Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Martes, 30 de maio de 2023 Páx. 32977

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 2023 pola que se aproba o expediente de información pública e definitivamente o Plan de acción contra a contaminación acústica da Rede autonómica de estradas de Galicia, de clave GA/19/001.09.5 e as zonas de servidume acústica dos grandes eixos viarios da Rede autonómica de estradas de Galicia, de clave GA/19/001.09.4.

Antecedentes de feito:

Primeiro. Mediante resolucións da Axencia Galega de Infraestruturas do 20 de outubro de 2022 aprobáronse provisionalmente o Plan de acción contra a contaminación acústica da Rede autonómica de estradas de Galicia, de clave GA/19/001.09.5, e as zonas de servidume acústica dos grandes eixes viarios da Rede autonómica de estradas de Galicia, de clave GA/19/001.09.4.

Segundo. Con data do 9 de novembro de 2022 publicouse no Diario Oficial de Galicia (núm. 213) o anuncio do 26 de outubro de 2022 polo que se sometía ao trámite de información pública o Plan de acción contra a contaminación acústica da Rede autonómica de estradas de Galicia (GA/19/001.09.5) e as zonas de servidume acústica dos grandes eixes viarios da Rede autonómica de estradas de Galicia (GA/19/001.09.4).

Terceiro. Durante o trámite de información pública, conforme os certificados emitidos polos organismos oficiais competentes, un total de 6 concellos (A Coruña, A Pobra do Caramiñal, Arteixo, Cambre, Narón e Salvaterra do Miño) e unha empresa pública (Aquaoleiros, S.A.) presentaron alegacións. Ademais, recibiuse o informe da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo sobre as zonas de servidume acústica dos grandes eixes viarios da Rede autonómica de estradas de Galicia, no que indican que, analizada a documentación, non se formulan obxeccións ao documento.

Cuarto. Durante o trámite de información pública detectouse que faltaba incorporar no Plan de acción contra a contaminación acústica da Rede autonómica de estradas de Galicia as determinacións que, en materia de paisaxe, establece a Resolución da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático pola que se formula o informe ambiental estratéxico do Plan de acción contra la contaminación acústica da Rede autonómica de estradas de Galicia.

Fundamentos de dereito:

O artigo 22 da Lei 37/2003, do 17 de novembro, do ruído, establece a obrigatoriedade de elaborar e aprobar, logo de trámite de información pública por un período mínimo dun mes, plans de acción en materia de contaminación acústica correspondente aos ámbitos territoriais dos mapas de ruído dos grandes eixes viarios, aqueles cun tráfico superior a 3 millóns de vehículos por ano.

O Plan de acción contra a contaminación acústica da Rede autonómica de estradas de Galicia cumpre os requisitos que exixe a Lei 37/2003, do 17 de novembro, do ruído, o Real decreto 1513/2005, do 16 de decembro, polo que se desenvolve a Lei 37/2003, do 17 de novembro, do ruído, no referente á avaliación e xestión do ruído ambiental, e o Decreto 106/2015, do 9 de xullo, sobre contaminación acústica de Galicia.

O artigo 10 da Lei 37/2003, do 17 de novembro, do ruído, establece que os sectores do territorio afectados ao funcionamento ou desenvolvemento das infraestruturas de transporte viario, así como os sectores do territorio situados no contorno de tales infraestruturas, existentes ou proxectadas, poderán quedar gravados por servidumes acústicas.

As zonas de servidume acústica dos grandes eixes viarios da Rede autonómica de estradas de Galicia delimitadas cumpren os requisitos que exixe a Lei 37/2003, do 17 de novembro, do ruído, o Real decreto 1367/2007, do 19 de outubro, polo que se desenvolve a Lei 37/2003, do 17 de novembro, do ruído, no referente á zonificación acústica, obxectivos de calidade e emisións acústicas e o Decreto 106/2015, do 9 de xullo, sobre contaminación acústica de Galicia.

O Plan de acción contra a contaminación acústica da Rede autonómica de estradas de Galicia e as Zonas de servidume acústica dos grandes eixes viarios da Rede autonómica de estradas de Galicia sometéronse ao trámite de información pública, durante un período dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.

De acordo con todo o exposto e tralos certificados, alegacións e informes presentados,

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar o expediente de información pública correspondente ao Plan de acción contra a contaminación acústica da Rede autonómica de estradas de Galicia, de clave GA/19/001.09.5, e ás zonas de servidume acústica dos grandes eixes viarios da Rede autonómica de estradas de Galicia, de clave GA/19/001.09.4.

