

Celanova, Bande

Lobios-Entrimo

Mañá

Celanova, Bande

Irixo-San Amaro

Mañá

O Carballiño, Ribadavia

O Carballiño-Beariz

Mañá

O Carballiño, Ribadavia

O Carballiño-Punxín

Mañá

O Carballiño, Ribadavia

O Barco

Mañá

O Barco de Valdeorras, Trives, Zeu, A Veiga e O Bolo

Verín-Laza

Mañá

Verín, Zeu, A Gudiña, A Mezquita

Cualedro-Laza

Mañá

Verín, Zeu, A Gudiña, A Mezquita

Viana do Bolo-Vilariño de Conso

Mañá

Viana do Bolo

A Gudiña

Mañá

Verín, Zeu, A Gudiña, A Mezquita

A Mezquita

Mañá

Verín, Zeu, A Gudiña, A Mezquita

O Barco de Valderras

Desprazable

O Barco de Valdeorras, Trives, Zeu, A Veiga e O Bolo

A.S. Vigo

Aldán-Hío

Mañá 

Cangas-Moaña, Redondela, Vigo

Arbo 

Maná 

A Cañiza, Ponteareas, Vigo

Covelo 

Mañá 

Ponteareas, A Cañiza, Vigo

Pazos- Fornelos

Mañá 

Redondela, Cangas-Moaña, Vigo

Ponteareas 

Desprazable

Ponteareas, A Cañiza, Vigo 

Redondela 

Mañá 

Redondela, Cangas-Moaña, Vigo 

Redondela 

Mañá 

Redondela, Cangas-Moaña, Vigo

A.S. Pontevedra e O Salnés

Catoira

Mañá

Vilagarcía

Forcarei

Mañá 

Cerdedo-A Parda

O Grove

Mañá 

O Grove-Baltar

Vilagarcía de Arousa

Tarde 

Caldas de Reis-Vilagarcía

Vilagarcía de Arousa

Tarde 

Caldas de Reis-Vilagarcía

* O tramo de xornada complementaria/continuada en PAC está entre 280 e 550 horas anuais sen prexuízo das gardas localizadas de substitución.

ANEXO II

(Baremo)

1. Formación: 35 % (máximo 14 puntos).

1.1. Grao, posgrao e avaliación final do período de formación vía MIR (máximo 5 puntos).

a) Grao:

1. Licenciatura:

Plan antigo:

– Por cada matrícula de honra: 0,50 puntos.

– Por cada sobresaliente: 0,25 puntos.

– Por cada notable: 0,10 puntos.

Non se valorará o sobresaliente cando se obtivese matrícula de honra.

A suma das puntuacións dividirase polo número total de materias avaliadas no plan de estudos; expresarase o cociente con dous decimais.

Non se valorarán as materias de idioma, relixión, formación política e educación física.

Plan novo:

A puntuación correspondente aos estudos de cada aspirante obterase mediante a aplicación do seguinte algoritmo:

0,10 Cn + 0,25 Cs +0,50 Cmh

________________________

Ca + Cn + Cs + Cmh

As anotacións Ca, Cn, Cs e Cmh corresponden ao número total de créditos que na certificación académica estean adscritos a materias troncais e obrigatorias e nos que, respectivamente, se obtiveron as cualificacións de aprobado, notable, sobresaliente e matrícula de honra. Non se puntuará o sobresaliente cando se obtivese matrícula de honra.

Non serán valorados os créditos correspondentes a materias optativas ou de libre elección/configuración.

A puntuación resultante expresarase con dous decimais.

Non se valorarán as materias de idioma, relixión, formación política e educación física.

2. Exame de grao ou memoria de licenciatura: 0,30 puntos (con sobresaliente ou matrícula de honra 0,15 puntos máis).

3. Premio extraordinario: 0,30 puntos.

b) Posgrao:

1. Pola realización de todos os cursos de doutoramento (sistema anterior ao Real decreto 185/1985) ou pola realización do programa de doutoramento ata o nivel de suficiencia investigadora segundo os reais decretos 185/1985 e 778/1998, ou pola obtención do diploma de estudos avanzados (DEA): 2 puntos.

2. Título de doutor/a no ámbito das ciencias da saúde: 4,5 puntos.

3. Premio extraordinario de doutoramento no ámbito das ciencias da saúde: 0,50 puntos.

4. Por cada máster universitario oficial (Espazo Europeo de Educación Superior, EEES) no ámbito das ciencias da saúde, que se encontre debidamente acreditado e inscrito no RUCT: 1 punto.

