No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, e ao abeiro do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentada a notificación do acto administrativo no último enderezo coñecido da persoa interesada que se cita no anexo sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, mediante anuncio emprázase a referida persoa interesada para que no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, compareza en persoa ou debidamente representada nas dependencias do Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social e Xuventude de Vigo, rúa Concepción Arenal, nº 8, 1º andar, en horario de mañá, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer o texto íntegro do requirimento de emenda da solicitude e advertíndolle que, de non facelo así, se terá por notificado ao vencemento do prazo indicado para comparecer.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
Advírtese que, de non atender o requirimento no prazo indicado no dito acto, terase por desistido da solicitude logo de resolución ditada ao abeiro do disposto nos artigos 21 e 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
Vigo, 2 de maio de 2023
María José Pérez-Izaguirre López
Xefa territorial de Vigo
ANEXO
Procedemento BS650A
Núm. de expediente |
Núm. DNI/NIE/pasaporte ou similar persoa interesada |
Acto administrativo |
Data do acto do requirimento |
36/00478-I/20 |
36134374V |
Requirimento de emenda da solicitude |
30.11.2022 |