Segundo. Aprobar definitivamente o Plan de acción contra a contaminación acústica da Rede autonómica de estradas de Galicia, de clave GA/19/001.09.5, coas seguintes modificacións:

1. Inclusión como medida correctora do ruído, na zona de actuación prioritaria AC-211_1_01, do estreitamento de carrís.

2. Substitución, nas zonas de actuación prioritaria AC-552_1_049 e AC-552_1_054, da medida de «tratamento de calma de tráfico (liñas viarias brancas centrais)», pola de «tratamento de calma de tráfico (creación de mediana/liñas viarias brancas centrais, estreitamento de carrís, remodelación de aparcadoiros, vías de servizo, etc.).

3. Inclusión, como outras medidas, nas zonas de actuación prioritaria AC-552_1_049 e AC-552_1_047, o estudar, como alternativa viaria á AC-552 polo norte, entre o seu p.q. 8+080 (glorieta de Sabón) e o seu p.q. 11+080, o itinerario viario formado pola avenida da Deputación, a avenida de Figueroa e un treito de nova execución entre a DP-0514 e o p.q. 11+080 da AC-552.

4. Incorporación das determinacións que, en materia de paisaxe, establece a Resolución da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático pola que se formula o informe ambiental estratéxico do Plan de acción contra a contaminación acústica da Rede autonómica de estradas de Galicia.

Terceiro. Aprobar definitivamente as zonas de servidume acústica dos grandes eixes viarios da Rede autonómica de estradas de Galicia, de clave GA/19/001.09.4, correspondentes ás Unidades de Mapa Estratéxico (UME) que se relacionan a seguir:

Provincia da Coruña

UME

Treito

p.q. inic.

p.q. fin

Lonx. (km)

Concellos

AG-11

Padrón (N-550) - Ribeira (AC-550)

0

40,06

40,06

Padrón, Dodro, Rianxo, Boiro, A Pobra do Caramiñal, Ribeira

AG-55

A Coruña - Enl. Carballo Sur (AC-552)

2,83

35,36

32,53

A Coruña, Arteixo, A Laracha, Carballo

AG-56

A Rocha (SC-20) - Brión (AC-543)

0

12,58

12,58

Santiago de Compostela, Ames, Brión

AG-59

Santiago de Compostela (AP-53) - Enl. CP-8201

0

4,39

4,39

Teo

AG-64

Enl. P.I. Río do Pozo - Enl. Ortigueira (AC-862)

2,69

12,45

9,76

Narón, San Sadurniño

CG-1.5

Brión (AG-56) - Enl. San Paio (AC-543)

12,58

27,15

14,57

Brión, Rois, Lousame, Noia

VG-1.2

Vilar do Colo (Polig. Industrial) - Enl. S. Xoán Piñeiro (AC-122)

0

2,18

2,18

Fene, Mugardos

AC-115

Enl. AP-9 - Xubia (AC-862)

2,38

4,71

2,33

Neda

AC-133

Fene (N-651) - Maniños (Estr. Dip)

0

3,82

3,82

Fene

AC-164

Guísamo (N-VI ) - Ínsua (N-651)

0

7,24

7,24

Bergondo, Paderne

AC-174

Perillo - Oleiros (Deput.)

0,29

4,34

4,05

Oleiros

AC-183

Sada (Ponte río Vao) - Serra (DP-5813)

0,72

1,17

0,45

Sada

AC-211_1

San Pedro de Nós (AC-12) - O Temple (Lím. Concello)

0

0,68

0,68

Cambre, Culleredo

AC-305_1

Enl. Boiro Este (AG-11) - Boiro (desvío Enl. Boiro Norte AG-11)

22,24

23,73

1,49

Boiro

AC-305_2

As Saíñas- Ribeira

38,06

39,71

1,65

Ribeira

AC-418

Carballo (AG-55) - Buño Sur (AC-414)

0

6,95

6,95

Carballo, Malpica de Bergantiños

AC-523

Culleredo (A-6) - O Corgo (AC-400)

0

8,4

8,4

Culleredo, A Laracha

AC-543

Vidán (Rotonda de Brandía) - Bertamiráns (AG-56)

0,5

6,25

5,75

Santiago de Compostela, Ames

AC-544

Bertamiráns norte (AG-56) - Negreira (AC-447)

