Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Venres, 26 de maio de 2023 Páx. 31897

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 12 de maio de 2023 pola que se nomea persoal funcionario de carreira da escala facultativa de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de bibliotecas, subgrupo A1, en virtude das probas selectivas nas quendas de promoción interna e de acceso libre.

De conformidade coa proposta elevada polo tribunal cualificador das probas selectivas convocadas pola Resolución do 11 de novembro de 2021 (DOG do 24 de novembro), para o ingreso na escala facultativa de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de bibliotecas, subgrupo A1 da Universidade de Santiago de Compostela (USC), unha pola quenda de promoción interna e dúas pola quenda de acceso libre, e comprobado que as persoas seleccionadas reúnen os requisitos exixidos na base 2 da convocatoria, de conformidade co disposto no artigo 85.j) dos estatutos da USC,

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar a proposta efectuada polo tribunal cualificador e nomear persoal funcionario de carreira da escala facultativa de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de bibliotecas, subgrupo A1, as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo que se relaciona no anexo desta resolución e adxudicarlles como destinos os que figuran no mesmo anexo.

Segundo. Para adquirir a condición de persoal funcionario de carreira, as persoas ás cales se refire o anexo desta resolución deberán cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, que comezará a computar a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non se dite resolución expresa ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto ao abeiro dos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 12 de maio de 2023

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Escala facultativa de arquivos, bibliotecas e museos,
especialidade de bibliotecas

Quenda de promoción interna:

Núm. orde

DNI

Apelidos e nome

Destino

Código

Denominación e unidade
de adscrición do posto

Subgrupo

Nivel

Quenda

Campus

Observacións

1

***6888**

Rodríguez Dopazo, José

Definitivo

PF000067

Dirección da Biblioteca da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais

A1/A2/C1

25

Mañá

Compostela

Subgrupo C1: licenciatura/grao/diplomatura ou curso selectivo

Quenda de acceso libre:

Núm. orde

DNI

Apelidos e nome

Destino

Código

Denominación e unidade
de adscrición do posto

Subgrupo

Nivel

Quenda

Campus

Observacións

1

***5301**

Rey Sierra, Elena

Provisional

PF000152

Xefatura do Negociado de Adquisicións e Subscricións. Biblioteca Xeral

A1/A2/C1

22

Mañá

Compostela

A1 nivel 23