A titulación de máster débea rexistrar o/a aspirante en Fides/expedient-e na epígrafe de formación continuada recibida/máster.

Os puntos b.1) e b.2) son excluíntes entre si.

c) Avaliación do período de formación polo sistema de residencia (MIR).

c.1) Período de residencia realizado en España:

En atención á avaliación final cuantitativa obtida durante o período de residencia para a obtención do título de especialista en medicina familiar e comunitaria, efectuada polo Comité de Avaliación, baseándose nos resultados anuais ponderados de conformidade co establecido no anexo II da Resolución do 21 de marzo de 2018 (BOE núm. 95, do 19 de abril), da Dirección Xeral de Ordenación Profesional:

Avaliación final obtida durante a residencia e puntuación que se vai asignar:

RD 183/2008, do 8 de febreiro

Orde do 22 de xuño de 1995

Puntuación que se asigna

Cualificación entre 5 e 7,5

Cualificación entre 1 e <2

3 puntos

Cualificación >7,5 e <9,5

Cualificación entre 2 e <3

3,5 puntos

Cualificación ≥ 9,5

Cualificación ≥ 3

4 puntos

c.2) Período de residencia realizado noutro Estado da Unión Europea (non España):

A puntuación que se asignará será a prevista na epígrafe c.1).

No suposto de que conforme a lexislación do Estado respectivo, o rango de cualificacións (mínima e máxima) que se obterá durante o período de residencia teña unha escala de valoración distinta a 0-10, a asignación de tal puntuación efectuarase coa debida proporcionalidade.

Este mérito debe rexistralo a persoa aspirante na epígrafe de formación académica/especialidade en Fides/expedient-e.

1.2. Formación continuada e especializada (máximo 9 puntos).

1.2.1. Formación continuada:

a) Pola asistencia, debidamente xustificada, a actividades formativas acreditadas por algún dos órganos acreditadores que integran o Sistema acreditador da formación continuada do Sistema nacional de saúde, polo Consello Europeo de Acreditación da Educación Médica Continuada (EACCME) ou a Asociación Médica Americana (AMA), impartidos por calquera entidade ou organismo público ou privado, sempre que teñan un contido relacionado coas funcións propias da categoría á que se opta.

b) Pola asistencia debidamente xustificada a cursos de formación e perfeccionamento convocados e impartidos pola Administración estatal, autonómica, universidades, Servizo Público de Emprego, Cruz Vermella, colexios profesionais, organizacións sindicais ou avalados polo Servizo Galego de Saúde ou por calquera organismo público, sempre que teñan un contido relacionado coas funcións propias da categoría.

c) Pola asistencia, debidamente xustificada, a cursos de formación continuada realizados en aplicación dos acordos de formación continuada das administracións públicas, sempre que teñan un contido relacionado coas funcións propias da categoría a que se opta.

Valoración:

– Por crédito CFC: 0,05 puntos.

– Por crédito EACCME/AMA PRA categoría 1: 0,007 puntos.

– Por hora: 0,005 puntos.

d) Pola superación da actividade formativa impartida polas universidades, coa condición de título propio (máster universitario, experto universitario, especialista universitario), no ámbito das ciencias da saúde:

– En caso de estar computado en créditos ECT: 0,025 puntos/crédito.

– En caso de estar computado só en horas: 0,0025 puntos/hora.

Para o caso de que o certificado indique os créditos e as horas de duración, a valoración realizarase sempre polos créditos que figuren neste. Se a actividade formativa consta acreditada en créditos EACCME ou AMA PRA e créditos CFC; valorarase coa puntuación asignada a estes últimos.

A puntuación que se outorgará aos/ás aspirantes que impartisen os anteditos cursos de formación continuada será de 0,02 puntos por hora de docencia impartida. Valorarase a formación impartida que teña un contido relacionado coas funcións propias da categoría/especialidade a que se opta.

Serán obxecto de valoración os cursos realizados con posterioridade á obtención do título de licenciado/a ou graduado/a en Medicina, agás no suposto dos cursos de prevención de riscos, informática, xestión clínica, bioestatística, metodoloxía da investigación, igualdade entre mulleres e homes e prevención e loita contra a violencia de xénero, que se valorarán con independencia da data de obtención do título, sempre que sexan convocados e impartidos por algunha das entidades que se recollen neste baremo. Estes cursos transversais deben valorarse aínda que non teñan un contido directamente relacionado coa categoría a que se opta.

Serán obxecto de valoración, en todo caso, os cursos organizados pola Axencia de Coñecemento en Saúde que estean dirixidos á categoría na que se concursa.

