Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Venres, 26 de maio de 2023 Páx. 31955

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 8 de maio de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo que se tramita na Sección Primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia co procedemento ordinario 203/2023.

Na Sección Primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia tramítase o recurso 203/2023 (procedemento ordinario), interposto por María José García García e Petra Fernández González contra a Resolución do 26 de decembro de 2022, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se realiza a convocatoria excepcional no proceso selectivo de estabilización, polo sistema de concurso de méritos, para o ingreso en diversas categorías de persoal sanitario de formación profesional (DOG núm. 4, do 5 xaneiro de 2023).

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2023

Ana María Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos