Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Luns, 29 de maio de 2023 Páx. 32186

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 22 de maio de 2023 pola que se resolve o concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala superior de finanzas, e do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala técnica de finanzas, convocado pola Resolución do 14 de xullo de 2021.

Mediante a Resolución do 14 de xullo de 2021 (DOG núm. 140, do 23 de xullo) convocouse o concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala superior de finanzas, e do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala técnica de finanzas.

Examinadas e resoltas as reclamacións presentadas contra a valoración provisional de méritos, a Comisión de Valoración, na súa xuntanza do 8 de maio de 2023, acordou elevar á Dirección Xeral da Función Pública a proposta de resolución do concurso.

Debido a necesidades organizativas, cómpre diferir os prazos posesorios derivados da resolución do concurso ata a data en que se publicará oportunamente.

Polo exposto, no uso das competencias que ten atribuídas no artigo 1 da Orde do 8 de xaneiro de 2020, sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública, e de conformidade co previsto na base VIII.4 da convocatoria, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro. Adxudicar e facer públicas as adxudicacións de postos de traballo que se relacionan no anexo I ás persoas que nel se especifican. Esta información atópase á disposición das persoas interesadas no portal web corporativo da Xunta de Galicia, http://funcionpublica.xunta.gal, na epígrafe <concurso de traslados>.

Segundo. Diferir os prazos posesorios derivados da resolución do concurso ata que se publique no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que se indique a data de inicio dos ditos prazos.

Terceiro. De acordo co disposto na base IX da convocatoria do concurso de traslados, os destinos adxudicados serán irrenunciables salvo que con anterioridade á finalización do prazo posesorio se obteña outro destino mediante convocatoria pública, polo procedemento de libre designación ou por concurso, en que poderá optar entre os dous postos adxudicados.

Neste caso, as persoas funcionarias adxudicatarias están obrigadas a comunicar por escrito a opción seleccionada á Dirección Xeral da Función Pública no prazo de tres días seguintes ao da publicación no DOG da resolución pola que se abran prazos posesorios.

Os traslados que deriven da resolución do presente concurso terán a consideración de voluntarios polo que, en consecuencia, non xerarán dereito á indemnización.

Cuarto. En aplicación do parágrafo segundo da base I.2.a) da convocatoria do concurso, relativo ás persoas que están obrigadas a participar nel e non obtivesen praza consecuencia da resolución do concurso, adxudícaselles, de oficio e con carácter definitivo, un posto de traballo correspondente ao seu corpo ou escala de entre aqueles que quedaron vacantes. En consecuencia, adxudícaselles ás persoas que se relacionan no anexo II o posto de traballo especificado.

Quinto. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, no prazo dun mes que se contará dende o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas ou, directamente, recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo correspondente, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2023

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO I

1º apelido

2º apelido

Nome

NIF

Subgrupo

Posto

Código do posto

Denominación

Cons.

Concello

Nivel

Puntos

Vizcaíno

Cordido

Vanessa

***4479**

A2

5

FC.A29.10.000.15001.112

Xefatura de Equipo

FC

A Coruña

25

17.467

Pagola

Quintana

María Jesús

***7725**

A1

7

FC.A29.10.000.15001.161

Xefatura Unidade de Inspección

FC

A Coruña

27

28.200

Sotelo

Feijóo

Ana María

***1252**

A1

8

FC.A29.10.000.15001.168

Subxefatura Unidade de Inspección

FC

A Coruña

25

23.366

López

García

Diego

***4474**

A2

10

FC.A29.10.000.27001.095

Xefatura de Equipo

FC

Lugo

25

13.918

Álvarez

Pérez

Benito

***6920**

A2

18

FC.A29.10.000.32001.135

Subxefatura Unidade de Inspección

FC

Ourense

25

24.575

Otero

Ramírez

Ángel Ramón

***9865**

A2

25

FC.A29.10.000.36001.166

Xefatura de Equipo

FC

Pontevedra

25

24.031

Quintero

López

Silvia

***1726**

A2

30

FC.A29.10.000.36560.184

Xefatura de Equipo

FC

Vigo

25

21.696

Álvarez

Somoza

Jacinto

***8661**

A1

36

FC.C03.00.003.15770.007

Técnico/a de Auditoría

FC

Santiago de Compostela

25

20.292

Ramos

Becerra

Manuel Rubén

***4444**

A2

43

FC.C03.00.011.15770.007

Xefatura Sección

FC

Santiago de Compostela

25

15.006

Ferreiro

Del Rey

Óscar

***4371**

A2

49

FC.C03.00.017.15770.015

Xefatura Sección

FC

Santiago de Compostela

25

10.528

Mauriz

Montero

Consuelo

***5192**

A2

51

FC.C03.00.030.15001.013

Xefatura Sección III

FC

A Coruña

25

25.151

Diéguez

Díaz

Marina

***6199**

A2

52

FC.C03.00.030.27001.013

Xefatura Sección II

FC

Lugo

25

24.198

Botana

Rodríguez

José Daniel

***2832**

A2

54

FC.C03.00.031.27001.005

Xefatura Sección

FC

Lugo

25

20.940

Braga

Ferrer

María Josefa

***8599**

A2

55

FC.C03.00.031.36001.005

Xefatura Sección

FC

Pontevedra

25

27.450

ANEXO II

1º apelido

2º apelido

Nome

NIF

Subgrupo

Posto

Código do posto

Denominación

Cons.

Concello

Nivel

López

Iglesias

Arturo

***6548**

A1

1

FC.A20.00.001.15770.016

Xefatura Plans Inspección

FC

Santiago de Compostela

25

Os códigos de postos de traballo que figuran na relación de prazas adxudicadas correspóndense cos ofertados na resolución de convocatoria de concurso.

Relación de consellerías:

Código

Consellería

FC

Facenda e Administración Pública