Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Luns, 29 de maio de 2023 Páx. 32439

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO do 25 de abril de 2023, da Xerencia Municipal de Urbanismo, de aprobación inicial do Plan especial de infraestruturas e dotacións para a localización da Biblioteca Pública do Estado en Vigo (expediente 18662/411).

A Xunta de Goberno local, na sesión ordinaria do 20 de abril de 2023, adoptou o seguinte acordo:

«Primeiro. Prestar aprobación inicial ao Plan especial de infraestruturas e dotacións (PEID) para a localización da Biblioteca Pública do Estado en Vigo, instrumento urbanístico de iniciativa pública promovido por esta administración, conformado pola documentación técnica inserida no rexistro electrónico desta xerencia o día 18.11.2022 (número de documento 220287223 e cod. sol. W795759-4434). Foi achegada en soporte dixital e elaborada en novembro de 2022 por un equipo multidisciplinar, conformado por Pereiro Arquitectos, S.L.P., Galaincontrol, S.L., Topag, S.L. e Noso Cooperativa.

Segundo. Someter a información pública o presente expediente, incluíndo o resumo executivo, durante o prazo de dous (2) meses, mediante a publicación de anuncios no DOG, nun dos xornais de maior circulación da provincia e na sede electrónica do Concello de Vigo, para os efectos de que durante o dito período se poidan formular as alegacións e as suxestións pertinentes. O remate do referido prazo de alegacións computará desde a data de publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia e a documentación exposta será dilixenciada pola Secretaría Xeral, con notificación individual ás persoas titulares catastrais dos terreos afectados segundo a relación catastral incorporada ao expediente.

Durante o referido prazo obteranse os informes sectoriais que resulten preceptivos, de conformidade coas características do ámbito e consonte a normativa urbanística e sectorial de aplicación. En todo caso e de conformidade co informe emitido pola directora xeral de Patrimonio Cultural o día 4.11.2021, solicitarase o informe vinculante da dita consellería previsto no artigo 34 da LPCG.

Á vista do resultado dos trámites anteriores, resolverase sobre a procedencia de introducir no documento de PEID as rectificacións pertinentes, cuxo alcance determinará, de ser caso, a oportunidade e procedencia dun novo trámite de información pública e requirimento de informes (artigo 144.12 do RLSG).

Terceiro. O presente acordo determina, por aplicación do disposto nos artigos 47.2 da LSG e 86.2 do RLSG a suspensión do procedemento de outorgamento de licenzas no que resulte incompatible coa nova ordenación».

Para os efectos do disposto no punto segundo da parte dispositiva deste acordo, a documentación íntegra aprobada inicialmente poderá consultarse na seguinte ligazón: https://hoxe.vigo.org/movemonos/urbanismo_pxom2.php?lang=gal#/ e no departamento de Información de Urbanismo, sito na planta baixa do edificio da Xerencia de Urbanismo (praza do Rei, s/n, Vigo), para a súa consulta e a presentación de cantos documentos ou escritos de alegacións se consideren convenientes.

Poden pórse en contacto co departamento de Información de Urbanismo, para solicitar cita previa ou para resolver calquera dúbida ao respecto, no teléfono 986 81 03 49.

Para presentar documentos ou escritos de alegacións deben solicitar cita previa no Rexistro de Urbanismo no teléfono 986 81 03 44.

Vigo, 25 de abril de 2023

O alcalde
P.D. (Resolución do 11.7.2019)
María José Caride Estévez
Vicepresidenta da Xerencia Municipal de Urbanismo