1.2.2. Formación especializada:

a) Por ter completado o período como residente do programa MIR, en España ou nun país da Unión Europea, ou ben ter completado o período de formación como residente nun centro estranxeiro cun programa recoñecido de docencia para posgraduados/as na especialidade de medicina familiar e comunitaria e co título recoñecido en España polo ministerio competente: 8 puntos.

b) Por ter completado o período como residente do programa FIR, QIR, BIR, PIR, RFIR ou MIR doutra especialidade distinta a aquela á de medicina familiar e comunitaria (en España ou país da Unión Europea) ou ben ter completado o período de formación como residente nun centro estranxeiro cun programa recoñecido de docencia para posgraduados/as doutra especialidade distinta á de medicina familiar e comunitaria e co título recoñecido en España polo ministerio competente: 1 punto.

2. Experiencia: 55 % (22 puntos).

2.a) Baremo xeral:

– Por cada mes completo de servizos prestados como médico/a de familia, en virtude de nomeamento administrativo ou contrato laboral por conta e baixo a dependencia de institucións sanitarias do Sistema nacional de saúde ou do sistema sanitario público doutro país da Unión Europea/Espazo Económico Europeo/Suíza: 0,10 puntos/mes.

– Por cada mes completo de servizos prestados como médico/a de urxencias hospitalarias ou médico/a do 061, en virtude de nomeamento administrativo ou contrato laboral por conta e baixo a dependencia de institucións sanitarias do Sistema nacional de saúde ou do sistema sanitario público doutro país da Unión Europea/Espazo Económico Europeo/Suíza ou servizos prestados como médico/a xeral en virtude de nomeamento administrativo ou contrato laboral por conta e baixo a dependencia doutras administracións públicas de España ou dun país da Unión Europea/Espazo Económico Europeo/Suíza: 0,05 puntos/mes.

– Por cada mes completo de servizos prestados como médico/a xeral ou médico/a de urxencias hospitalarias por conta e baixo a dependencia de institucións sanitarias privadas concertadas e/ou acreditadas para a docencia de especialidades de ciencias da saúde de España ou noutro país da Unión Europea/Espazo Económico Europeo/Suíza: 0,025 puntos/mes.

2.b) Puntuación específica polo exercicio de dereitos de conciliación:

Polo exercicio de dereitos de conciliación nos cinco anos anteriores á data de publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia, ata o máximo de 0,5 puntos:

– Permiso por parto, adopción ou acollemento: 0,2 puntos/licenza.

– Permiso do outro proxenitor por nacemento, acollemento ou adopción de fillo: 0,2 puntos/permiso.

– Redución de xornada por motivos familiares: 0,02 puntos/mes completo.

– Excedencia por coidado de fillos e familiares: 0,02 puntos/mes completo.

Para estes efectos, dividirase o número total de días entre 30 valorándose o cociente enteiro.

A acreditación de cada unha destas circunstancias deberá efectuarse polo/a aspirante na forma prevista no anexo III.

2.c) Puntuación adicional pola prestación de servizos en centros sanitarios illados.

Polos servizos efectivamente prestados nos hospitais públicos do Barco, Verín, A Mariña, Cee e Monforte de Lemos ou en centros sanitarios do nivel de atención primaria, situados nos concellos que se relacionan no anexo V, caracterizados polo seu illamento: 1 punto/ano completo ou a parte proporcional.

Para estes efectos, só se valorarán os servizos que consten ter sido efectivamente prestados en tales centros, con independencia da súa realización ou non en virtude de vínculo directamente formalizado con tales institucións.

De conformidade co disposto no anexo III desta convocatoria, non será necesario que o/a aspirante acredite este mérito.

Coa valoración dos puntos 2.a), 2.b) e 2.c) non se poderá superar a puntuación máxima prevista para o punto de experiencia profesional.

Normas xerais de valoración.

Primeira.

Os meses serán computados por días naturais.

Para os efectos do punto 2.a) deste baremo terán a consideración de servizos como médico/a de familia, os prestados na categoría de médico/a de familia de atención primaria e facultativo/a especialista de atención primaria.

Salvo para os nomeamentos de atención continuada ou gardas en atención extrahospitalaria, o cómputo dos servizos prestados efectuarase por meses. Para iso calcularase en cada punto do baremo o número total de días e dividirase entre 30, de tal xeito que o que se valorará en cada punto será o cociente enteiro, desprezándose os decimais.

