Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Venres, 26 de maio de 2023 Páx. 31881

IV. Oposicións e concursos

Consello de Contas de Galicia

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 2023 pola que se ordena a publicación do acordo que resolve o concurso convocado pola Comisión de Goberno do 1 de marzo de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 53, do 17 de marzo).

Dando cumprimento ao establecido na base 10.4 das bases comúns para a convocatoria de concursos específicos de méritos aprobadas polo Acordo do Pleno do 6 de outubro de 2021,

RESOLVO:

Ordenar a publicación do acordo polo que se resolve o concurso específico de méritos convocado pola Resolución do 7 de marzo de 2022, que publicou o acordo da Comisión de Goberno do 1 de marzo de 2022, como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2023

José Antonio Redondo López
Conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia

ANEXO

Acordo da Comisión de Goberno do Consello de Contas de Galicia,
do 12 de maio de 2023, polo que se resolve o concurso específico de méritos convocado pola Resolución do 7 de marzo de 2022, que publicou
o Acordo da Comisión de Goberno do 1 de marzo de 2022

De acordo co disposto nas bases comúns para a convocatoria de concursos específicos aprobadas o 6 de outubro de 2021, en particular a base décima referente á resolución, unha vez que a Comisión de Valoración elevou proposta definitiva de valoración das dúas fases de que consta o concurso específico, a Comisión de Goberno do Consello de Contas de Galicia

ACORDA:

Primeiro. Adxudicar definitivamente os postos que se relacionan no anexo, de conformidade co establecido na base décima das bases comúns para a convocatoria de concursos específicos aprobadas o 6 de outubro de 2021.

Segundo. Dispoñer como data de cesamento nos actuais postos de traballo dos adxudicatarios o vindeiro 31 de maio. O prazo para tomar posesión será de tres días hábiles contado desde o día seguinte ao do cesamento.

Terceiro. Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante o Pleno do Consello no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, segundo establecen os artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Contra a resolución do recurso de alzada, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co establecido nos artigos 10.1.ap.c) e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

ANEXO

Apelidos e nome

Denominación

Nivel

Código

García Garrido, Mª Isabel

Auditor

30

CC.F01.01.11

Anido Hermida, Juan

Auditor

30

CC.F01.01.12

Santana Suárez, Manuel José

Auditor

30

CC.F01.01.08

Pumares Besteiro, José Manuel

Auditor

30

CC.F01.01.04

García Gómez, Carlos Roque

Auditor-técnico

28

CC.F01.04.01

Castro Núñez, Antonio

Auditor-técnico

28

CC.F01.04.02

Vaamonde Porto, Ramón

Técnico de xestión

25

CC.F01.06.01