Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Venres, 26 de maio de 2023 Páx. 31877

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 2023 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre do ano 2023.

Consonte o establecido no artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (Diario Oficial de Galicia núm. 30, do 15 de febreiro), publícase no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia e para dar cumprimento a este mandato,

DISPOÑO:

Artigo único

Dar publicidade dos convenios subscritos pola Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) no primeiro cuadrimestre do ano 2023 e que se incorporan como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2023

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Axencia Galega
de Infraestruturas no primeiro cuadrimestre do ano 2023

Convenio

Data da sinatura

Importe achegado pola AXI (€)

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Brión para o acondicionamento do treito da estrada AC-543, entre o p.q. 8+390 ao 10+000, e cambio de titularidade en favor do concello

21.1.2023

423.781,90

Addenda nº 2 do convenio entre a Axencia Galega de Infraestruturas e a Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao para o fomento da mobilidade sostible na fachada marítima de Ferrol

15.3.2023

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Oza-Cesuras para a coordinación do proxecto de mellora da mobilidade peonil na estrada AC-840

14.4.2023

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a Axencia Galega de Infraestruturas e a Autoridade Portuaria da Coruña para a redacción do proxecto de execución da obra de estrutura flotante na zona do Parrote do porto da Coruña, para a realización de actividades náutico-deportivas

21.4.2023

2.896.765,41

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Muíños para o acondicionamento da senda da estrada Barxés-Abelleira-Mugueimes

1.3.2023

272.838,07

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello do Porriño para a renovación da sinalización en varias vías municipais

31.3.2023

107.992,50

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Sanxenxo para a mellora da mobilidade na contorna da nova praza de abastos

19.4.2023

1.000.000,00

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo, a Axencia Galega de Infraestruturas, a Federación Galega da Construción e o Instituto Tecnolóxico de Galicia para a implementación, revisión e actualización da base de datos da construción no período 2023-2026

18.1.2023

229.295,00