En ningún caso, a suma dos servizos prestados con distintos nomeamentos dentro do mesmo mes natural poderá valorarse por enriba da puntuación establecida para o devandito período dun mes.

En ningún caso, un mesmo período de servizos prestados poderá ser obxecto de valoración en distintos puntos do baremo. De igual xeito, un mesmo período de tempo de servizos prestados non poderá ser obxecto de valoración en máis dunha categoría/especialidade, ou en varios servizos ou unidades, tanto do mesmo como de diferente centro.

Os servizos prestados con nomeamento de atención continuada ou gardas en urxencias extrahospitalarias computaranse co criterio de equivalencia dun mes completo por cada 130 horas traballadas no devandito mes, ou a parte proporcional que corresponda á fracción. Se dentro dun mes natural se realizaron máis de 130 horas, soamente poderá valorarse un mes de servizos prestados, sen que o exceso de horas efectuado poida ser aplicado para o cómputo de servizos prestados noutro mes.

Segunda.

Os servizos prestados durante o período en que se desfrute dunha redución de xornada por algunha das causas legalmente previstas serán valorados como servizos prestados en réxime de xornada completa.

Os servizos prestados polo persoal especificamente nomeado a tempo parcial serán valorados coa conseguinte redución. Cando nun mesmo período, o/a interesado/a acredite distintos nomeamentos a tempo parcial, realizarase unha acumulación, sen que poida resultar, en ningún caso, unha xornada acumulada superior á xornada completa.

O período de formación para a obtención do título de especialista non poderá ser valorado como tempo de servizos prestados.

Os períodos de permiso sen soldo, así como a permanencia en situación de servizos especiais valoraranse como tempo de servizos efectivamente prestados na categoría/especialidade para os efectos deste baremo.

Os servizos prestados noutra categoría en promoción interna temporal polo persoal estatutario fixo valoraranse como servizos temporais na dita categoría.

Serán obxecto de valoración no punto 3) os servizos prestados como médico/a xeral e médico/a de urxencias hospitalarias en institucións sanitarias privadas con concerto sanitario ou autorización de uso co Sistema público de saúde, na data de prestación de servizos, que consten debidamente acreditados.

3. Outras actividades: (10 %) (4 puntos).

3.1) Puntuación específica por prestación de servizos durante a situación de emerxencia sanitaria orixinada polo coronavirus SARS-CoV-2:

3.1.a) Os servizos prestados nas categorías de médico/a de familia, médico/a xeral, médico/a de urxencias hospitalarias e médico/a do 061, en virtude de nomeamento administrativo ou contrato laboral por conta e baixo a dependencia de institucións sanitarias públicas ou privadas concertadas de España ou doutro país da Unión Europea/Espazo Económico Europeo/Suíza, no período comprendido entre o 14 de marzo de 2020 e o 9 de maio de 2021, valoraranse neste punto cunha puntuación adicional, equivalente á puntuación asignada a cada un destes méritos na epígrafe de experiencia profesional, punto 2.a) deste baremo.

3.1.b) A prestación de servizos como persoal residente en formación na especialidade de medicina familiar e comunitaria na totalidade do período comprendido entre o 14 de marzo de 2020 e o 9 de maio de 2021 valorarase con 1 punto. Asignarase a puntuación proporcional que corresponda pola prestación de servizos en tal período cunha duración inferior.

3.2) Pola autoría de traballos científicos e de investigación no ámbito das ciencias da saúde.

3.2.1) Revistas científicas:

a) Por cada artigo científico (orixinal, orixinal breve, revisión, revisión sistemática, metaanálise e guías de práctica clínica) publicado en revistas de carácter científico: 0,80 puntos.

b) Por cada editorial, carta, artigo de opinión, técnica e procedemento, de carácter científico ou de investigación, publicado en revistas de carácter científico: 0,65 puntos.

c) Por cada póster ou comunicación a congresos no ámbito das ciencias da saúde, publicados en revistas resumos de congresos, revistas de sociedades científicas ou calquera outra revista de carácter científico: 0,50 puntos.

3.2.2) Libros ou capítulos de libros:

– Capítulo de libro: 0,50 puntos.

– Libro completo: 0,70 puntos.

Non se poderán valorar máis de tres capítulos dun mesmo libro.

No suposto de libros de autoría colectiva, só será obxecto de valoración aquela publicación que, da documentación presentada polo/a aspirante, quede suficientemente acreditada a participación concreta nela. Enténdese por autoría colectiva aquela publicación en que interveñen un mínimo de catro autores.