1,13

8,04

6,91

Ames, Brión, Negreira

AC-550_1

Ribademar (AC-554) - Noia (rúa de Pedro Sartaña)

68,05

72,44

4,39

Outes, Noia

AC-550_2

Taramancos (AC-549) - Porto do Son

76,17

86,98

10,81

Noia, Porto do Son

AC-550_3

Oleiros (AC-302) - Ribeira (AG-11)

103,63

106,57

2,94

Ribeira

AC-551

Saída 7 (AG-55) - Sabón (AC-552)

0

1,26

1,26

Arteixo

AC-552_1

A Coruña (A Grela) - Carballo

0

31

31

A Coruña, Arteixo, A Laracha, Carballo

AC-552_2

Carballo - Coristanco (CP-1912)

31,9

36,51

4,61

Carballo, Coristanco

AC-552_3

Dumbría (AC-199) - Cee (AC-550)

80,67

91,11

10,44

Dumbría, Cee

AC-566

Valdoviño (AC-116) - Inicio travesía Valdoviño

10,72

12,02

1,3

Valdoviño

AC-840

Enl. A-6 - Oza dos Ríos

2,45

8,07

5,62

Oza-Cesuras

AC-841_1

Santiago de Compostela (SC-11) - Cacheiras (CP-8202)

0

4,59

4,59

Santiago de Compostela, Teo

AC-841_2

Pontevea (AG-59) - Lím. Prov.

8,41

11,71

3,3

Teo

AC-861

As Pontes (central térmica Oeste) - As Pontes de García Rodríguez (AC-564)

27,51

29,05

1,54

As Pontes de García Rodríguez

AC-862

Ferrol (Lím. Concello) - Xubia (AC-115)

1,58

7,33

5,75

Ferrol, Narón, Neda

Provincia de Lugo

UME

Treito

p.q. inic.

p.q. fin.

Lonx. (km)

Concellos

LU-021

A Campiña (N-640) - DP-2927

0

1,45

1,45

Lugo

LU-530

Lugo - Enl. A-6

0,85

3,37

2,52

Lugo

LU-539

Viveiro (LU-862) - Viveiro (LU-540)

0

0,99

0,99

Viveiro

LU-662

Monforte de Lemos (LU-546) - Monforte de Lemos (LU-933)

0

1,21

1,21

Monforte de Lemos

LU-664

Monforte de Lemos (LU-546) - Monforte de Lemos (LU-617)

0

1,54

1,54

Monforte de Lemos

LU-862

Cobas (LU-P-6603) - Porto de Celeiro

82,98

86,92

3,94

Viveiro

LU-933

Monforte de Lemos (LU-664) - Monforte de Lemos (rúa do Cardeal Rodrigo)

0

1,04

1,04

Monforte de Lemos

Provincia de Ourense

UME

Treito

p.q. inic.

p.q. fin.

Lonx. (km)

Concellos

AG-53

Enl. AG-54 - Enl. Barbantes (A-52)

78,74

87,24

8,5

Maside, Amoeiro, Punxín, Ourense, Toén

OU-100

Ourense (avda da Zamora) - Estación de San Francisco

0

0,52

0,52

Ourense

OU-525

Noalla (OU-538) - Saída 224 (A-52)

228,95

233,08

4,13

San Cibrao das Viñas, Ourense

OU-536

Ourense - OU-537

1

6,02

5,02

Ourense, O Pereiro de Aguiar

OU-538

Noalla (N-525) - Polígono Industrial de San Cibrao das Viñas

0

1,07

1,07

San Cibrao das Viñas

OU-540

Ourense - Enl. Carrefour

0

1,83

1,83

Ourense, Barbadás

Provincia de Pontevedra

UME

Treito

p.q. inic.

p.q. fin.

Lonx. (km)

Concellos

AG-41

Curro (AP-9) - Sanxenxo (VG-4.1)

0,4

19,18

18,78

Barro, Meis, Ribadumia, Meaño, Sanxenxo

AG-46

Rande (AP-9) - Cangas (VG-4.5)

0

11

11

Moaña

AG-57

Enl. de Nigrán - Enlace 2º cinto Vigo (VG-20)

10,24

22

11,76

Nigrán, Gondomar, Vigo

CG-4.1

Enlace de Cangas (AG-46) - Alto da Portela (PO-551)

11

15

4

Moaña, Cangas

VG-4.1

Sanxenxo (AG-41) - A Lanzada

(PO-308)

