Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Luns, 29 de maio de 2023 Páx. 32266

IV. Oposicións e concursos

Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia

RESOLUCIÓN do 19 de maio de 2023 pola que se nomea persoal laboral fixo na categoría de auxiliar de laboratorio (grupo IV, categoría 11) a persoa aspirante que superou o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición (26ª convocatoria).

Unha vez rematado o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre, mediante o sistema de concurso-oposición para o ingreso como persoal laboral fixo do Intecmar na categoría de auxiliar de aboratorio (grupo IV, categoría 11), convocado pola Resolución do 21 de decembro de 2022 (DOG núm. 245, do 27 de decembro), esta Presidencia, de acordo co previsto no V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia,

RESOLVE:

Primeiro. Nomear persoal laboral fixo do Intecmar a persoa aspirante aprobada que se relaciona na proposta formulada pola Comisión de Selección na Resolución do 11 de maio de 2023, publicada no portal web do Intecmar, que se xunta como anexo a esta resolución.

Segundo. A persoa nomeada persoal laboral fixo disporá do prazo dun mes para tomar posesión no destino ofertado con carácter provisional e para a formalización do contrato laboral.

O prazo de toma de posesión comezará a computarse a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor, con carácter potestativo, recurso de reposición ante a presidenta do Intecmar no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou impugnala directamente ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vilaxoán, 19 de maio de 2023

Rosa María Quintana Carballo
Presidenta do Instituto Tecnolóxico para o Control
do Medio Mariño de Galicia

ANEXO

Nº de prazas

Grupo

Categoría

Descrición da praza

NIF

Apelidos e nome

1

IV

11

Auxiliar de laboratorio

***6902**

Bello Filgueira, Olga