Os capítulos de libro en que participen catro ou máis autores non serán obxecto de valoración.

3.3) Premios de investigación:

Por cada premio de investigación outorgado a traballos de investigación orixinais publicados, ou premios a comunicacións en congresos científicos outorgados por sociedades científicas, organismos oficiais ou entidades sen ánimo de lucro debidamente rexistradas entre cuxos fins se encontre a investigación, ata un máximo de 1 punto:

– Premio de ámbito internacional: 0,20 puntos.

– Premio de ámbito nacional ou autonómico: 0,10 puntos.

3.4) Estadías formativas ou rotacións externas en centros de investigación nacionais ou estranxeiros: 0,05 puntos/mes completo.

Para os efectos deste proceso selectivo teñen a condición de centros de investigación os centros receptores nos que os profesionais desenvolvan actividades de investigación, trátese de centros do SNS, universidade, organismos públicos de investigación (OPIS) e, en xeral, calquera centro de investigación dependente da Administración pública española ou estranxeira, que conten con grupos de investigación de traxectoria acreditada en biomedicina e ciencias da saúde.

As estadías clínicas para a mellora de habilidades ou a aprendizaxe de técnicas innovadoras, que consten debidamente acreditadas consonte o Sistema acreditador da formación continuada do Sistema nacional de saúde, serán obxecto de valoración no punto de formación continuada.

ANEXO III

Procedemento de acreditación de méritos

a) Formación académica

As titulacións académicas oficiais acreditaranse, segundo o suposto, mediante orixinal ou copia compulsada do título expedido polo ministerio con competencias de educación ou certificación da respectiva universidade, debidamente asinado, que deixe constancia de cada un dos méritos invocados polo/a aspirante e data en que foron causados. No relativo aos cursos de doutoramento, para que o dito mérito poida ser obxecto de valoración, a certificación que se achegue deberá deixar constancia expresa de que o/a aspirante realizou todos os cursos de doutoramento e indicar o programa e créditos obtidos. Noutro suposto non se entenderá debidamente acreditado tal mérito.

No suposto de titulacións obtidas no estranxeiro achegarase xunto coa copia compulsada do título, tradución xurada deste ou equivalente e credencial de recoñecemento ou homologación da titulación expedida polo Ministerio de Educación español.

O expediente académico e cualificacións obtidas requiren, para a súa valoración, a presentación da certificación de recoñecemento ou equivalencia oficial.

A superación dos períodos de docencia e investigación conducentes á adquisición das competencias e habilidades relacionadas coa investigación científica acreditados como máster oficial e exixibles para poder obter o título de doutor/a consonte o RD 56/2005 e posteriores, non poderán ser valorados como máster oficial, ao tratarse dun requisito exixido para a obtención de dita titulación.

Supostos específicos.

a) A acreditación da formación máster, especialista e experto universitario-títulos propios, efectuarase mediante orixinal ou copia compulsada do título ou certificación da universidade en que conste ter sido superada polo/a aspirante a formación conducente á obtención do referido título, datas de realización e o número de horas ou créditos ECT asignados á dita actividade formativa.

Poderá requirirse á persoa aspirante a achega do programa formativo nos supostos en que non quede suficientemente acreditado a relación do seu contido co ámbito das ciencias da saúde.

b) Formación continuada

a) Recibida: acreditarase tal mérito mediante copia compulsada do certificado de asistencia ao curso no que deberá constar o organismo ou entidade que convocou e impartiu a dita actividade formativa, as datas de realización, contido do curso e número de créditos e/ou horas asignados. Poderá requirirse á persoa aspirante a achega do programa formativo ou categoría/s destinataria/s.

No suposto de cursos acreditados pola Comisión Nacional ou autonómica de Formación Continuada deberá constar o logotipo da respectiva comisión e, ademais, o número de expediente se se trata de actividades formativas posteriores a abril de 2007.

Normas específicas para a formación en liña. Valoraranse aqueles diplomas de cursos en liña en que conste o número de créditos, número de expediente e logotipo da Comisión de Formación Continuada. Non será necesario que conste o número de expediente se se trata de cursos anteriores a abril de 2007.

Serán válidos, ademais, aqueles diplomas asinados dixitalmente por Dixital Learning cun certificado dixital emitido pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre (FNMT), así como aqueles que se poidan referenciar a unha web verificable ou cotexable polo órgano de selección. Noutro suposto deberá achegarse certificación orixinal asinada polo órgano que impartiu a actividade formativa, que conterá toda a información exixida neste punto.

