Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Luns, 29 de maio de 2023 Páx. 32437

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO de nomeamento de funcionarios de carreira da oferta de emprego público de 2021.

A concelleira delegada do Servizo de Persoal e Cultura, mediante a Resolución do 13 de abril de 2023, nomeou funcionarios/as de carreira deste concello a:

– José Vicente Rodríguez, con DNI ***5526**, para ocupar unha praza de aparellador /a-arquitecto/a técnico/a da escala de Administración especial, integrada dentro do grupo A, subgrupo A2, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas polo sistema oposición libre, da OEP de 2021.

– César Pereiras Cambón, con DNI ***6003**, para ocupar unha praza de aparellador /a-arquitecto/a técnico/a da escala de Administración especial, integrada dentro do grupo A, subgrupo A2, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas polo sistema oposición libre, da OEP de 2021.

Os devanditos nomeamentos efectuáronse segundo proposta do tribunal cualificador, que se publica de conformidade co disposto no artigo 17 do Decreto 95/1991, do 20 de marzo.

Contra a devandita resolución de nomeamento, que pon fin á vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpor recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou e no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, ao abeiro do establecido no artigo 124.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa notificación, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra.

Non obstante, os/as interesados/as tamén poderán interpor calquera outro recurso que consideren procedente conforme dereito.

Pontevedra, 21 de abril de 2023

O alcalde
P.D. (Acordo da Xunta de Goberno local do 15.6.2019)
María del Carmen Fouces Díaz
Concelleira delegada do Servizo de Persoal e Cultura