Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Venres, 26 de maio de 2023 Páx. 31973

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Tui

ANUNCIO de nomeamento de funcionarios de carreira de operarios de obras.

Mediante a Resolución da Alcaldía do 31 de marzo de 2023 (2023-0415), resolveuse nomear funcionarias de carreira para as prazas de tres operarios de obras (escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal de oficios, grupo agrupación profesional) deste concello, pertencente á OEP 2019, as seguintes persoas, ao superar o proceso selectivo convocado mediante a Resolución da concellería de persoal do 21 de marzo de 2022 (núm. 2022-0511):

– Alejandro Gómez Rodríguez, con DNI núm. ***6944**.

– Ismael Alonso Sanjuán, con DNI núm. ***7520**.

– Raúl González Fernández, con DNI núm. ***5737**.

Contra a presente resolución poden interporse os seguintes recursos:

Potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que ditou o acordo, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao desta notificación.

Contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da presente publicación, se non se interpuxo o de reposición. Se se interpuxo este último, o prazo de dous meses empezarán a contar desde o día seguinte ao da notificación da resolución do recurso de reposición, se esta for expresa. Se a resolución non for expresa, o prazo para interpoñer o recurso contencioso-administrativo será de seis meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza a desestimación por silencio administrativo.

Calquera outro que estime conveniente, baixo a súa responsabilidade.

Tui, 27 de abril 2023

Enrique Cabaleiro González
Alcalde