No suposto de formación en liña con desenvolvemento nun rango de datas, será válida a formación que conste superada dentro das ditas datas.

Valoraranse os módulos ou partes integrantes dun curso nos supostos nos que quede debidamente acreditada a carga lectiva e horas/créditos asignados de forma diferenciada.

Non se valorarán nesta epígrafe os cursos/módulos que sexan parte dunha titulación de formación académica.

O órgano de selección resérvase o dereito de poder exixir ao aspirante calquera documentación complementaria e/ou rexeitar calquera certificado en liña cando existan dúbidas razoables sobre a súa autenticidade.

b) Impartida: acreditarase mediante certificación do organismo ou entidade convocante na cal deberá constar o contido da actividade formativa, así como o número de horas de docencia impartidas.

Noutro suposto non se entenderá debidamente acreditado tal mérito.

c) Formación especializada

No suposto de titulacións obtidas en España, acreditarase tal mérito mediante orixinal ou copia compulsada do título expedido polo ministerio competente ou certificación emitida pola respectiva Comisión de Docencia ou Rexistro Nacional de especialistas en formación do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade de ter completado o período de formación conducente á obtención do título da respectiva especialidade, que deberá indicar a data de superación.

No suposto de titulacións obtidas noutros Estados da Unión Europea, achegarase, xunto coa copia compulsada do título, tradución xurada deste ou equivalente e credencial de recoñecemento da titulación expedida polo ministerio competente.

As titulacións obtidas no estranxeiro (non UE) deberán acreditarse coa achega da copia compulsada do título, tradución xurada deste ou equivalente e documento de recoñecemento expedido polo ministerio competente.

Noutro suposto non se entenderá debidamente acreditado tal mérito.

A avaliación final obtida polo/a aspirante durante o período de residencia, para a obtención do título de especialista en medicina familiar e comunitaria acreditarase mediante copia compulsada ou electrónica auténtica do certificado expedido polo respectivo comité de avaliación, no que deberá constar a puntuación final numérica obtida logo da superación do período de formación.

No suposto de que o período de residencia se realizase nun Estado da Unión Europea, distinto a España, o/a aspirante deberá acreditar, ademais, documentalmente, mediante certificación oficial, o rango de cualificacións, –puntuacións mínima e máxima–, que se obterán durante a realización do período de residencia no Estado respectivo, para que se poida asignar a puntuación correcta, practicando a debida proporción, de ser o caso.

Noutro suposto non se entenderán debidamente acreditados tales méritos.

d) Experiencia profesional

A experiencia profesional en institucións públicas acreditarase mediante certificación emitida pola Dirección de Recursos Humanos do centro ou órgano equivalente na cal deberá constar a seguinte información: categoría/especialidade, tipo de vínculo (fixo, temporal, atención continuada, formación, promoción profesional temporal), réxime xurídico de vinculación (laboral, funcionario, estatutario), data de inicio e fin de cada unha das vinculacións/nº de horas no suposto de vínculos de atención continuada, total de días de vinculación, réxime de xornada (xornada completa, tempo parcial).

A experiencia profesional en centros privados acreditarase mediante certificación da empresa na cal deberá constar a información arriba indicada, ou contrato laboral. En ambos os supostos xunto coa citada documentación deberá presentarse un informe de vida laboral emitido polo INSS.

No suposto de institucións sanitarias públicas, tal certificación deberá facer constar expresamente a natureza pública da institución e a súa integración no sistema sanitario público do Estado respectivo. Noutro caso a experiencia profesional non será obxecto de valoración.

No suposto de institucións sanitarias privadas concertadas ou con autorización de uso deberá quedar debidamente acreditado no certificado a existencia dun concerto ou autorización de uso co respectivo servizo de saúde autonómico ou sistema sanitario público dun país da Unión Europea nos períodos de vinculación. Noutro suposto, tal mérito non será valorado.

No suposto de institucións sanitarias privadas acreditadas para a docencia, deberá quedar debidamente acreditado no certificado que se achegue a condición de institución acreditada no ámbito do SNS ou sistema sanitario público dun país da Unión Europea para a formación de especialidades de profesións sanitarias.

Non será necesario acreditar documentalmente a experiencia profesional nas institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e entidades públicas adscritas á Consellería de Sanidade, así como a condición de centro concertado co Servizo Galego de Saúde.

Puntuación específica por conciliación.

As situacións de permiso por parto, adopción ou acollemento, permiso do outro proxenitor por nacemento, acollemento ou adopción de fillo, redución de xornada por motivos familiares e excedencia por coidado de fillos/as e familiares acreditaranse mediante certificación da súa concesión expedida pola dirección do centro na que deberán constar as datas de inicio e fin.

