Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Xoves, 25 de maio de 2023 Páx. 31372

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2023, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se modifica a Resolución do 2 de novembro de 2022 pola que se convocan as probas de constatación da cualificación inicial para o exercicio da actividade de condutor/a profesional de determinados vehículos destinados ao transporte de mercadorías ou de viaxeiros/as por estrada, que terán lugar na Comunidade Autónoma de Galicia no ano 2023, en desenvolvemento do Real decreto 284/2021, do 20 de abril, polo que se regula a cualificación inicial e a formación continua dos condutores de determinados vehículos destinados ao transporte por estrada e polo que se modifica o Regulamento da Lei de ordenación dos transportes terrestres, aprobado polo Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro (códigos de procedemento IF310D/IF310E).

Mediante a Resolución do 2 de novembro de 2022, da Dirección Xeral de Mobilidade, convocáronse as probas de constatación da cualificación inicial para o exercicio da actividade de condutor/a profesional de determinados vehículos destinados ao transporte de mercadorías ou de viaxeiros/as por estrada, que terán lugar na Comunidade Autónoma de Galicia no ano 2023.

Apreciadas datas no prazo de inscrición para posteriores convocatorias que poden concluír antes do prazo de realización do exame da convocatoria inmediatamente anterior, modifícanse os intervalos dos prazos de inscrición da táboa para garantir un prazo de matrícula suficiente desde o remate da anterior convocatoria.

Por razóns organizativas e para permitir corrixir dun xeito áxil incidencias neste sentido, habilítase un procedemento de modificación do calendario mediante a publicación da devandita Resolución da Dirección Xeral de Mobilidade na web da Dirección Xeral de Mobilidade da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, na área de Formación.

RESOLVO:

1. Modificar a táboa do calendario no seguinte sentido:

No ano 2023 realizaranse oito convocatorias, tanto para as categorías D1, D1 + E, D e D + E como para as categorías C1, C1 + E, C e C + E, que se desenvolverán de acordo co seguinte calendario e prazos de inscrición:

Convocatoria

Intervalo de realización

Prazo de inscrición

9.1.2023 a 2.2.2023

Desde o día seguinte á publicación desta resolución no DOG ata o 18.12.2022

27.2.2023 a 24.3.2023

Desde o 19.12.2022 ata o 9.2.2023

18.4.2023 a 13.5.2023

Desde o 10.2.2023 ata o 3.4.2023

14.6.2023 a 12.7.2023

Desde o 4.4.2023 ata o 4.5.2023

1.9.2023 a 27.9.2023

Desde o 5.5.2023 ata o 5.7.2023

2.10.2023 a 31.10.2023

Desde o 6.7.2023 ata o 20.9.2023

2.11.2023 a 30.11.2023

Desde o 21.9.2023 ata o 12.10.2023

1.12.2023 a 30.12.2023

Desde o 13.10.2023 ata o 20.11.2023

2. Por razóns organizativas, e para garantir que os prazos de inscrición resulten suficientes, poderase modificar o anterior calendario mediante resolución da persoa titular da Dirección Xeral de Mobilidade, que se publicará na web da Dirección Xeral de Mobilidade da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, na área de Formación;

https://infraestruturasemobilidade.xunta.gal/formacion-de-profesionais-do-transporte?langId=gl_ES

Santiago de Compostela, 5 de maio de 2023

Ignacio Maestro Saavedra
Director xeral de Mobilidade