Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Xoves, 25 de maio de 2023 Páx. 31736

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Abadín

ANUNCIO das bases e da convocatoria dos procesos selectivos correspondentes ás prazas de estabilización de emprego temporal incluídas na oferta de emprego público extraordinaria de 2022.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 113, do 19 de maio de 2023, publicáronse as bases xerais e específicas e a convocatoria dos procesos selectivos derivados da oferta de emprego público extraordinaria para a estabilización de persoal laboral temporal do Concello de Abadín, ao abeiro da Lei 20/2021, do 28 de decembro.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria publicaranse na forma prevista nas propias bases.

Abadín, 19 de maio de 2023

José María López Rancaño
Alcalde presidente