O persoal fixo ou temporal que nos últimos cinco anos anteriores á data de publicación da convocatoria viñese prestando os seus servizos no Sergas non terá que presentar ningunha documentación acreditativa de tales situacións.

e) Publicación de libros e revistas científicas

Revistas científicas indexadas en Pubmed. Non será necesaria a súa acreditación documental. O/a aspirante consignará na aplicación informática, no espazo habilitado para o efecto, o código de identificación PMID e rexistrará manualmente a información relativa a número de sinaturas, número de orde de sinaturas e tipo de publicación. O sistema realizará a captura automática da información relativa aos outros campos da base de datos de Pubmed para a súa posterior validación.

Outras revistas. Acreditarase tal mérito mediante copia da publicación, cotexada/autenticada polo responsable do rexistro onde se presenten ou compulsada por notario ou funcionario público acreditado para a realización de tales funcións, na que deberá constar o nome do libro/ revista, o título do traballo, o seu autor e a data de publicación.

Libros/capítulos de libros editados en papel. Deberá achegarse copia compulsada das follas en que conste o título do libro, o título do capítulo, o autor, a editorial, o depósito legal e/ou ISBN/NIPO, lugar e ano de publicación e índice da obra. Ademais, deberá quedar acreditado o número de páxinas do libro/capítulo e que tal publicación está avalada por unha institución pública, académica, sociedade científica ou realizada por editoriais científicas de recoñecido prestixio.

Libros editados en formato electrónico. Acreditarase tal mérito mediante certificación ou copia impresa autenticada pola editorial ou organismo público con competencias de xestión e arquivamento de publicacións, na cal se fará constar a autoría do capítulo e demais datos bibliográficos básicos que identifiquen a obra e/ou capítulo (autores, data de publicación, edición, ano, URL e data de consulta e acceso). Tal publicación deberá estar avalada por unha institución pública, académica, sociedade científica ou realizada por editoriais científicas de recoñecido prestixio.

Noutro suposto non se entenderá debidamente acreditado tal mérito.

f) Premios de investigación

Acreditarase tal mérito mediante copia compulsada do diploma de concesión. Se no diploma non consta expresamente o seu ámbito, deberá complementarse tal documentación coa achega das bases de convocatoria do premio.

Noutro suposto non se entenderá debidamente acreditado tal mérito.

g) Estadías formativas ou rotacións externas

Acreditaranse mediante certificación do responsable da estadía/rotación ou do organismo público concedente da axuda (no caso de estadías financiadas no marco dun programa de Recursos Humanos), na que se faga constar o obxecto da estadía ou rotación e as datas de inicio e fin.

Serán tidas en conta as rotacións externas realizadas durante o período formativo da respectiva especialidade.

h) Compulsa de documentos

As copias dos documentos acreditativos de méritos que se acheguen deberán estar cotexadas/autenticadas polo responsable do rexistro onde se presenten ou compulsadas por notario ou funcionario público acreditado para a realización de tales funcións.

Todas as referencias contidas nestas bases á exixencia de copia compulsada dun documento se fan extensivas, nos mesmos termos, á copia electrónica auténtica.

I) Tradución de documentos

Os títulos ou certificacións que estean redactados nun idioma distinto a calquera dos oficiais do Estado español deberán acompañarse da súa tradución ao castelán ou galego, que deberá efectuarse:

a) Por tradutor xurado, debidamente autorizado ou inscrito en España.

b) Por calquera representación diplomática ou consular do Estado español no estranxeiro.

c) Pola representación diplomática ou consular en España do país de que é cidadán/cidadá o/a solicitante ou, de ser o caso, do de procedencia do documento.

Respecto dos traballos científicos e de investigación redactados nun idioma distinto a calquera dos oficiais do Estado español, non será necesario presentar copia traducida.

ANEXO IV

Instrucións de acceso ao expediente electrónico (FIDES)

1. Acceso desde a internet.

1.1. Acceso desde a internet con certificado dixital.

Poderase acceder desta forma a FIDES a través do enderezo http://fides.sergas.es

É requisito indispensable dispoñer dun certificado dixital para acceder a través desta vía. Os certificados aceptados son os expedidos pola FNMT (Fábrica Nacional de Moeda e Timbre) e o DNI electrónico (DNIe).

Para obter o certificado dixital expedido pola FNMT será preciso solicitalo a través da internet (no enderezo www.cert.fnmt.es), ou ben en calquera oficina da Axencia Tributaria (Ministerio de Economía e Facenda).

Se o/a usuario/a xa dispón dunha tarxeta sanitaria do Servizo Galego de Saúde con chip electrónico, esta xa contén un certificado da FNMT, polo que non será necesario solicitar un novo. De feito, a solicitude dun novo certificado inhabilitará o que existe na tarxeta sanitaria.

Pola súa parte, o DNI electrónico (DNIe) poderase solicitar nas oficinas da Dirección Xeral da Policía.

Para a identificación do/da usuario/a mediante tarxeta sanitaria do Servizo Galego de Saúde con chip electrónico ou a través do DNI electrónico, será preciso, con carácter xeral, dispoñer dun lector de tarxetas. Non se requirirá lector de tarxetas unicamente no suposto de dispoñer dun certificado dixital da FNMT instalado no propio equipo.

Os/as usuarios/as poderán solicitar información e obter asesoramento sobre a acreditación electrónica nos PAE (Punto de Acreditación Electrónica) habilitados polo Servizo Galego de Saúde nos diversos centros sanitarios de atención hospitalaria e atención primaria do organismo.

A primeira vez que un profesional acceda con certificado dixital a FIDES, solicitaráselle que cubra un formulario de alta con datos básicos.

1.2. Acceso desde a internet sen certificado dixital.

O acceso a FIDES desde a internet sen certificado dixital pode efectuarse a través do enderezo http://fides.sergas.es, mediante o sistema Chave365, que permite aos/ás cidadáns/cidadás maiores de idade identificarse tanto en FIDES como na sede electrónica da Xunta de Galicia sen necesidade de usar certificados dixitais nin DNI electrónico.

Pódese atopar toda a información relativa ao sistema Chave365 neste enderezo: https://sede.xunta.gal/chave365

2. Acceso desde a intranet do Servizo Galego de Saúde.

Esta vía só estará dispoñible para profesionais en activo do Servizo Galego de Saúde e desde equipos informáticos situados físicamente na súa rede corporativa.

Neste suposto, o acceso a FIDES realizarase mediante o código de usuario e contrasinal que os/as profesionais en activo xa teñen asignado e utilizan habitualmente para acceder ao resto de funcionalidades do sistema.

3. Manual de instrucións de acceso e funcionamento do expediente electrónico e validación da documentación.

Na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es) figura á disposición dos/das aspirantes un manual de instrucións sobre o acceso e funcionamento do expediente electrónico, os diferentes estados nos que pode atopar a información relativa aos seus méritos e normas de validación da documentación a achegar.

4. Buzón de correo electrónico.

Para efectuar as consultas e resolver as dúbidas que xurdan en relación con este procedemento, habilítase o seguinte enderezo de correo electrónico: oposicions@sergas.es

ANEXO V

Centros illados

Área sanitaria

Concellos

A Coruña e Cee

Cabana de Bergantiños

Laxe

Camariñas

Muxía

Dumbría

Ponteceso

Fisterra

Zas

Ferrol

Cariño

Mañón

Monfero

Ortigueira

Santiago de Compostela e Barbanza

Agolada

Rodeiro

Boimorto

Toques

Carnota

Santiso

Dozón

Lugo, Cervo e Monforte de Lemos

Alfoz

Nogais (As)

Barreiros

Pedrafita do Cebreiro

Cervantes

Pontenova (A)

Folgoso do Courel

Quiroga

Fonsagrada (A)

Ribas de Sil

Lourenzá

Ribeira de Piquín

Mondoñedo

Riotorto

Navia de Suarna

Trabada

Negueira de Muñiz

Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

Avión

Monterrei

Beariz

Muíños

Barco (O)

Oímbra

Bolo (O)

Padrenda

Calvos de Randín

Petín

Castrelo do Val

Pobra de Trives (A)

Chandrexa de Queixa

Pontedeva

Carballeda de Valdeorrras

Riós

Cualedro

Rúa (A)

Entrimo

Rubiá

Gudiña (A)

San Xoan de Río

Larouco

Veiga (A)

Laza

Verín

Lobios

Viana do Bolo

Manzaneda

Vilardevós

Mezquita (A)

Vilariño de Conso

Montederramo

Vilamartín de Valdeorras

Pontevedra e O Salnés

O Grove

Vigo

Arbo

Oia

Crecente

Pazos de Borbén

Covelo (O)

Rosal (O)

Fornelos de Montes

Tui

Guarda (A)

ANEXO VI

Modelo de autoliquidación de taxas

missing image file