19,19

26,03

6,84

Sanxenxo

VG-4.2

Saída 7 (AG-41) - Cambados (PO-300)

0

4,44

4,44

Ribadumia, Cambados

VG-4.3

Cambados (PO-300) - Vilagarcía de Arousa (N-640)

0

8,2

8,2

Cambados, Vilanova de Arousa, Vilagarcía de Arousa

VG-4.4

Lourizán (PO-12) - Enl. PO-313

0

8,96

8,96

Pontevedra, Marín

PO-225

Alba (N-550) - San Caetano (PO-531)

0

1,08

1,08

Pontevedra

PO-300

Pol. Ind. (EP-9501) - Cambados

(VG-4.3)

10,04

11,71

1,67

Cambados

PO-307

Deiro (PO-549) - A Illa de Arousa

(PO-299)

0

4,58

4,58

Vilanova de Arousa, A Illa de Arousa

PO-308

Pontevedra (PO-531) - Sanxenxo

(PO-504)

0

17,35

17,35

Poio, Sanxenxo

PO-316

A Lanzada (PO-550) - O Grove

0

5,87

5,87

Sanxenxo, O Grove

PO-324

Ponte Lagares - PK2,38

0

2,38

2,38

Vigo

PO-325

Vigo - A Ramallosa (PO-552)

0,15

15,79

15,64

Vigo, Nigrán

PO-331

PO-330 - PO-332

12,08

15,73

3,65

Gondomar

PO-340_1

Tui (N-550) - Enl. A-55

0

0,44

0,44

Tui

PO-340_2

Gondomar (PO-331) - A Ramallosa (PO-552)

16,8

21,51

4,71

Gondomar, Nigrán, Baiona

PO-403

A-52 - Ponteareas (N-120)

8,53

11,28

2,75

Ponteareas

PO-504

Sanxenxo (PO-308) - AG-41

0

0,81

0,81

Sanxenxo

PO-510_1

Atios (N-550) - Salceda (PO-411)

0

6,99

6,99

O Porriño, Salceda de Caselas

PO-510_2

Enl. PO-404 - Enl. PO-403

11,57

13,46

1,89

Salvaterra de Miño

PO-511

Sanguiñeda (N-120) - Torneiros

(PO-331)

0

0,52

0,52

Mos, O Porriño

PO-530

Enl. Illa de Arousa (VG-4.3) - Deiro (PO-549)

1,1

2,54

1,44

Vilanova de Arousa

PO-531

Pontevedra - Baión (N-640)

0

18,8

18,8

Pontevedra, Poio, Barro, Meis, Portas, Vilanova de Arousa, Caldas de Reis

PO-542

Marcón (PO-532) - O Pino (N-550)

3,21

6,87

3,66

Pontevedra

PO-548_1

Pontecesures (N-550) - PO-190

0

3,04

3,04

Pontecesures, Valga

PO-548_2

Catoira (Glor.) - Vilagarcía de Arousa (glorieta porto)

7,82

19,11

11,29

Catoira, Vilagarcía de Arousa

PO-549

Vilagarcía (N-640) - Caleiro (PO-302)

0,75

5,25

4,5

Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa

PO-550_1

Cambados (VG-4.3) - Cambados

0

1,21

1,21

Cambados

PO-550_2

Cambados - Vilalonga (PO-504)

1,66

10,97

9,31

Cambados, Ribadumia, Meaño, Sanxenxo

PO-551_1

Ardán (VG-4.4) - Moaña

6,43

24,71

18,28

Marín, Bueu, Cangas, Moaña

PO-551_2

Moaña - Rande (N-554)

26,05

33,62

7,57

Moaña

PO-552_1

Vigo (Av. do Alcalde Portanet) - Baiona (Estrda. Dep.)

0

15,59

15,59

Vigo, Nigrán, Baiona

PO-552_2

A Guarda (PO-355) - A Guarda

(CG-4.2)

46,86

48,45

1,59

A Guarda

PO-552_3

Goián (PO-553) - Forcadela Sur

(PO-195)

57,79

62,09

4,3

Tomiño

PO-552_4

Forcadela Norte (PO-195) - Tui (N-551)

63,84

71,22

7,38

Tomiño, Tui

PO-841

Lím. Prov. - A Estrada

11,72

21,81

10,09

Teo, A Estrada

Cuarto. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 10, 14 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa ou ben recurso potestativo de reposición ante a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2023

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas